Vea subclavia
Aparencia
A vea subclavia é unha vea do membro superior humano, pertencente á parte fonda da drenaxe venosa do membro superior. É a continuación da vea axilar, que ao pasar a primeira costela cambia de denominación para chamarse subclavia. Dende aquí diríxese cara ao tórax, ata a parte final da costela, xunto ao esterno. Neste punto únese coa vea xugular interna para formaren o troncos venosos braquiocefálicos ou vea braquiocefálica ou vea innominada.
A vea subclavia ten por diante a clavícula e o músculo subclavio. Por enriba e por detrás ten a arteria subclavia, entre as cales se dispoñen o músculo escaleno e o nervio frénico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.