Saltar ao contido

Conflito mapuche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wenufoye, a bandeira dos mapuche en Chile.

O conflito mapuche é un enfrontamento entre as comunidades indíxenas mapuches, que habitan na rexión histórica da Araucania, e os estados de Chile e a Arxentina.[1][2] A miúdo, refírese como un conflito entre as comunidades mapuches e o goberno ou o estado chileno. As grandes empresas forestais e os seus contratistas, a policía chilena e algúns propietarios non indíxenas enfrontáronse ás comunidades mapuche locais no contexto do conflito.

Os activistas mapuches demandan maior autonomía,[3] o recoñecemento dos seus dereitos e a devolución das súas terras históricas. A Coordinadora Arauco-Malleco (CAM) apoia a liberación nacional do pobo mapuche de Chile.[4] O conflito mapuche intensificouse despois da transición chilena á democracia da década de 1990, con activistas mapuches que buscan rectificar a perda de territorio ancestral durante a guerra de Arauco. Os mapuches carecen dunha organización central e os individuos e comunidades desenvolven a súa loita de forma independente e por diferentes medios.

O conflito recibiu a atención internacional de organizacións de dereitos humanos como Amnistía Internacional, que criticaron o trato do goberno chileno aos mapuches.[5] O uso do goberno chileno da "Lei antiterrorista" no conflito é un punto central da polémica ao redor do conflito.[6][7] En 2013, as Nacións Unidas condenaron o uso da Lei Antiterrorista contra os activistas mapuches.[8]

  1. cordobes.com, ed. (11 de novembro de 2007). "La cuestión mapuche - Nota periodística sobre la "ocupación-recuperación" de tierras en Argentina". Archived from the original on 11 de outubro de 2007. Consultado o 8 de novembro de 2021. 
  2. Lorena Parra e Sebastián Vergara. Universidade de Talca, ed. "Historia y conflicto mapuche" (PDF). Consultado o 8 de novembro de 2021. 
  3. «Conflicto mapuche y propuestas de autonomía mapuche», por Javier Lavanchy
  4. "Lista de Mapuche Muertos post Dictadura en Relación al Llamado "Conflicto" Mapuche". 
  5. "Chile: Authorities must stop criminalizing Indigenous Mapuche people under the Anti-Terrorism Law". www.amnesty.org (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  6. "A Repressive Status Quo". NACLA (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  7. "OHCHR | UN experts urge Chile not to use anti-terrorism law against Mapuche indigenous peoples". www.ohchr.org. Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  8. "Chile must stop using anti-terrorism law against Mapuche indigenous group – UN expert". UN News (en inglés). 31 de xullo de 2013. Consultado o 5 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]