Stuttgart
Stuttgart (de) Schduagert (gsw) | |||||
Epónimo | égua (pt) e xardín | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Stuttgart - Regierungsbezirk Stuttgart | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 633.484 (2023) (3.055,14 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 207,35 km² | ||||
Bañado por | Río Neckar e Nesenbach (en) | ||||
Altitude | 245 m-247 m | ||||
Punto máis alto | Bernhartshöhe (en) (549 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Frank Nopper (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Rathaus Stuttgart (en) , | ||||
Membro de | International Association for Sports and Leisure Facilities (en) Kommunalverband für Jugend und Soziales Baden-Württemberg (en) Aliança Climática (pt) (1995–) Alcaldes pola Paz (2005–) Q28936918 (–2018) Zweckverband 4IT (en) (2018–) | ||||
Orzamento | 5.400.000.000 € (2024) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 70173, 70174, 70176, 70178, 70180, 70182, 70184, 70186, 70188, 70190, 70191, 70192, 70193, 70195, 70197, 70199, 70327, 70329, 70372, 70374, 70378, 70435, 70437, 70439, 70376, 70469, 70499, 70563, 70565, 70567, 70569, 70597, 70599 e 70619 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0711 | ||||
Código NUTS | DE111 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 081110000000 | ||||
Número de municipio alemán | 08111000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Jeddah Shavei Tzion (en) Cidade de México St Helens, Merseyside (1948–) Cardiff (1955–) St. Louis (1960–) Estrasburgo (1962–) Bombai (1968–) Menzel Bourguiba (pt) (1971–) O Cairo (1979–) Melun (1985–) Łódź (1988–) Ōgaki (1988–) Brno (1989–) Samara (1992–) Zapopan (2011–) | ||||
Páxina web | stuttgart.de | ||||
Stuttgart (en suabo: Schduagert) é a capital do Estado alemán Baden-Württemberg. Con preto de 600.000 habitantes, Stuttgart é a cidade máis grande deste Estado e a sexta de Alemaña. En Stuttgart atópase o parlamento do seu Bundesland e o goberno federal, así como outras autoridades políticas e da administración federal. As grandes cidades alemás máis importantes e próximas a Stuttgart son Frankfurt (240 km ao noroeste), Múnic (aproximadamente 220 km ao sueste) e Karlsruhe (a 80 km ao nordeste).
Stuttgart ten o status de cidade-distrito, unificada por un presidente. Tamén dispón do bispo evanxelista de Württemberg e un bispo católico (Bistum Rottenburg-Stuttgart). A cidade posúe dúas universidades, escolas técnicas e o instituto de investigación Max Planck (Fraunhofer-Gesellschaft). Ademais nela atópanse as máis importantes empresas automobilísticas, como: Mercedes-Benz e Porsche, xunto con outras empresas importantes como Bosch. Ademais é a porta de entrada á Selva Negra. Rodeada de outeiros, bosques e viñedos que chegan ata o centro. O seu porto sitúase ao nordeste da cidade, a beiras do río Neckar.
Stuttgart provén da palabra alemá Stutengarten (que significa "eguada"), posto que a cidade ten a súa orixe ao redor dos antigos cortellos do duque Liudolf de Suabia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Stuttgart está situada no centro do Estado de Baden-Württemberg. O centro da cidade sitúase entre vales e viñedos, por iso a cidade é alcumada Stuttgarter Kessel (A ola stuttgartense) e atópase ás beiras do río Neckar. Atópase a unha altitude de 207 metros sobre o nivel do mar. Elévase puntualmente polo Birkenkopf (511 m) e polo Wirtemberg (411 m) sobre o val do Necktar e polo bosque Heiner (395 m).
Planificación da rexión
[editar | editar a fonte]A cidade está situada no centro da Rexión de Stuttgart. Á rexión perténcenlle ao norte as cidades veciñas de Esslingen, Göppingen, Ludwigsburg e Rems-Murr-Kreiss, así como o municipio de Heilbronn (ao norte de Stuttgart) e ao sur as cidades de Reutlingen e Tübingen. Todas estes municipios e outros lindeiros forman a rexión metropolitana de Stuttgart. A rexión metropolitana europea de Stuttgart tamén integra as cidades de Ditzingen, Filderstadt, Gerlingen, Korntal-Münchingen e Leinfelden-Echterdingen.
División da cidade
[editar | editar a fonte]Distritos da cidade de Stuttgart:
Poboación
[editar | editar a fonte]Habitantes
[editar | editar a fonte]Stuttgart excedeu en 1875 os 100.000 habitantes e converteuse na primeira gran cidade de Baden-Württemberg. En 1905 a cidade posuía 250.000 habitantes, que se dobraron ata 1950 (500.000 habitantes). No ano 1962 acada a máxima poboación da súa historia: 640.560. A 1 de xuño de 2008, o censo oficial dá como cifra de habitantes de Stuttgart 590.497, converténdose, tras Múnic, na segunda cidade máis habitada ao sur de Alemaña e a sexta en total.
Relixión
[editar | editar a fonte]O 26% dos crentes confésanse como católicos, o 30% protestantes, a relixión musulmá acada o 11,3% da poboación e o resto do 33% confésanse doutras relixións ou confesións. Todos estes datos son do ano 2005.
Historia
[editar | editar a fonte]O distrito de Cannstatt constitúe a zona da cidade máis antiga e grande de Stuttgart. Ao século I d. C. remóntase unha cidadela romana, unha das posicións máis importantes na zona, ao estar situada na beira do Neckar e nun cruzamento de camiños. Coa invasión dos alanos no 260 d.C. finalizou a presenza romana en Stuttgart. Non existen tradicións en Cannstatt dos pobos bárbaros, que apareceron para quedar debido á situación estratéxica pero mantiveron nas colonias os costumes locais.
Presumibelmente, Stuttgart seguiu medrando durante as guerras húngaras entre o 926 e 948, sobre todo nos cortellos de cabalo (ou Stuotengarten, de aí o nome de Stuttgart). O crecemento da cidade atribúese ao conde Liudolf de Schwaben, despois do 945. Dende entón o crecemento foi cara aos lados dos nomeados cortellos.
A cidade atopábase preto dos criadeiros de cabalo do Condado de Baden, como tamén da cidade Backnang e Besigheim, pertencentes ao condado de Württemberg. Coa condesa Irmengard de Baden, os mosteiros de Lichtenhal permaneceron en Baden-Baden.
A marquesa de Baden atopábase ao oeste dos seus inimigos, os marqueses de Württemberg, máis tarde condes. Hermann V de Baden alzouse sobre a cidade en 1219. Logo foron os Württemberg os que tomaron a cidade, e unha dinastía despois contraían matrimonio e instalaron toda a pompa de Württemberg no centro da cidade. Até 1918 Stuttgart foi a capital e a cidade de residencia dos Württemberg. Até 1496 foi o condado de Württemberg, logo dos condes, até 1803, foi principado e dende 1806 até 1918 reinado de Württemberg, data na que pasou a ser o Estado libre de Württemberg.
A finais de maio de 1849, despois do rexeitamento a un congreso de deputados polo rei prusiano Federico Guillerme IV, trasladouse a Stuttgart a Asemblea Nacional de Frankfurt grazas a unha invitación do ministro de Xustiza Friedrich Römer, pertencente aos Württemberg.
O filósofo Friedrich Hegel naceu nesta cidade en 1770 e un dos escritores alemáns máis famosos, Friedrich Schiller, tamén viviu na cidade, sendo orixinario de Marbach am Neckar, a uns 30 km.
Importantes fitos acaeceron na cidade máis tarde no século XX. En 1927 os arquitectos Mies van der Rohe, Walter Gropius e Le Corbusier deseñaron o sector da cidade coñecido como Weißenhofsiedlung. Máis tarde, en 1945, a cidade é case totalmente destruída polos bombardeos perpetrados polos aliados mais pouco despois, en 1947 a cidade compite con Bonn e Frankfurt por ser a capital da Alemaña occidental, aínda que finalmente Bonn é a elixida. En 1983, entre 17 e o 19 de xuño reúnese en Stuttgart o Consello Europeo, asinando os Xefes de Estado e de Goberno e os Ministros de Asuntos Exteriores a Declaración Solemne sobre a Unión Europea (UE). En 1999 entre o 15 o 16 de abril Stuttgart volve acoller unha importante cita, a Terceira Conferencia Euromediterránea, coa participación de Libia por primeira vez coma invitado especial.
Economía
[editar | editar a fonte]Daimler e Porsche teñen as súas centrais nos arredores do casco urbano. Gottlieb Daimler e Wilhelm Maybach construíron en Stuttgart o seu motor de combustión interna, que sumado á buxía de Robert Bosch (nado en Stuttgart) deu nacemento á industria do automóbil en Alemaña. O logo de Mercedes-Benz rota sobre a Estación Central dos Ferrocarrís (HBF) e sobre o edificio máis alto da fábrica de Untertürkheim de Daimler, onde traballan unhas 20.000 persoas.
Outros datos de interese
[editar | editar a fonte]O proxecto Stuttgart 21 prevé transformar a estación ferroviaria central nun pasaxe soterrado para mellorar a conexión coa rede de tranvías. Con iso recupérase un lote de cen hectáreas no corazón da cidade, onde se planea construír edificios de vangarda.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- O Castelo Novo (Neues Schloss) e o Castelo Antigo (Altes Schloss), situados na Praza do Palacio (Schlossplatz).
- O castelo de Rosenstein (Museum am Rosenstein).
- A Galería Nacional de Stuttgart (Staatsgalerie).
- A Ópera Estatal de Stuttgart (Württembergisches Staatstheater Stuttgart).
- O museo Mercedes-Benz.
- O museo Porsche.
- A Torre de Televisión (Fernsehturm Stuttgart).
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Stuttgart está irmandada coas seguintes cidades:
|
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Berlín Hamburgo Múnic |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Berlín | Berlín | 3 531 201 | 11 | Leipzig | Saxonia | 531 809 | |
2 | Hamburgo | Hamburgo | 1 810 698 | 12 | Dresden | Saxonia | 529 781 | |
3 | Múnic | Baviera | 1 378 176 | 13 | Hannover | Baixa Saxonia | 525 875 | |
4 | Colonia | Renania do Norte-Westfalia | 1 017 155 | 14 | Nürnberg | Baviera | 510 602 | |
5 | Frankfurt | Hessen | 691 518 | 15 | Duisburgo | Renania do Norte-Westfalia | 488 005 | |
6 | Stuttgart | Baden-Württemberg | 613 392 | 16 | Bochum | Renania do Norte-Westfalia | 373 976 | |
7 | Düsseldorf | Renania do Norte-Westfalia | 592 393 | 17 | Wuppertal | Renania do Norte-Westfalia | 349 470 | |
8 | Dortmund | Renania do Norte-Westfalia | 580 956 | 18 | Bonn | Renania do Norte-Westfalia | 327 913 | |
9 | Essen | Renania do Norte-Westfalia | 573 468 | 19 | Bielefeld | Renania do Norte-Westfalia | 323 395 | |
10 | Bremen | Bremen | 548 319 | 20 | Mannheim | Baden-Württemberg | 314 931 | |
Datos do censo de 2011 |