Saltar ao contido

San Felices de Buelna

Modelo:Xeografía políticaSan Felices de Buelna
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°16′31″N 4°02′55″O / 43.275277777778, -4.0486111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalSan Felices de Buelna (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.390 (2023) Editar o valor en Wikidata (65,95 hab./km²)
Xeografía
Superficie36,24 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude78 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Antonio González Linares Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39409 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39069 Editar o valor en Wikidata

San Felices de Buelna é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte con Torrelavega e Cartes, polo sur con Anievas, polo leste con Corvera de Toranzo e Puente Viesgo e polo oeste con Los Corrales de Buelna.

O municipio áchase na comarca do Besaya e polo seu termo discorre o río Besaya. A influencia do desenvolvemento industrial da comarca repercutiu tamén neste municipio, aínda que en menor medida.

Localidades

[editar | editar a fonte]

Os seus 2.309 habitantes (INE, 2008) viven en:

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2005
1.404 1.538 1.597 2.143 2.503 2.719 3.362 2.854 2.497 2.385 2.168 2.241
Fonte: INE

Administración

[editar | editar a fonte]
Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PRC 1372 78,04 % 10
PSOE 196 11,15 % 1
  • Alcalde electo: José Antonio González-Linares Gutiérrez (PRC).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PRC 1414 81,97 % 10
PSOE 162 9,39 % 1
  • Alcalde electo: José Antonio González-Linares Gutiérrez (PRC).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Torre de Pero Niño.

Posúe cinco bens de interese cultural:

  • Torre de Pero Niño, en Llano, con categoría de monumento. É unha torre medieval que se converteu en museo que presenta unha recreación da biografía de Pero Niño e que evoca a vida na Baixa Idade Media, a organización social de tipo estamental, as prácticas da cabalería, o armamento da época e as xestas de Pero Niño.
  • Cova de Hornos de la Peña, en Tarriba, con categoría de zona arqueolóxica. Forma parte do lugar Patrimonio da Humanidade chamado "Cova de Altamira e arte rupestre do norte de España".
  • Cova de Sovilla, zona arqueolóxica.
  • Forma parte da zona arqueolóxica chamada "Conxunto Arqueolóxico formado polos xacementos de La Espina del Gallego, Cildá, El Cantón e Campo de Las Cercas"; outros municipios relacionados con este ben de interese cultural son: Corvera de Toranzo, Anievas, Molledo, Arenas de Iguña e Puente Viesgo.
  • Os Castros do Monte Dobra, zona arqueolóxica.

Ademais, a Igrexa de San Félix en Rivero é Ben de interese local con categoría de inmoble.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]