Ulm
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Tubinga - Regierungsbezirk Tübingen | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Böfingen (en) Donautal (en) Eggingen (en) Einsingen (en) Ermingen Eselsberg (en) Grimmelfingen (en) Gögglingen-Donaustetten Jungingen (en) Lehr (en) Mähringen (en) Oststadt (en) Söflingen (pt) Ulm-Stadtmitte Unterweiler (en) Weststadt (en) Wiblingen (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 129.942 (2023) (1.094,89 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 118,68 km² | ||||
Bañado por | Río Danubio, Iller e Blau | ||||
Altitude | 481 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1181 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Christoph Leonhard von Wolbach (en) (1819–1844) Julius Schuster (en) (1845–1863) Karl von Heim (pt) (1863–1890) Heinrich von Wagner (pt) (1891–1919) Emil Schwamberger (pt) (1919–1933) Friedrich Foerster (pt) (1933–1945) Hermann Frank (en) (1945–1945) Karl Eychmüller (en) (1945–1945) Robert Scholl (pt) (1945–1948) Theodor Pfizer (pt) (1948–1972) Hans Lorenser (pt) (1972–1984) Ernst Ludwig (1984–1992) Ivo Gönner (pt) (1992–2016) Gunter Czisch (pt) (2016–2024) Martin Ansbacher (mul) (2024–) | ||||
Membro de | Kommunalverband für Jugend und Soziales Baden-Württemberg (en) Eurotowns network (en) Q1500388 Aliança Climática (pt) (1993–) Alcaldes pola Paz (2010–) Kommunale Informationsverarbeitung Reutlingen-Ulm (KIRU) (en) (–2018) Zweckverband 4IT (en) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 89081, 89073, 89075, 89077 e 89079 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0731, 07346 e 07305 | ||||
Código NUTS | DE144 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 084210000000 | ||||
Número de municipio alemán | 08421000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ulm.de |
Ulm é unha cidade alemá do estado federado de Baden-Württemberg, situada entre Stuttgart no oeste e Augsburg e Múnic no leste, ás beiras do Danubio. O río separa Ulm de Neu-Ulm, a nova parte da cidade, que xa se atopa no estado federado de Baviera. Ulm é coñecido pola súa Catedral, santuario protestante de arquitectura gótica, coa torre de igrexa máis alta do mundo (161,53 m), pola súa cidade universitaria, na que se integrou a Escola de Ulm, sucesora da Bauhaus, e por ser a cidade natal de Albert Einstein.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ulm está na desembocadura dos ríos Blau e Iller no Danubio. A maior parte da cidade está na beira esquerda do río, estando no outro costado a súa cidade xemelga, Neu-Ulm (nova Ulm), que cos seus 50.000 habitantes está situada no land de Baviera.
A cidade está dividida en 18 distritos: Ulm-Mitte, Böfingen, Donaustetten, Donautal, Eggingen, Einsingen, Ermingen, Eselsberg, Gögglingen, Grimmelfingen, Jungingen, Lehr, Mähringen, Oststadt, Söflingen (con Harthausen), Unterweiler, Weststadt e Wiblingen.
Historia
[editar | editar a fonte]Ulm é mencionada por primeira vez en 854, sendo declarada cidade por Frederico I Barbarroxa en 1164. Floreceu durante o século XVI, debido maiormente á exportación téxtil. Estes séculos representan o cénit da arte en Ulm, especialmente para pintores e escultores.
En 1803, deixou de ser unha "Cidade Libre Imperial" e foi absorbida por Baviera. Durante a batalla de Ulm de 1805, no marco das Guerras Napoleónicas, o exército francés fixo unha emboscada á invasión da armada austríaca en mans do Xeneral Mack en Ulm forzando a súa retirada. En 1810, foi incorporada no Reino de Württemberg, pertencente á Confederación do Rin.
En 1938, de novo pasou a ser unha "cidade libre" ou Stadtkreis, o que significa que non pertence a ningún dos distritos rurais da contorna, formando un de tipo urbano.
Economía
[editar | editar a fonte]A proximidade de Stuttgart fai que boa parte da actividade industrial da cidade estea ligada á produción automotriz. EvoBus, a división de autobuses e autocares de Daimler, ten a súa planta de produción principal de vehículos da marca SETRA nesta cidade, así como unha planta de montaxe de camións de IVECO.
En xeral, o estado federado de Baden-Württemberg é unha das rexións economicamente máis prósperas de Alemaña e, naturalmente, da Unión Europea (UE).
Puntos de interese
[editar | editar a fonte]- Sen dúbida a súa principal referencia é a Catedral de Ulm, coa torre de igrexa máis alta do mundo (161,53 m).
- O barrio dos pescadores coa Schliefes Haus do século XVI (actualmente un hotel) e o Alte Münz (un edificio medieval ampliado con estilo renacentista).
- Os restos da cidade que sobreviviron aos bombardeos.
- A Casa do Concello, construída no ano 1370.
- Os edificios da Hochschule für Gestaltung, a Escola de Ulm, hoxe empregados pola Universidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ulm |