Saltar ao contido

Paulo IV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaulo IV, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Paulus PP. IV Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Gian Pietro Carafa Editar o valor en Wikidata
28 de xuño de 1476 Editar o valor en Wikidata
Capriglia Irpina (Reino de Nápoles) Editar o valor en Wikidata
Morte18 de agosto de 1559 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedisentería Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSanta Maria sopra Minerva (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
223º Papa
23 de maio de 1555 (Gregoriano) – 18 de agosto de 1559 (Gregoriano)
← Marcelo IIPío IV →
Decano do Colexio dos Cardeais
1553 (Gregoriano) – 1555 (Gregoriano)
← Giovanni Domenico de Cupis (pt) TraducirJean du Bellay →
Governador perpétuo da cidade de Velletri (pt) Traducir
1553 – 23 de maio de 1555
Cardinal-Bishop of Frascati (en) Traducir
28 de febreiro de 1550 – 29 de novembro de 1551
← Philippe de La Chambre (pt) TraducirJean du Bellay →
Diocese: Diocese de Frascati (pt) Traducir
Roman Catholic Archbishop of Naples (en) Traducir
22 de febreiro de 1549 –
← Ranuccio Farnese (pt) TraducirAlfonso Carafa (pt) Traducir →
Cardinal-Bishop of Albano (en) Traducir diocese de Albano
1544 (Gregoriano) – 1546 (Gregoriano)
← Giovanni Salviati (pt) TraducirEnnio Filonardi (pt) Traducir →
Camarlengo do Colexio Cardenalicio
1541 (Gregoriano) – 1542 (Gregoriano)
← Gasparo Contarini (pt) TraducirRodolfo Pio (pt) Traducir →
Arcebispo católico
20 de xuño de 1537 –
← Bernardino Carafa (en) TraducirBernardino Maffei (pt) Traducir →
Arcebispo católico
20 de decembro de 1518 – 8 de agosto de 1524
← Domingo Idiocáiz (en) TraducirGirolamo Aleandro (pt) Traducir →
Bispo diocesano
30 de xullo de 1505 –
← Bernardino Carafa (en) TraducirFelice Trofino (en) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Nápoles Frederico II Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1506 (Gregoriano)–), diplomático, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaTeatinos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónOliviero Carafa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
15 de maio de 1555Conclave de maio de 1555 (pt) Traducir
5 de abril de 1555Conclave de abril de 1555 (pt) Traducir
29 de novembro de 1549Conclave de 1549–1550 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Carafa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisGiovanni Antonio Carafa, Conte di Montorio Editar o valor en Wikidata  e Vittoria Camponeschi Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX876591 WikiTree: Carafa-2 Find a Grave: 8941564 Editar o valor en Wikidata
Escudo de Paulo IV

Gian Pietro Carafa, nado en Carpiglia Irpina o 28 de xuño de 1476 e finado en Roma o 18 de agosto de 1559, foi Papa da Igrexa católica entre 1555 e 1559 co nome de Paulo IV.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era membro dunha ilustre e influente familia napolitana, o que lle permitiu iniciar desde moi novo a súa carreira eclesiástica, na que sucedeu ó seu tío Oliverio Carafa como bispo de Chieti en 1504, para posteriormente ser designado arcebispo de Brindisi en 1518, destacando nestes cargos a súa actuación como embaixador do papa León X ante as cortes de España e Inglaterra.

En 1524, o entón papa Clemente VII autorizouno a renunciar ós seus privilexios e beneficios eclesiásticos para ingresar no "Oratorio do Amor Divino" de Roma, onde coñeceu a Gaetano de Thiene (San Caetano), co que fundou a orde de Clérigos Regulares, popularmente coñecida polos Teatinos.

En 1527, tralo Saqueo de Roma, a orde dos Teatinos foi trasladada a Venecia, pero Caraffa foi retido en Roma por Clemente VII, que lle encomendou a tarefa de participar nunha comisión de nove membros creada para a reforma da corte papal e que publicou o Consilium de emendanda Ecclesia (Ditame sobre a reforma da Igrexa).

En 1536 foi nomeado cardeal de título de San Pancracio polo papa Paulo III. Tamén foi nomeado arcebispo de Nápoles, e se lle encomendou a reorganización da Inquisición italiana, para o que creou a Congregación do Santo Oficio. En 1542 foi nomeado Inquisidor xeral, cargo que ocupou ata a súa elección como papa.

Á morte de Marcelo II foi elixido para sucedelo, contra todo prognóstico, o xa octoxenario Gian Pietro Caraffa, que debido á súa idade estaba disposto a renunciar á tiara papal. Porén, a oposición á súa elección manifestada polo emperador e rei de España Carlos I fixo que, cedendo ó odio exacerbado que sentía cara España, que daquela gobernaba o Reino de Nápoles onde nacera, aceptou a elección.

Ó acceder ó solio pontificio, o xa dilatado concilio de Trento se encontraba paralizado, pero o recentemente elixido papa non fixo nada por reactivalo. No seu caso non por falta de tempo, como lle ocorrera ó seu antecesor Marcelo II que só gobernou a igrexa durante 22 días, senón porque o seu talante teocrático lle facía considerarse por riba dos emperadores, reis, prelados e demais dignidades deste mundo. El era o papa e ninguén ou nada estaba sobre el, e como tal se bastaba e sobraba para regulamentar a función da igrexa e a vida dos crentes. Non necesitaba Concilio algún, senón que el mesmo ditaba a verdade e o dogma, axudándose do Santo Oficio para evitar calquera tentación desviacionista.

A Inquisición

[editar | editar a fonte]

Paulo IV utilizou eficazmente esta institución para reprimir as infiltracións de luteranos e reformistas nos reinos de Italia.

No seu celo, chegou a investigar incluso a membros sinalados do Colexio Cardinalicio, como ó cardeal Giovanni Morone, que oficiou durante o pontificado seguinte (Pío IV) a clausura do Concilio de Trento. Outro ilustre purpurado, o cardeal inglés Reginald Pole, tamén foi branco do terrible dardo pontificio: firme candidato xunto co propio Caraffa ó solio papal que agora ocupaba este, interviñera eficazmente no retorno de Inglaterra á comuñón católica-romana baixo o reinado de María Tudor, pero non secundaba as inflexibles demandas do papa de restitución dos bens da igrexa anteriormente confiscados; foi chamado a Roma para comparecer ante a Inquisición, o que non consentiu a raíña María Tudor, que interceptou o requirimento e impediu que Pole se presentase perante o tribunal relixioso.

Os xudeus sufriron tamén o severísimo talente de goberno de Paulo IV, que os fixo obxecto da súa bula Cum nimis absurdum publicada o 18 de xullo de 1555, e que supuxo a creación do gueto en Roma, o despoxo das súas propiedades e a súa redución á condición de escravos, obrigándoos a levar un sinal distintivo, sombreiros amarelos para os homes e velos ou mantóns para as mulleres, trato que, segundo el, merecían pola súa intervención na morte de Xesucristo.

Ademais foi o promotor da publicación, en 1559, do primeiro Index Librorum Prohibitorum (Índice de Libros Prohibidos).

Relación con España

[editar | editar a fonte]

A acerba antipatía de Gian Pietro Caraffa contra España explícase pola oposición connatural á presenza dos españois no seu Nápoles natal, sentimentos que se reafirmaron durante a súa estancia na corte española como nuncio do papa León X.

A súa animadversión cara todo o español, representado polo seu rei Carlos I, e despois por Filipe II, levouno a oporse tenazmente á política exterior de ámbolos dous monarcas, nun intento apaixonado de expulsar ós españois de Italia e acabar coa hexemonía europea da Casa de Habsburgo.

Emulando a Xulio II no seu grito de «fóra os bárbaros», e utilizando os seus mesmos procedementos, Paulo IV, que non contaba con capacidade bélica para enfrontar ós exércitos españois, instou a Francia, coa que España acababa de firmar o tratado de paz de Vaucelles (1556), para que atacase as posesións españolas en Italia, aproveitando que Carlos I abdicara no seu fillo.

Así pois, roto o tratado por instigación papal, Henrique II dirixiu contra as posesións hispanas no sur de Italia un exército ó que se sumaron tropas pontificias ó mando do duque de Guisa. Pero alí lles esperaba prevido o vicerrei de Nápoles, Fernando Álvarez de Toledo, duque de Alba, que á fronte dun nutrido e ben adestrado exército español non esperou a que o inimigo chegase, senón que tomou a iniciativa e marchou cara Roma. Bateu ós franceses en tódolos seus encontros ocupando diversas prazas pertencentes ós Estados pontificios, entra elas a mesma Anagni, deixando constancia de que a captura era circunstancial e que as retería só ata que o Papa Caraffa fose deposto e substituído.

En abril de 1557 obtivo un resoado triunfo en Civitella del Tronto, onde o exército franco-papal quedou seriamente desgastado. A súa minguada forza esborrallouse finalmente cando o 10 de agosto dese ano as tropas de Filipe II infrinxiron ás francesas a rotunda desfeita de San Quintín e o duque de Guisa foi chamado precipitadamente á defensa do seu propio país.

O duque de Alba entrou en Roma sen oposición; alí encontrou ó Papa esnaquizado e rendido que suplicaba a paz. Concedéuselle. Paulo IV comprometeuse a non fomentar nin facer a guerra ó monarca español e a non realizar novas fortificacións nas prazas de soberanía eclesiástica.

Asimilada a dura lección, Paulo IV apartouse dos asuntos políticos e desistiu de continuar anteriores accións bélicas, movido ademais polo feito de que, o 3 de abril de 1559, se firmaba a paz de Cateau-Cambrésis entre Filipe II e Henrique II, co que se daban por concluídas as guerras italianas entre os respectivos países. Con todo, tanto o retirado emperador Carlos, como o seu fillo Filipe, foron obxecto de senllos anatemas papais ó seren excomungados por Paulo IV.

Uns meses despois, o 18 de agosto, morreu o papa. Os propios cidadáns de Roma que celebraran o seu nomeamento erixindo na súa honra unha estatua nun lugar descolado da cidade, tralo seu borrascoso mandato a derribaron e mutilaron, e, non conformes con este acto de simbólico repudio, incendiaron o pazo da Inquisición, saquearon o convento dos dominicos e puxeron en liberdade ós reos inquisitoriais. O papa Caraffa non foi unha figura popular.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De fide Petri (Da fe de Pedro), cita que fai referencia ó seu nome e ó seu apelido, Carafa, que significa fe.

Foi tío da nai do compositor Carlo Gesualdo.