Cadea de bloques
Aparencia
Unha cadea de bloques trátase dunha base de datos distribuída, formada por unha serie de bloques de datos que se almacenan sucesivamente. É deseñada para impedir que poida ser modificada despois de que un bloque se publique, empregando para iso un selo de tempo confiable e enlazando a un bloque anterior.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]O primeiro traballo sobre unha cadea de bloques asegurada criptograficamente foi descrito en 1991 por Stuart Haber e W. Scott Stornetta.[2] No seu documento propuxeron procedementos dixitais para sinatura con marcas temporais de documentos dixitais de calquera tipo, de xeito que a calquera persoa usuaria do sistema lle resulte impracticable a súa modificación.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O bitcoin e outros termos arredor del. 07/02/2018 Xusto Rodríguez Río Visto 13/07/2018
- ↑ How to time-stamp a digital document Arquivado 03 de novembro de 2018 en Wayback Machine., artigo de 1991 de Stuart Haber e Scott Stornetta. Consultado o 15/07/2018 (en inglés).