Saltar ao contido

Xulio Sigüenza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXulio Sigüenza

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1898 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1965 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, xornalista, ensaísta Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata

BUSC: siguenza-julio-1900-1965


Xulio Sigüenza Reimúndez, nado na Coruña o 7 de xaneiro de 1898 e finado en Vigo o 15 de abril de 1965, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou mozo primeiro a Cuba e despois á Arxentina e o Uruguai. Chegou á Habana en 1912, onde viviu trece anos. Alí comezou a escribir poesía e artigos xornalísticos relacionados con Galicia. En 1923 publicou o seu primeiro libro De los agros Celtas, prologado por Jacinto Benavente. Relacionouse con artistas e escritores galegos no café La Puerta del Sol, nun faladoiro coñecido como a Cova Céltiga; alí naceron as revistas Galicia, Labor Gallega e El Eco de Galicia. Ao mesmo tempo traballou como xornalista no Diario de la Marina, Diario Español e El Crisol. De Cuba viaxou a Estados Unidos de América en varias ocasións e dende alí enviou en 1921 á revista Galicia o artigo "Os mandamentos do bo galego", reflexo do seu pensamento nacionalista.

Volveu á Coruña e despois dun ano marchou a Arxentina, onde traballou en diferentes diarios como La Razón, Almanaque Gallego, El Despertar Gallego, El Heraldo Gallego e foi director da revista Céltiga. Permaneceu en Buenos Aires uns dez meses e ao non estar de acordo co ambiente literario bonaerense, marchou a Montevideo. No Uruguai viviu sete anos e dirixiu a revista Galicia, órgano de prensa do Centro Gallego de Montevideo do que foi secretario, e a revista Cartel xunto a Alfredo Mario Ferreiro. Foi fundador e primeiro secretario da Asociación Protectora de la Cultura Gallega e publicou libros de poesía en castelán. Nos anos americanos, o seu labor na defensa da cultura galega foi intenso, desde publicacións, centros culturais o como conferenciante nas universidades de La Plata e Montevideo.

En 1928 presentou o seu primeiro libro en galego, Cantigas e verbas ao ar, na liña da poesía imaxinista de Luís Amado Carballo,[1] escrito en Montevideo e publicado na Coruña (fixo unha segunda edición, titulada Verbas ao ar con algunhas modificacións e engadidos, editada en Vigo en 1957). Casou en 1933 con María Angelina Fontela e fixou a súa residencia en Vigo, onde naceron os seus dous fillos, Xulio e María Isabel. Continuou a súa tarefa de conferenciante e xornalista, dirixindo diarios como La Tarde de Vigo e traballando como xefe de redacción de El Pueblo Gallego.

Durante a guerra civil foi detido polas súas ideas republicanas e, para poder escapar á máis que segura represión escribiu Poemas del imperio, un libro de adulación ao xeneral Franco. Colaborou nas revistas Cristal (Pontevedra) e Alba (Vigo) e no Faro de Vigo. Foi director e fundador das revistas Numen de estudos poéticos e Cartel de arte e actualidades. Ingresou como membro de número na Real Academia Galega o 28 de xaneiro de 1956 coa lectura do discurso Un gallego universal: José Alonso y Trelle (El viejo Pancho), contestado por Ángel del Castillo López.[2] Morreu en Vigo en abril de 1965, despois dunha curta enfermidade.

Caricatura de Julio Singüenza por Melchor Méndez Magariños no libro de poemas "Cuaderno del ojo sin sueño" de Singüenza, circa 1930.
  • De los agros celtas, 1923.
  • Del amor y de la muerte, 1924.
  • La ruta aventurera, 1927.
  • Cantigas e verbas ao ar, 1928, A Coruña.
  • Cuaderno del ojo sin sueño, 1930.
  • Las canciones extraviadas, 1937.
  • Poemas del imperio, 1939.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • El lobo, 1924.
  • Galicia cara y cruz, 1930.

En 2000 o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades publicou Obra Galega en edición de Josefa Beloso Gómez.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "Xulio Sigüenza, nacionalista e poeta en Cuba: Trece poemas galegos" de Xosé María Dobarro en Cinguidos por unha arela común.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]