Bieito IV, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX Roma, Italia |
Morte | xullo de 903 Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
117º Papa | |
5 de febreiro de 900 – xullo de 903 (Gregoriano) ← Xoán IX – León V → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico, escritor, bispo católico |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Benedict IV. Enciclopedia de Otto |
Bieito IV, nado en Roma e finado en xullo de 903, foi o 117ª Papa da Igrexa católica, de 900 a 903.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun nobre romano chamado Mammalus, foi ordenado presbítero polo Papa Formoso e elixido Papa cando o trono do Sacro Imperio Romano Xermánico se atopaba vacante desde que no ano anterior, 899, Lamberto II de Spoleto falecera nun accidente ecuestre.
Aínda que Berenguer I, rei de Italia, reclamou o título imperial para si, o elixido foi Lois III o Cego ao que Bieito IV, no acto máis significativo do seu pontificado, coroou como emperador coa esperanza de conseguir apoio contra a invasión húngara no norte de Italia e a sarracena no sur. Dita esperanza foi va xa que Lois, derrotado por Berenguer, foi cegado e desterrado a Provenza.
Bieito IV, falto de apoios, quedou en mans de persoeiros como Teofilacto I, a súa esposa Teodora e a filla de ambos os dous, Marozia, que dominaron aos Papas durante os seguintes anos.
Durante o seu pontificado excomungou a Balduíno II de Flandres, acusándoo de instigar o asasinato de Fulquerio de Reims, o arcebispo de Reims.
Frodoardo, un historiador contemporáneo de Bieito IV, deulle o título de "Grande", gabando a súa xenerosidade e celo.
Faleceu en xullo de 903 e foi soterrado fronte a San Pedro, cerca da porta de Guido.
Predecesor: Xoán IX |
Papa 900 – 903 |
Sucesor: León V |
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |