Saltar ao contido

Urbano V, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Urbano V»)
Modelo:BiografíaUrbano V, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Urbanus PP. V Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Guillaume Grimoard Editar o valor en Wikidata
1310 Editar o valor en Wikidata
Castelo de Grizac, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de decembro de 1370 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Aviñón, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbbey of St. Victor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Abade de Montecassino
1366 – 1369
200º Papa
6 de outubro de 1362 – 19 de decembro de 1370 (Gregoriano)
← Inocencio VIGregorio XI →
Abade Abbey of St. Victor (en) Traducir
2 de febreiro de 1361 – 1364 – Étienne Aubert le Jeune (pt) Traducir →
Abade Abbey of Saint-Germain d'Auxerre (en) Traducir
13 de febreiro de 1352 – 1362 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Montpellier Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAndouin Aubert (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa19 de decembro Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAngelic de Grimoard Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1665117 WikiTree: Grimoard-1 Find a Grave: 244740786 Editar o valor en Wikidata

Urbano V, nado co nome de Guillaume de Grimoard[1] en Grisac en 1310 e finado en Aviñón o 19 de decembro de 1370, foi un relixioso francés, Papa n.º 200 da Igrexa católica de 1362 a 1370, e sexto papa do pontificado de Aviñón, e o único papa de Aviñón en ser beatificado.

Orixes e formación

[editar | editar a fonte]

Era o fillo máis vello de Guillaume II de Grimoard, señor de Grizac, e Amphélise de Sabran, señora de Montferrand.[2] En 1322 trasladouse a Montpellier para realizar estudos de Dereito canónico, que continuou en Tolosa.[3]

Carreira eclesiástica

[editar | editar a fonte]

En 1335, ao rematar os estudos, ingresou na orde de San Bieito, realizando o noviciado no mosteiro de Chirac, onde tras unha estancia en Marsella, foi ordenado sacerdote. A continuación pasou á Universidade de Montpellier, onde como profesor se converteu nun recoñecido especialista en Dereito, recibindo o doutoramento en 1342.[3]

En 1349 foi nomeado vigairo xeral polo bispo de Clermont. En 1352, o papa Clemente VI púxoo á fronte da Abadía de San German de Auxerre, onde permaneceu até 1361, cando Inocencio VI o nomeou abade de San Víctor.[3]

Diplomático

[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira diplomática en 1352, cando o papa Clemente VI lle encargou solucionar o conflito aberto con Giovanni Visconti, quen, como arcebispo de Milán quixo pór a cidade de Boloña baixo poder da súa familia, e que supuxo unha derrota dos exércitos pontificios. A actuación de Guillaume de Grimoard permitiu que a poderosa familia recoñecese os dereitos da Igrexa sobre Bologna a cambio de que o papa cedese dita cidade a cambio dun tributo anual. Posteriormente, xa baixo papado de Inocencio VI, volveu intervir nunha misión análoga, cando o neto de Giovanni, Bernabé Visconti, iniciou a súa política expansionista.

Elección

[editar | editar a fonte]

Trala morte de Inocencio VI, o 22 de setembro de 1362 iniciouse en Aviñón o conclave para elixir o seu sucesor. Nunha primeira votación saíu elixido o cardeal Hugues Roger, irmán de Clemente VI, que rexeitou o nomeamento.[4]

Tras unha segunda rolda de votacións que non logrou acadar a maioría de votos necesaria, o 28 de setembro saíu elixido, na terceira votación, Guillaume de Grimoard, que non participaba no conclave ao non ser cardeal.

Foi inmediatamente reclamado para que abandonase Nápoles, onde se atopaba en misión diplomática. Tras unha travesía por mar até Marsella, chegou a Aviñón, onde tras ser ordenado bispo foi coroado papa o 6 de novembro.

Retorno a Roma

[editar | editar a fonte]

O obxectivo principal do seu pontificado foi fixar de novo a sé pontificia en Roma, condición que a Cidade Eterna perdera desde que, en 1309, Clemente V a fixara en Aviñón.[5]

Se a Santa Sé quería salvar a unidade da Igrexa contra as nacentes herexías, e fronte ao puxante nacionalismo dos Estados europeos que estaban a xurdir, debía retornar ao seu centro natural e histórico: Roma. A empresa, en verdade, non era en maneira algunha fácil. Na Cidade Eterna uns partidarios políticos suplantaban aos seus rivais, sen outras miras que as de saciar o seu odio irreconciliable e os seus egoísmos familiares. As cidades dos Estados pontificios combatíanse sen descanso por idénticos ou parecidos motivos.

A situación de caos e desorde que provocara o abandono de Roma como sé papal comezara a cambiar co establecemento, en 1360, dunha nova constitución apoiada pola nobreza romana e por unha recentemente creada milicia popular, a Societas Balestriorum Félix y Pavesotarum.

Todas as nacións cristiás, menos Francia, querían que o papa regresase á súa sede na cidade eterna, entre eles atópanse o emperador Carlos IV, quen viaxou en persoa a Aviñón en 1365 para pedirlle ao papa o seu regreso a Roma; Petrarca que en 1366 enviara unha carta de petición co nome da viúva Roma en sinal de que o seu esposo, o papa, marchou e deixábaa soa; e santa Bríxida de Suecia quen continuamente se lamentaba da situación inaceptable na que se atopaba a curia romana.[6]

A pesar da negativa do rei de Francia e dos cardeais franceses, o 16 de outubro de 1367 Urbano V entrou en Roma acompañado polo cardeal Gil Álvarez de Albornoz, quen desde 1353, actuando como legado papal en Italia, conseguira restablecer a soberanía papal sobre os Estados Pontificios. O papa foi recibido solemnemente polos dous emperadores Carlos IV de occidente e Xoán V Paleólogo de oriente.[6]

Política exterior

[editar | editar a fonte]

Urbano estableceuse no Vaticano, pobremente arrombado, que será en diante a residencia habitual dos papas; e deseguido comezou a despregar a súa actividade de reformador e reconstructor da cidade. Paulatinamente as cousas ían tomando novo aspecto. Roma volvía de novo a ser, en realidade, o centro do mundo, e de todas partes confluían a ela hóspedes ilustres.

En 1368 reconciliou a Santa Sé co Sacro Imperio Romano Xermánico. O emperador Carlos IV foi coroado en Roma; e en 1369 logrou tamén un achegamento do emperador bizantino Xoán V Paleólogo quen, buscando apoio contra os turcos que ameazaban Constantinopla, converteuse ao catolicismo o 18 de ouctubro nunha cerimonia de abxuración. Polo menos por un curto período de tempo a Igrexa mostrábase unida.[7]

Expansión misioneira

[editar | editar a fonte]

As ordes mendicantes prestaron a Urbano unha axuda eficaz. Despois de establecer a xerarquía católica en Bulgaria, en Bosnia e Moldavia, o Papa enviou a Albania catro bispos franciscanos coa misión de percorrer o pequeno Estado e de aumentar o número de católicos. Durante seu mandato, vinte e cinco frades menores percorreron Valdaquia e Lituania; vinte e catro relixiosos da mesma Orde foron a Xeorxia. Pero a misión máis famosa de todas as do pontificado de Urbano V foi a enviada aos mongois, integrada así mesmo por relixiosos franciscanos. Urbano V pode ser considerado, pola labor misional promovida, como o mellor precursor da moderna época misional da Igrexa.

Regreso a Aviñón

[editar | editar a fonte]

Unha sublevación popular en Viterbo producira no papa Urbano unha profunda impresión; á parte disto, nunca gozara de seguridade entre a movediza xente italiana; a nostalxia do seu país nativo foi apoderándose aos poucos do seu ánimo. En maio de 1370 fixo pública en Montefiascone a súa resolución de regresar a Aviñón.

En 1367 morreu Albornoz, o que supuxo o reinicio das sublevacións que o cardeal, durante o seu mandato como legado, suprimira. A perda do seu colaborador, unida á reanudación das hostilidades entre Francia e Inglaterra, inmersas na Guerra dos Cen Anos, tras un período de paz conseguido en 1360 co tratado de Bretigny, determinaron a Urbano V a retornar a Aviñón.[8]

O 5 de setembro de 1370 Urbano abandonaba Roma tras unha estancia de case tres anos, e volvía fixar a sede pontificia en Aviñón. Morrería alí aos dous meses da súa chegada, o 19 de decembro de 1370, como llo prognosticou a monxa sueca Santa Bríxida.[7] Primeiro foi enterrado na catedral de Aviñón e logo os seus restos foron trasladados á abadía de San Víctor segundo o seu desexo.

Outras obras

[editar | editar a fonte]
Antiga tumba de Urbano V

Urbano V é considerado polos contemporáneos como home de gran piedade, fervente reformador e que tiña gran aprecio polo estudo, de feito, é considerado como o primeiro Papa humanista da historia da Igrexa. Durante o seu pontificado fundáronse as universidades de Cracovia, Orange e Viena ás que non dubidou en acoller baixo a súa protección; fortificouse e embeleceu a cidade de Aviñón e durante a súa estancia en Roma, deu outra cara á cidade, restaurando todas as basílicas e algunhas edificacións importantes nela.[7]

Beatificación

[editar | editar a fonte]

Gregorio XI aproveitou a súa estancia na abadía de San Víctor para ordenar unha investigación sobre a "fama de santidade" do seu predecesor. Durante meses, os notarios papais redactaron miles de certificados que recollen as milagres atribuídas a Urbano V, traballo que se interrompe en 1379. Curiosamente o proceso ábrese novamente en 1390 polo antipapa de Aviñón, Clemente VII durante o tempo do gran cisma.[9]

Logo da reunificación da Igrexa, o proceso de Urbano V, tivo que esperar case catro séculos para ser beatificado. Foi o papa Pío IX quen recoñeceu o seu culto o 10 de marzo de 1870.

A tumba de Urbano V foi destruída na época da revolución, non se sabe se os seus restos foron esparexidos ou escondidos, hoxe só pódense apreciar na parede do coro os restos das columnas e un pináculo roto, cunha serie de arcos en pedra.[10]

As profecías de San Malaquías refírense a el coma Gallus vicecomes (Vizconde galo), facendo referencia ao título nobiliario, vizconde, e á súa orixe francesa.

  1. Richard P. McBrien, Lives of the Popes, (HarperCollins, 2000), 243.
  2. "Xenealoxía da familia Grimoard" (en francés). Consultado o 25 de novembro do 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Chiron, Yves (2010). Urbain V, le bienheureux (en francés) (Via Romana ed.). pp. 35–38. ISBN 978-2-916727-65-3. 
  4. Buffière, Félix (1985). Ce tant rude Gévaudan (en francés). Société des lettres sciences et arts de la Lozère. pp. 771–773. 
  5. Samson, Maximilien; Schoell, Frédéric; Zach, Franz Xaver (1830). Cours d'histoire des états européens (en francés). Tome septiéme. París: A Pihan delaForest. p. 120. Consultado o 25 de novembro do 2019. 
  6. 6,0 6,1 Erba, Andrea Maria; Guiducci, Pier Luigi. La Chiesa nella storia. Duemila anni di Cristianesimo (en italiano). Roma: Ellidice. p. 303. ISBN 978-88-01-03810-1. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Llorca, Bernardino; García Villoslada, Ricardo (1967). "Regreso de los papas a la ciudad eterna". Historia de la Iglesia Católica. vol. III Edad Nueva (2ª ed.). Madrid: BAC. pp. 160–181. 
  8. Hebert, Michel (1979). Tarascon au xive siècle, histoire d'une communauté urbaine provençale (en francés). Aix en Provence: Édisud. p. 291. ISBN 2-85744-033-2. 
  9. Diocèse d’Avignon, ed. (16 de xaneiro de 2008). "Bienheureux Urbain V" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 26 de novembro do 2019. 
  10. Bérenger, Joseph (1927). Saint-Victor, secunda Roma. imprimerie marseillaise. 

Sucesión

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Étienne I de Chitry
Abade de San Germán de Auxerre

1353-1361
Sucesor:
Étienne II de Chitry
Predecesor:
Étienne de Clapiers
Abade de San Víctor de Marsella

1361-1364
Sucesor:
Étienne Aubert le Jeune
Predecesor:
Angelo III Orsini
Abade de Montecassino
(Abadía territorial)

1366-1369
Sucesor:
Bartolomeu da Siena
Predecesor:
Anglic de Grimoard
Bispo de Aviñón
(como administrador da diocese)

1366-1367
Sucesor:
Filipe de Cabassolle
Predecesor:
Inocencio VI
Papa

28 de setembro de 1362-19 de decembro de 1370
Sucesor:
Gregorio XI

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]