vestiario
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de vestido.
- Pronuncia: /bestiˈaɾjo̝/ (AFI)
vestiario (sg: vestiario; pl: vestiarios)
- (Colectivo) Conxunto de vestidos ou roupa dunha persoa.
- Sinónimos: vestimenta, indumentaria, indumento.
- Especialmente, roupa dos actores.
- Espazo para gardar roupa nun sitio público. Gardarroupa.
- Espazo para cambiarse de roupa, especialmente deportistas e certos profesionais para a realización da súa actividade en determinados recintos.