Saltar ao contido

The King's Speech

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The King's Speech
Ficha técnica
Título orixinalThe King's Speech
DirectorTom Hooper
ProdutorIain Canning
Emile Sherman
Gareth Unwin
GuiónDavid Seidler
IntérpretesColin Firth
Helena Bonham Carter
Geoffrey Rush
Michael Gambon
Guy Pearce
Timothy Spall
Derek Jacobi
Eve Best
MúsicaAlexandre Desplat
FotografíaDanny Cohen
MontaxeTariq Anwar
EstudioUK Film Council
See-Saw Films
Bedlam Productions
DistribuidoraTransmission (Australia)
Momentum Pictures (Reino Unido)
The Weinstein Company (Estados Unidos)
Estrea2010
Duración118 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Australia Australia
XéneroDrama Histórico
Orzamento$15 000 000[1]
Recadación$414 211 549
Na rede
http://kingsspeech.com
IMDB: tt1504320 Filmaffinity: 968462 Allocine: 175305 Rottentomatoes: m/the_kings_speech Mojo: kingsspeech Allmovie: v513559 TCM: 776320 Metacritic: movie/the-kings-speech TV.com: movies/the-kings-speech BNE: XX5103038 Netlix: 70135893 Editar o valor en Wikidata

The King's Speech é un filme británico de drama histórico dirixido por Tom Hooper que foi estreada en 2010, baseada na historia real do rei Xurxo VI do Reino Unido contra o inicio da segunda guerra mundial.

Cando o rei Xurxo V (Michael Gambon) falece, o seu fillo Eduardo (Guy Pearce) pasa a ocupar o trono como Eduardo VIII. Eduardo tiña unha relación amorosa con Wallis Simpson, unha americana divorciada, pero non foi aceptada pola familia real, e cando manifestou a súa intención de casar con Mrs. Simpson foi rexeitado polo Primeiro Ministro Stanley Baldwin. Entón Eduardo VIII toma unha decisión drástica: en decembro do mesmo ano abdica, argumentando que non sería capaz de cargar o peso da coroa sen o apoio da muller que ama. O seu irmán máis novo Alberto (Colin Firth) convértese así no novo rei de Inglaterra como Xurxo VI, pero ten un problema: é tatexo e falar en público non é doado para el. Por iso, a súa muller Isabel (Helena Bonham Carter) contrata o excéntrico logopeda Lionel Logue (Geoffrey Rush) para que o axude. Finalmente, co apoio da súa familia, de Logue e do mesmo Winston Churchill (Timothy Spall), Xurxo VI prepárase para dar un discurso á toda a nación para dicirlles que o Reino Unido lle declara a guerra á Alemaña Nazi de Hitler.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 2010: 4 Oscars: mellor película, director, actor (Colin Firth) e guión. 12 nomeamentos.
  • 2010: Globos de Ouro: Mellor actor (Firth). 7 nomeamentos, incluíndo Mellor película drama.
  • 2010: 7 Premios BAFTA, incluíndo Mellor filme e actor (Firth). 14 nomeamentos.
  • 2010: Premio Goya: Mellor película europea.
  • 2010: Festival de Toronto: Mellor película (Premio do Público).
  • 2010: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actor (Colin Firth).
  • 2010: Independent Spirit Awards: Mellor película estranxeira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]