BIOS
Aparencia
BIOS é o acrónimo de Basic Input/Output System (Sistema Básico de Entrada e Saída, en inglés). É un firmware (programa informático gravado nun chip) que se encarga de xestionar o acendido dun ordenador mediante a comunicación co hardware e, como mínimo, o teclado e o monitor. As BIOS son específicas de cada placa nai e escríbense en linguaxe ensambladora, que é nativa ao CPU.
Ao acender o computador execútase unha rutina de arranque que está gravada nunha memoria (antigamente en memoria ROM, actualmente en EEPROM ou incluso en memoria flash) e que se coñece como BIOS. A BIOS realiza, entre outras, as seguintes operacións:
- Comproba se hai tarxeta gráfica
- Comproba se se trata dun acendido simple ou se é un reinicio. (Neste último caso omite as comprobacións seguintes:)
- Comproba canta memoria RAM hai e se hai teclado e rato, discos duros e disqueteiras
- Mostra información na pantalla sobre o sistema
- Localiza os controladores (drivers) para dispositivos especiais
- Usa unha lista de dispositivos para decidir en que orde busca o que ten o sistema operativo.
- Carrega o sistema operativo na memoria e pásalle o control. A partir deste momento, o sistema operativo faise responsábel da comunicación cos dispositivos e co usuario e de xestionar a memoria e a interacción entre os programas.
Curiosamente, BIOS é un substantivo feminino en galego, aínda que a palabra sistema sexa masculina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: BIOS |