Tito Livio
Nome orixinal | (la) Titus Livius |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 59 a. C. Padua, Italia |
Morte | 17 (74/75 anos) Padua, Italia |
Actividade | |
Ocupación | historiador, escritor, poeta |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Xénero artístico | Historiografía |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC |
Tito Livio (en latín Titus Livius), nado en Padua no 64 ou 59 a. C. e finado no 17 d. C., foi un historiador romano, autor de Ab urbe condita libri (Desde a fundación da Cidade), que relata a historia de Roma desde a fundación tradicional no ano 753 a.C. até a morte de Druso no 9 a.C.. En total componse de 142 libros, dos que só se conservan 35.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Livio naceu nunha familia rica de provincias e trasladouse de mozo a Roma, estudando nela retórica e filosofía. Tiña ideas conservadoras e republicanas, mais non entrou nunca en política. Adquiriu fama a partir do 27-25 a.C., cando encetou a preparación de Ab Urbe Condita, obra na que se ocupou até á súa morte.
Augusto, a cuxo círculo pertenceu, confioulle a educación do seu neto adoptivo, o futuro emperador Claudio, a pesar das súas ides republicanas. En troques, Livio aceptara a pax augusta e, aínda que el fose partidario de Pompeio, aprobou a enorme reforma emprendida por Augusto. Tivo dous fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tito Livio |