Saltar ao contido

Windows 95

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Microsoft Windows 95
DesenvolvedorMicrosoft
Familia de S.O.Windows
Modelo de desenvolvementoSoftware non libre
NúcleoWin16
Tipo de núcleoWin16 (principal) e tamén soporta Win32
LicenzaMicrosoft CLUF (EULA)
Última versión estable4.00.950C 24 de agosto de 1997
Estado actualSen soporte dende o 31 de decembro de 2001

Windows 95 foi un sistema operativo con interface gráfica de usuario híbrido de entre 16 e 32 bits. Foi publicado o 24 de agosto de 1995 pola empresa de software Microsoft con notable éxito de vendas.

Substituíu a MS-DOS como sistema operativo e a Windows 3.x como contorna gráfica. Encádrase dentro da familia de sistemas operativos de Microsoft denominada Windows 9x. Na versión OSR2 incorporou o sistema de arquivos FAT32 ademais do primeiro indicio do entón novo USB.

Os seus sucesores directos foron Windows 98 e Windows ME. Coa unificación das liña profesional e a doméstica con Windows XP, esta familia de sistemas Windows aínda continúa o seu desenvolvemento con Windows 10, o máis recente sistema operativo de Microsoft.

Existen versións tanto en disquetes como en CD-ROM. A versión en 13 disquetes utilizaba un formato non estándar coñecido como DMF que lles permitía almacenar unha capacidade maior á nominal de 1.44 MB. A versión en CD-ROM ofrecía unha selección de accesorios e complementos multimedia moito maior, ademais dalgúns controladores de dispositivos, xogos e versións de demostración dalgúns programas.

Durante a instalación creábase un disquete de rescate, con MS-DOS 7.0 . Esta versión de MS-DOS estaba restrinxida, xa que inhabilitaba certas partes que con anteriores versións estaban dispoñibles a través da BIOS do PC, como o acceso ao porto serie, na que unha chamada é simplemente devolta sen modificación algunha, apuntando a unha instrución RET, mentres que con versións anteriores, aínda apuntaban á rutina existente na propia BIOS.

A inclusión do acceso a ficheiros de 32 bits en Windows 3.11 para traballo en grupos, significou que o modo Real de 16 bits de MS-DOS non se seguiría usando para manexar ficheiros mentres Windows estivese en execución, e a introdución do acceso a disco de 32 bits significou que un a BIOS dun PC deixaría de usarse para administrar o disco duro. Isto reduciu o rol de MS-DOS a un simple Bootloader ou cargador de arranque para o kernel en modo protexido de Windows. O DOS incluído aínda se podía usar para executar drivers antigos por razóns de compatibilidade, aínda que Microsoft non recomendaba o seu uso, dado o seu impacto no rendemento e estabilidade do sistema operativo. O Panel de Control de Windows permitiu aos usuarios ver que compoñentes de MS-DOS aínda permanecían no sistema, mellorando o rendemento xeral cando estes non se usaban. O kernel de Windows aínda usaba o antigo modo real de drivers de MS-DOS no chamado Modo a proba de fallos, aínda que este modo especial estaba deseñado para permitir a un usuario arranxar os problemas que se puidesen presentar coa carga de drivers nativos en modo protexido.

Sistema de arquivos e nomes longos

[editar | editar a fonte]

Coa entrada dos 32 bits no acceso a ficheiros, púidose engadir ao sistema o uso de nomes de ficheiros longos, que estaba dispoñible tanto para os programas do sistema, como os de DOS arrincados baixo Windows. Na súa primeira versión Windows 95 utilizaba o sistema de arquivos FAT16, o cal era accesible coas versións anteriores de MS-DOS, aínda que os nomes longos non eran visualizados cos sistemas DOS compatibles doutras empresas, que necesitaban unha actualización.

Máis adiante, a partir da OEM Service Release 2 (OSR2), incluír o novo sistema de ficheiros FAT32, con varias novidades destacadas como soporte de máis de 2GB nas particións, e a incompatibilidade con sistemas operativos anteriores de Microsoft.

Requisitos mínimos

[editar | editar a fonte]

Os requisitos oficiais que indicaba Microsoft eran os seguintes:

Estes requisitos estaban pensados para abarcar o mercado xa dispoñible de usuarios de Windows 3.x . Con todo esta configuración era totalmente insuficiente para o traballo diario máis aló do uso dunha aplicación por estación de traballo, debido ao constante uso da memoria virtual. Ata nalgunhas ocasións, se se instalaba algún compoñente de rede, o sistema negábase a arrincar con 4 Megabytes de RAM. Finalmente, aínda que Windows 95 podíase arrincar nun 386 SX, o rendemento era bastante baixo. Para alcanzar un rendemento aceptable, Microsoft recomendaba un Intel 80486 ou compatible con (polo menos) 8 Mb de memoria RAM.

Versións

[editar | editar a fonte]
Nome Versión Data de saída Internet Explorer Compatibilidade USB Compatibilidade FAT32 Compatibilidade UDMA
Windows 95 4.00.950 1995 Non Non Non Non
Windows 95 SP1 4.00.950A 1996 Non Non Non Non
OSR 1 4.00.950A 1996 2.0 Non Non Non
OSR 2 4.00.950B (4.00.1111) 1996 3.0 Non Si Si
OSR 2.1 4.00.950B (4.03.1212) 1996 3.0 Si Si Si
OSR 2.5 4.00.950C (4.03.1214) 1997 4.0 Si Si Si

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]