Punto (diacrítico)
. · |
---|
Punto |
Diacríticos do alfabeto latino |
acentos |
Signos ortográficos empregados como diacríticos |
apóstrofo ( ’ ) |
Diacríticos de alfabetos non latinos |
Diacríticos do alfabeto árabe |
Ȧ | ȧ |
Ḃ | ḃ |
Ċ | ċ |
Ḋ | ḋ |
Ė | ė |
Ḟ | ḟ |
Ġ | ġ |
Ḣ | ḣ |
İ | ı |
Ṁ | ṁ |
Ṅ | ṅ |
Ȯ | ȯ |
Ṗ | ṗ |
Ṙ | ṙ |
Ṡ | ṡ |
Ṫ | ṫ |
Ẇ | ẇ |
Ẋ | ẋ |
Ẏ | ẏ |
Ż | ż |
O punto é un diacrítico que pode ser combinado con algunhas letras do alfabeto latino.
Historia
[editar | editar a fonte]Na antigüidade o alfabeto latino escribíase sen signos diacríticos, pois o i tampouco levaba punto, nin en maiúscula nin en minúscula. Cando se comezou utilizar o j tamén se fixo sen punto.
No século XII comezan a aparecer letras i cun acento agudo para evitar a confusión co u. Así, a palabra prıuılegıı escribiríase prıuılegíí. Co tempo este uso estendeuse a todos os i, converténdose o acento nun punto para facelo máis lexible.
Punto superior
[editar | editar a fonte]O punto superior é usado en:
- Romanización do árabe: o ġ representa a letra ghayin.
- Na tipografía tradicional irlandesa, onde o punto representa lenición e é chamado ponc séimhithe ("punto de lenición"): 'ḃ ċ ḋ ḟ ġ ṁ ṗ ṡ ṫ'. A lenición tamén pode ser representada por un h que siga á letra, por exemplo: bh ch dh fh gh mh ph st th. Na ortografía do irlandés antigo, o punto só foi usado para f. s., mentres que o h seguindo á letra foi usado para ch ph th; a lenición doutras letras non estaba indicada. A práctica estándar foi usa-lo punto superior para a escritura gaélica e o h seguindo á letra para escribir en Antiqua. Por exemplo, ċ e ch representan o mesmo elemento fonético en irlandés moderno.
- Lituano: ė
- Maltés: ċ ġ ż
- Polaco: ż
- En lakota e dakota indica unha pausa explosiva.
- En turco o punto superior do i (en maiúscula, İ) é unha parte da letra, non un diacrítico.
- Na escritura devanagari o punto superior chámase anusvara.
- No checheno emprégase sobre c, ç, g, x, q.[1]
Usos non lingüísticos
[editar | editar a fonte]- En Matemáticas e Física utilizouse un punto superior para representar a derivada respecto ao tempo: . Porén, esta notación, chamada notación de Newton non se considera estándar.
Punto inferior
[editar | editar a fonte]- Na transliteración do sánscrito e doutras linguas indo-arias indica unha consoante retroflexa.
- Na Romanización de linguas semíticas, representa énfase.
- En linguas afroasiáticas: Ṛ
- No asturiano empréganse ḷḷ e ḥ para representar as variantes dialectais occidentais (ḷḷ ← ll) e orientais (ḥ ← f).
- En lingua o'odham: Ḍ
- En vietnamita indica o ton.
- En yoruba, emprégase baixo as letras o, e e s.
- En nez perce emprégase baixo o x.[2]
- En ibo indica a redución da abertura da vogal.