Mrs. Miniver
Mrs. Miniver | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mrs. Miniver |
Director | William Wyler |
Produtor | Sidney Franklin |
Guión | Arthur Wimperis George Froeschel James Hilton Claudine West |
Baseado en | Mrs. Miniver libro de Jan Struther |
Intérpretes | Greer Garson Walter Pidgeon |
Música | Herbert Stothart Daniele Amfitheatrof |
Fotografía | Joseph Ruttenberg |
Montaxe | Harold F. Kress |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | 4 de xuño de 1942 |
Duración | 133 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $1 340 000[2] |
Recadación | $8 878 000[2] |
Na rede | |
Mrs. Miniver é un filme estadounidense dirixido por William Wyler que se estreou en 1942. Está protagonizado por Greer Garson e Walter Pidgeon. Inspirouse na novela de 1940 Mrs. Miniver de Jan Struther,[3] e amosa de que xeito a vida dunha muller da Inglaterra rural é afectada pola segunda guerra mundial.
Producida e distribuída por Metro-Goldwyn-Mayer, conta cun nutrido grupo de actores secundarios entre os que se inclúen a Teresa Wright, Dame May Whitty, Reginald Owen, Henry Travers, Richard Ney e Henry Wilcoxon.[4]
Mrs. Miniver gañou seis Premios Oscar, incluíndo mellor filme, mellor director (William Wyler), mellor actriz (Greer Garson) e mellor actriz secundaria (Teresa Wright).[5][6] En 1950, estreouse a secuela The Miniver Story con Greer Garson e Walter Pidgeon nos seus respectivos papeis.[4]
En 2006, o filme foi clasificado no número 40 da lista do American Film Institute, como un dos máis inspiradores filmes de tódolos tempos. En 2009, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente" significativo.[7]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Greer Garson como Kay Miniver
- Walter Pidgeon como Clem Miniver
- Teresa Wright como Carol Beldon
- Dame May Whitty como Lady Beldon
- Reginald Owen como Foley
- Henry Travers como Mr. Ballard
- Richard Ney como Vin Miniver
- Henry Wilcoxon como O vigairo
- Christopher Severn como Toby Miniver
- Brenda Forbes como Gladys
- Clare Sandars como Judy Miniver
- Marie De Becker como Ada
- Helmut Dantine como piloto alemán
- John Abbott como Fred
- Connie Leon como Simpson
- Rhys Williams como Horace
- Peter Lawford como piloto (sen acreditar)
- Charles Bennett como home do leite (sen acreditar)
- Harry Allen comom William (sen acreditar)
- Billy Bevan como condutor de autobús (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (J29 de xuño de 1942). "MRS. MINIVER (U)". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 9 de novembro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 The Eddie Mannix Ledger. Os Ánxeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study..
- ↑ Struther, Jan (1940). Mrs. Miniver. Nova York: Harcourt, Brace & Company. ASIN B000O9ZBGA.
- ↑ 4,0 4,1 The New York Times (ed.). "Mrs. Miniver (1942)". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2007. Consultado o 16 de febreiro de 2013.
- ↑ Internet Movie Database (ed.). "Awards for Mrs. Miniver". Consultado o 16 de febreiro de 2013.
- ↑ Reel Classics (ed.). "Mr. Miniver (1942)". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2008. Consultado o 16 de febreiro de 2013.
- ↑ Library of Congress, ed. (30 de decembro de 2009). "News from the Library of Congress". Consultado o 16 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mrs. Miniver |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mrs. Miniver na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)