Saltar ao contido

Vea axilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vea axilar
Vista anterior do membro superior dereito e tórax - vea axilar e parte distal da vea basílica e da vea cefálica
Latín vena axillaris
Sitio(s) drenado(s) axila
Orixe vea basílica, veas braquiais, vea cefálica
Drena en vea subclavia
Arteria arteria axilar
MeSH A07.231.908.077

A vea axilar é unha vea do membro superior humano, pertencente á axila. A vea axilar comeza no bordo inferior do músculo redondo maior e é a continuación da vea basílica, unha vea superficial que drena a superficie posteromedial da man e antebrazo. Fura a fascia fonda na metade do brazo.

A vea axilar pasa pola parte medial e anterior da axila e ao cruzar o bordo lateral da primeira costela convértese na vea subclavia. As veas que desembocan na axilar acompañan á arteria axilar no seu traxecto. As veas braquiais tamén desembocan na vea axilar.

Na súa parte máis proximal, áchase protexida pola cuberta axilar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).