Ponteceso
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Ponteceso | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.399 (2023) (58,68 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 92,01 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 387 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Xosé Lois García Carballido | ||||
Eleccións municipais en Ponteceso | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15110 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15068 | ||||
Páxina web | ponteceso.net |
Ponteceso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 5.565 habitantes (5.789 no ano 2015, 6.065 no 2012, 6.134 no 2011, 6.215 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontecesán».
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]Limita cos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco e Malpica de Bergantiños. Está formado por 14 parroquias, sendo as máis poboadas as de Tella (1.102 habitantes no 2018), Corme Porto (1.077 habitantes no 2018) e Cospindo (679 habitantes no 2018). Os centros médicos atópanse no lugar de Ponteceso e en Corme Porto, onde se sitúa tamén o único porto pesqueiro do concello.
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 5.789 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 515 (8.9 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.481 (60.13 %) |
Maiores de 65 anos | 1.793 (30.97 %) |
Evolución da poboación de Ponteceso Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.987 | 8.517 | 9.323 | 8.714 | 6.810 | 6.302 | 6.134 | 6.065 | 5.964 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo da vila provén do latín Ponte caesa (que significa Ponte pechada ou cortada). Algúns historiadores afirman que o topónimo débese a que a ponte orixinal, de orixe romana que unía os actuais municipios de Cabana de Bergantiños e Ponteceso, se derrubou dando lugar ao nome ponte caesa (ponte cortada).[Cómpre referencia]
O primeiro censo no que se nomea o concello co nome de Ponteceso é o de 1877. Anteriormente o concello foi coñecido co nome de Bugalleira.[1]
Etnografía
[editar | editar a fonte]Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]En Ponteceso celébranse multitude de festas de toda índole: relixiosas, pagás e gastronómicas.
Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe, e a segunda fin de semana de setembro celébrase a festa da Barquiña que é a festa principal do concello sendo o luns e o martes días festivos locais.
Outras festas relevantes son a da Virxe do Faro, celebrada o 8 de setembro, e a de San Bernardo da Graña, celebrada o 20 de agosto. Ademais no Día das Letras Galegas celébranse varias actividades culturais no Couto.
Entre as festas destacan:
- Na parroquia de Brantuas:
- San Xulián o día 7 de xaneiro, este santo é o patrón da parroquia.
- Romaría da Virxe do Faro, celebrase o 8 de setembro,
- O Sacramento que se celebra o primeiro domingo de agosto
- Na parroquia de Cospindo:
- Día das Letras Galegas celébranse varias actividades culturais no Couto.
- Festa da Barquiña que é a segunda fin de semana de setembro, esta é a festa principal do concello sendo o luns e o martes días festivos locais.
- Na parroquia de Corme Porto:
- Na primeira semana de xullo celébrase a Festa do percebe.
- O 16 de xullo (con véspera o 15 ) celébrase a Festa do Carme.
- O último domingo de agosto (con véspera o sábado) e o luns e martes seguintes celébrase a festa de San Roque.
- O 24 de setembro (con véspera o 23) celébranse as festas patronais na honra da Virxe dos Remedios.
- Na parroquia da Graña:
- San Bernardo da Graña, celebrase o 20 de agosto
Economía
[editar | editar a fonte]A agricultura en Ponteceso ten certa importancia, con cultivos como millo e pataca. Nos últimos anos o municipio desenvolveu un bo sector turístico arredor da vila mariñeira de Corme. Na capital pontecesán o comercio e os servizos son as actividades maioritarias. As capturas de diversos mariscos, como por exemplo o percebe, son tamén importantes para a economía local.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Ponteceso.
-
Ponte sobre o río Anllóns
-
Pazo Pondal
-
Capela da Virxe do Faro
-
Praia de Balarés
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España. "Variaciones de los municipios de España desde 1842." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xaneiro de 2015. Consultado o 30 de abril de 2014.(en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponteceso |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |