Bolero
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O bolero é un ritmo que mestura as raíces españolas coas influencias locais de varios países hispanoamericanos. Xurdiu no Caribe, mais sufriu modificacións, especialmente desenvolvendo temas máis románticos e un ritmo mais devagar. Ten tradición en Cuba, Porto Rico, a República Dominicana, Colombia, Ecuador, México, o Perú, Venezuela, o Uruguai, a Arxentina e o Brasil.
Subxéneros
[editar | editar a fonte]A pegada musical de Cuba fíxose sentir non só co bolero senón co son, o danzón, a guaracha, o mambo ou o chachachá, entre outros. Os países da conca do gran Caribe hispano asumiron pronto como propio o produto que Cuba lles daba entre a década de 1920 e 1930. Iso permitiu a fusión e o engrandecemento do bolero con outros xéneros musicais, dándose como resultados os subxéneros: bolero rítmico, bolero cha-cha-chá, bolero mambo, o bolero rancheiro (mestura de bolero e mariachi mexicano), o bolero son (creación de Miguel Matamoros), o bolero moruno (bolero con mesturas xitanas e hispánicas) e mesmo a bachata, unha especie de bolero orixinado nos arrabaldes marxinados de República Dominicana.