Saltar ao contido

Chewbacca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chewbacca é un personaxe ficticio na serie de filmes d'A guerra das galaxias (Star Wars).

O enorme e peludo Wookiee Chewbacca era orixinario do planeta Kashyyyk. Loitou nas Guerras dos clons xunto co mestre Jedi Yoda e nailo dirixente militar Tarfful. Durante esta batalla, moitos Soldados Wookiees morreron.

Anos despois cando Kashyyyk foi escravizado polo Imperio Galáctico, Chewbacca foi rescatado por un novo piloto imperial (Han Solo) devéndolle, deste xeito, a súa vida. Despois de coñecer a Luke Skywalker e maila Princesa Leia Organa, ambos os dous ingresaron na Alianza Rebelde despois dunha curta vida de traficantes. Así a nave de Han Solo, o Falcón Milenario converteuse nunha das naves insignias da Rebelión. Batalla tras batalla contribuíron na caída do Imperio Galáctico a Endor, onde desactivaron o Xerador de Escudo da Segunda Estrela da Morte.


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]