Saltar ao contido

Piper Pimienta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPiper Pimienta
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1939 Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1998 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Actividade
Ocupacióncantante, compositor Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPipe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Spotify: 35HTycyWifnoCzK2EQ3KUX Musicbrainz: 797ddd55-c056-4e86-baac-ef77b681c321 Discogs: 441769 Editar o valor en Wikidata

Edulfamid Molina Díaz, chamado Piper Pimienta, nado en Cauca o 4 de agosto de 1939 e finado en Cali o 4 de xuño de 1998, foi un cantautor colombiano de música tropical e salsa. Ademais de vocalista, tamén acadou certa sona grazas á súa habilidade para o baile.

Nome artístico

[editar | editar a fonte]

Por mor da súa constitución física: alto, magro e esmirrado, un familiar, referíndose ao froito da pementa, deu en chamalo Piper. Foi no ano 1975, durante unha función na que compartiu escenario co peruano Memo Donix, cando foi introducido ao público como "El Gran Piper Pimienta", algo que Edulfamid negaba, dicindo que o seu nome artístico proviña do seu xeito para o baile.[1][2]

Piper Pimienta naceu en Colombia, no municipio de Puerto Tejada, departamento do Cauca. A súa nenez transcorreu, non obstante, na cidade de Cali, até onde se trasladara de pícaro xunto co resto da familia. Xa de mozo, realizou diversos oficios non relacionados directamente coa música, mais as súas dotes para o baile e mais a súa voz axiña motivaron que participase en diferentes concursos de afeccionados, o que propiciou que ao cabo puidese vivir da música.

Piper Pimienta viviu os derradeiros anos presa de fortes quebrantamentos de saúde. Unha trombose paralizoulle boa parte do corpo. O 4 de xuño de 1998 foi asasinado en Cali na entrada da súa vivenda a mans de pistoleiros descoñecidos.

Éxitos musicais

[editar | editar a fonte]

Piper Pimienta interpretou gran cantidade de éxitos musicaiss ao longo da súa traxectoria. Velaquí algúns deles:

  • Las Caleñas Son Como las Flores
  • Buscándote
  • A la Memoria del Muerto
  • Valluna
  • Cañaveral
  • Duelo de Picoteros
  • A la Loma de la Cruz
  • La Fruta Bomba
  • Que No Muera la Rumba
  • La Guagua
  • Oriza
  • El Látigo
  • Nunca Fui Tan Feliz
  • Las Flores
  • Sucesos
  • Bomba en Navidad
  • Sombra de un Pasado
  1. "Biografía de Piper Pimienta en salsaencali.com". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2009. Consultado o 08 de marzo de 2009. 
  2. "Biografía de Piper Pimienta Diaz por Sergio Santana". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2008. Consultado o 08 de marzo de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]