Saltar ao contido

Cadea de bloques

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Formación da Cadea de Bloques. A cadea principal (negro) consiste na serie mais longa de bloques, dende o bloque xénese (verde) ata o bloque actual. Os bloques orfos (lila) existen fora da cadea principal.

Unha cadea de bloques trátase dunha base de datos distribuída, formada por unha serie de bloques de datos que se almacenan sucesivamente. É deseñada para impedir que poida ser modificada despois de que un bloque se publique, empregando para iso un selo de tempo confiable e enlazando a un bloque anterior.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O primeiro traballo sobre unha cadea de bloques asegurada criptograficamente foi descrito en 1991 por Stuart Haber e W. Scott Stornetta.[2] No seu documento propuxeron procedementos dixitais para sinatura con marcas temporais de documentos dixitais de calquera tipo, de xeito que a calquera persoa usuaria do sistema lle resulte impracticable a súa modificación.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

  1. O bitcoin e outros termos arredor del. 07/02/2018 Xusto Rodríguez Río Visto 13/07/2018
  2. How to time-stamp a digital document Arquivado 03 de novembro de 2018 en Wayback Machine., artigo de 1991 de Stuart Haber e Scott Stornetta. Consultado o 15/07/2018 (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]