Estrela da Morte
A Estrela da Morte (en inglés, Death Star) é unha estación espacial ficticia dentro do universo de A guerra das galaxias. Ó longo da saga, a Estrela da Morte apareceu en cinco ocasións. Por vez primeira en A guerra das galaxias, onde é destruída; a segunda en O retorno do Jedi (en fase final de construción); a terceira en Star Wars Episode II: Attack of the Clones (nun plano que ten o conde Dooku); a cuarta en Star Wars Episode III: Revenge of the Sith e por último en Rogue One, onde aparece en case toda a película como unha arma capaz de destruír planetas totalmente e onde Jyn Erso, xunto a outros compañeiros, buscan conseguir os planos da Estrela para poder entregarllos á Alianza Rebelde e encontrar unha forma de acabar coa arma máis poderosa do Imperio Galáctico.
Como detalle curioso, a vista dende certos ángulos aseméllase moito a Mimas, un dos satélites de Saturno, e a Iapeto, outro dos seus satélites que ten unha cordilleira ecuatorial semellante ó anel deste artefacto, o que é unicamente unha coincidencia, xa que a primeira película realizouse tres anos antes de que se fotografara Mimas por primeira vez.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mimas & Herschel Crater
- ↑ "Tiny Moon is No Space Station". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estrela da Morte |