Bárcena de Cicero
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Gama | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.653 (2023) (127,03 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 36,63 km² | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1834 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Gumersindo Ranero Lavin (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39790 e 39791 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39009 | ||||
Páxina web | barcenadecicero.org |
Bárcena de Cicero é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, localizado na comarca de Trasmiera e pertencente ao Partido Xudicial de Santoña. Está limitado por Escalante, Laredo, Colindres, Voto, Solórzano, Hazas de Cesto e a Baía de Santoña formada pola desembocadura do río Asón, situado na ribeira esquerda deste río. É atravesado pola N-634, a Autovía A-8 e o ferrocarril FEVE Santander-Bilbao.
O municipio está composto por varias localidades, entre os cales se encontra Gama, que é a capital.
Localidades
[editar | editar a fonte]Oo termo municipal abrangue unha serie de localidades que á súa vez comprenden os chamados barrios. Estas son:
- Adal, cos barrios de Coz de Monte, La Maza, Primosto e La Sierra.
- Ambrosero, cos barrios de Casuso, La Escallada, Estián, La Iglesia, Madama, Pendón e San Andrés.
- Bárcena de Cicero, Bárcena de Cicero, cos barrios de La Bodega, Cornocío, El Cristo, La Cuesta, La Iglesia, Lamadrid, El Manzanal, Palacio e Tuebre.
- Cicero, cos barrios de El Bao, El Pomar, Carnerizas, La Ermita, La Fragua, Mazuecas, Paderne, Pomares, Rivaplumo, Rueda, San Pelayo, Sollagua e La Vía.
- Gama, capital do municipio, coas
- Moncalián, cos barrios de El Pico e La Tejera.
- Treto, que ten o barrio de La Peña.
- Vidular.
-
Cabalos en Cicero.
-
Casona nobre con escudos en Bárcena de Cicero.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros documentos que se coñecen sobre este municipio son de 1082 e fan alusión á entrega ao Mosteiro de Puerto de Santoña dun quiñón en "Cesereo" (Cicero) e Kolindres (Colindres). Dous anos máis tarde unha dama chamada Teresa doou ao mesmo mosteiro as súas casas en Cicero e o que a elas pertencía, ademais doutras propiedades que tiña noutros sitios.
En 1136, Afonso VII de León concedeulle franquía á vila de Ambrosero e Afonso VIII de Castela en 1165 cedeulla a Santa María de Puerto. A igrexa de Santo Estevo e o núcleo de poboación que se desenvolveu ao seu redor (Moncalián) pasaron en 1254 a dominio do mosteiro de Santoña. Tamén, Bárcena de Cicero, antes de ser territorio de reguengo, estivo vinculado ao réxime solariego[1] da casa de Agüero.[2]
O concello actual está composto por algúns dos concellos que pertenceron á antiga Junta de Cesto (que á súa vez foi unha das Xuntas do Meiriñado de Trasmiera. Estes concellos foron ao principio de señoríos eclesiásticos e máis tarde foron de reguengo. Cos Reis Católicos, os Concellos integráronse no Corrixidoría das Catro Vilas da Costa, herdeiro da Irmandade do mesmo nome; as xuntas celebrábanse en Bárcena de Cicero (localidade) ou nos lugares que pertencían á corrixidoría, sempre de forma rotatoria. Este foi un feito de grande importancia que aparece recollido no escudo de armas do municipio, que mostra catro estrelas representantes das Vilas: San Vicente, Santander, Laredo e Castro Urdiales. As ondas mariñas que se ven no escudo simbolizan o carácter mariñeiro deste municipio.
En 1822 formouse o Ayuntamiento de Cicero, que en 1835 tomou o nome de Bárcena de Cicero.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Todo o municipio é expoñente de arquitectura nobiliaria e fidalga de Cantabria. O conxunto urbano repartido entre os seus barrios é tamén mostra da arquitectura popular.
Cinco son os bens de interese cultural, con categoría de monumento, deste municipio:
- Palacio e Capela de Rugama (casona de “El Carmen”), en Bárcena de Cicero, Bárcena de Cicero, cerca de Gama.[3] Trátase dun palacio levantado para Lorenzo de Rugama a mediados do século XVIII, composto por unha casa-torre e unha capela-panteón dedicada á Virxe do Carme.
- Casarío de José de Mazarredo, (casona do marqués de mazarredo), en Gama. Consiste nunha enorme casa de pedra de area cun monumental escudo do apelido mazarredo, levantada a finais do século XVI.
- Palacio de La Colina, que fora do mariño Juan Antonio de la Colina Rasines e que mantivo moitos anos o nome da familia de Colina y Llamosa, até pasar para mans da familia Portilla, actuais propietarios do sitio.
- Portalada do Barrio do Cristo, na localidade de Bárcena de Cicero.
- Palacio de Cerecedo, en Adal, Treto.
Ademais, son bens inventariados o palacio de Arredondo, que está moi cerca do Palacio de Rugama e a casa barroca no cruceiro do barrio de Gama, patrucial da familia Llamosa. A casa Indiana de Manuel y Francisco de la Llamosa, hoxe casa do concello, así como o antigo campo da feira que se atopa en terras doadas para o seu propio pobo por Francisco de la Llamosa y Fernández.
Economía
[editar | editar a fonte]Desde antigo, a economía deste municipio baseouse na agricultura e gandaría, así como a pesca e a caza.
En tempos modernos instalouse a fábrica FEMSA, polo que os artesáns abandonaron o seu oficio tradicional para traballar nesta industria e nos seus talleres. Tamén se fixo a construción do Polígono Industrial de Ambrosero. Outros postos de traballo creáronse en empresas de servizos.
Un 13,5 % da poboación do municipio emprégase no sector primario, un 14,4 % na construción, un 27,7 na industria e un 44,4 % no sector terciario. A taxa de actividade é do 54,7 % e a taxa de paro é do 11,7 %, cando a media en Cantabria está en 52,5 % e 14,2 % respectivamente.
Demografía
[editar | editar a fonte]1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2007 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2.040 | 2.138 | 2.423 | 2.569 | 2.799 | 3.058 | 2.787 | 2.698 | 2.417 | 2.334 | 2.334 | 3.407 |
Fonte: INE
Administración
[editar | editar a fonte]Nas seguintes táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.
|
|
Escola
[editar | editar a fonte]Arredor de 150 escolares acoden ao centro público de Educación Infantil e Primaria chamado Flavio San Román (en Cicero, barrio de La Ermita).[4]
Biblioteca
[editar | editar a fonte]Existe unha biblioteca pública co nome de Baldomero Fernández Moreno, poeta arxentino de pais cántabros que pasou algúns anos da súa infancia neste municipio, que recorda en La patria desconocida e Aldea española.
Festas
[editar | editar a fonte]- En Gama é importante a festividade do Corpus Christi.
- Na ermida situada no barrio de La Vía (de Cicero) celebran o San Antonio o 13 de xuño.
- En Bárcena de Cicero, celébrase o 29 de xuño o San Pedro, ademais da Nosa Señora de Gracia o 8 de setembro e o San Pelaio o 26 de xuño.[5]
- En Ambrosero, a Santa Ana o 26 de xullo.
- En Moncalián, o Santo Estevo o 3 de agosto.
- En Adal-Treto, o San Cipriano o 16 de setembro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Foi en principio un réxime moi duro para a xente, de case escravitude. No Foro Vello de Castela ((Lei 1ª, Tít. VII, Lib. I)), descríbese: Esto es fuero de Castiella que a todo solariego puede tomarle el señor el cuerpo e todo cuanto en el mundo ovier .
- ↑ Libro de las Merindades de Castilla, 1351.
- ↑ Nalgúns manuais ou libros de turismo dise que pertence a Gama. No diccionario de Cantabria citado na bibliografía sitúao na localidade de Bárcena de Cicero.
- ↑ Flavio San Román foi un pintor que naceu o 27 de outubro de 1889 no barrio de Paderne, do pobo de Cicero.
- ↑ Nesta localidade son famosos os bailes con arcos floridos e varas e a actuación do zorromoco, un personaxe tradicional encargado de espantar á chiquillería e de molestar aos danzantes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pedro Arce Díez. Diccionario de Cantabria. Geográfico, histórico, artístico, estadístico y turístico. Editorial Estudio, Santander 2006. ISBN 84-95742-55-1
- Linares Argüelles, Mariano; Pindado Uslé, Jesús; Aedo Pérez, Carlos. Gran enciclopedia de Cantabria. Editorial Cantabria. 1985. ISBN 84-86420-00-8 (Obra completa). ISBN 84-86420-08-3 (Tomo VIII).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bárcena de Cicero |