Saltar ao contido

Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRedondela
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°17′00″N 8°36′00″O / 42.28333, -8.6
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalRedondela Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación28.937 (2023) Editar o valor en Wikidata (557,55 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie51,9 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude17 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónSantiago o Maior Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataDigna Rivas Gómez Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Redondela Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36800 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36045 Editar o valor en Wikidata

Páxina webredondela.gal Editar o valor en Wikidata

Redondela[1] é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán.[2] Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2021 tiña 29.192 habitantes, dos cales 14.150 eran varóns e 15.042 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,31 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situación

[editar | editar a fonte]
Ría de Vigo (illa de San Simón e a ponte de Rande).

O concello (con titularidade de Vila) está emprazado no suroeste de Galicia, na marxe sur da Ría de Vigo, xusto diante da enseada de San Simón, onde se atopa o arquipélago homónimo e desemboca o río Alvedosa, ao que se xunta o Maceiras no centro da vila e o Pexegueiro case na súa desembocadura.

Noroeste: Ría de Vigo Norte: Soutomaior Nordeste: Soutomaior
Oeste: Ría de Vigo Leste: Pazos de Borbén
Suroeste: Vigo Sur: Mos Sueste: Pazos de Borbén

A súa superficie é de 52,1 km², e limita polo norte con Soutomaior, polo leste con Pazos de Borbén, polo sur con Mos e con Vigo e polo oeste coa ría de Vigo, estando dividido en 47 entidades ou núcleos de poboación agrupados en trece parroquias, dúas delas conformando o centro administrativo. A parroquia de Chapela é, xunto coas anteriormente mencionadas, a única de carácter urbano. O resto das parroquias son marcadamente rurais, aínda que o crecemento do centro urbano está a converter estas parroquias en mixtas ou rururbanas. Estas parroquias son Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Cabeiro, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso.

Morfoloxía urbana

[editar | editar a fonte]

A orixe da vila ten lugar sobre dous núcleos de poboación diferenciados. Un primeiro núcleo, o de Vilavella, nacería situado onde actualmente se atopa o convento homónimo. Así, aproveitando as boas condicións agrarias que ofertaba a confluencia dos ríos Alvedosa e Maceiras, así como a localización do núcleo no cruzamento da antiga estrada romana que ía de Tui a Pontevedra, e o camiño a Baiona; nacería o núcleo da Redondela Vella. Séculos máis tarde, arredor do século XIII, xurdiría un segundo núcleo de poboación coñecido como Redondela Nova ou Vilanova arredor da marisma, como pobo maioritariamente pesqueiro, e proba deste feito é a localización neste núcleo da Praza de Abastos, o esteiro de Redondela, a confraría de pescadores e mesmo o porto.[3]

Historicamente e até a creación do Partido Xudicial, Redondela Vella ou Vilavella pertencía ao bispado de Tui, mentres que o resto das parroquias, xunto con Redondela Nova, pertencían ao Arcebispado de Santiago de Compostela.[3]

Cornide Saavedra, na súa Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, definiu Redondela en 1764 coma:[4]

"A dúas leguas de Ponte de San Paio, sobre un pequeno río, está situado o porto de Redondela, no que só poden entrar os barcos de pescadores. A vila está sobre un río pouco máis arriba da barra nun sitio moi delicioso e abundante en todo tipo de froitos. Ten catrocentos veciños entre os que hai algúns morgados de boa e esgrevia nobreza, moitos pescadores matriculados, e algúns menesterais e labregos."

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Lugares de Redondela.

Administrativamente, divídese en 13 parroquias. Santiago de Redondela é a parroquia máis pequena, e onde se localiza a sede municipal. A parroquia máis poboada é Chapela, e a de maior superficie, Reboreda. Á súa vez, cada parroquia divídese en varios núcleos de poboación ou lugares, entidades de poboación menores. En total, posúe 46 entidades menores ou lugares.

# Parroquia Entidades menores (lugares) Superficie[5]
(km²)
Poboación[6]
(hab)
Localización
1 Redondela Redondela (centro urbano). 1,7 7.436
2 Cedeira A Aldea, Fortóns, A Formiga, Eira Pedriña, Cruceiro, A Portela, Rande. 5,8 2.099
3 Cesantes Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto, San Pedro, Illa de San Simón . 12 3.467
4 Negros Fixón, A Igrexa, Negros, Pregal. 2,9 533
5 Cabeiro A Igrexa, Porto Cabeiro. 2 755
6 Chapela Angorén, Cidadelle, A Igrexa, Parada, Laredo - 7.696
7 Trasmañó Cabanas, A Igrexa, Trasmañó. 4,75 1.050
8 O Viso Tuimil, Soutoxuste, Saramagoso, A Nogueira. 5,3 1.521
9 Ventosela Castiñeira, O Vilar do Mato. 4 714
10 Vilar de Infesta A Igrexa, Millarada (aeroporto). - 1.241
11 Saxamonde Os Valos, Casal do Monte, Padrón, O Souto. - 797
12 Quintela A Costela, Quinteiro. 2,5 694
13 Reboreda Asnelle de Abaixo, Asnelle de Arriba, Santo Paio de Abaixo, Santo Paio de Arriba, Quintana. 8 2.231

O clima da vila é de carácter oceánico. Caracterízase por uns invernos suaves e chuviosos e uns veráns calorosos mais non extremos, xa que as temperaturas non adoitan superar os 35 °C.

A vila caracterízase por un clima suave, con escasas xeadas agás nas zonas máis afastadas da costa e elevadas en altitude, variacións térmicas moderadas e con precipitacións elevadas e certa seca estival. Pódese dicir que é un clima oceánico característico das Rías Baixas.

O mar que baña as costas redondelás exerce unha acción suavizante do clima, reducindo a diferenza de temperaturas estivais e invernais.

Aeroporto de Peinador[7] (1972-2000)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura máxima absoluta (°C) 21,0 27,6 28,0 29,6 33,6 38,6 36,6 37,5 36,0 30,0 24,6 23,2
38,6
Temperatura máxima media (°C) 11,6 12,9 15,1 16,1 18,2 22,0 24,3 24,2 22,4 18,5 14,7 12,3
17,7
Temperatura media (°C) 8,3 9,3 10,9 11,9 14,0 17,3 19,4 19,4 18,0 14,6 11,3 9,2
13,6
Temperatura mínima media (°C) 5,0 5,8 6,6 7,7 9,9 12,6 14,6 14,6 13,6 10,8 7,9 6,2
9,6
Temperatura mínima absoluta (°C) -4,0 -5,0 -3,0 -0,2 2,0 4,6 7,6 7,2 5,0 2,0 -0,8 -3,4
-5,0
Precipitacións (mm) 255 219 145 148 141 73 43 40 113 215 228 298
1909
Horas de sol 113 116 176 184 217 269 296 281 205 154 109 90
2212
Humidade relativa media (%) 85 81 76 75 77 74 74 74 78 82 86 86
79
Fonte: AEMET

Orografía

[editar | editar a fonte]
Latitude: 42º 17' 01,6" N
Lonxitude 8º 36' 32,1" O
Altitude sobre o nivel medio do mar: 5 m.

A orografía é bastante irregular por mor da tectónica e por se atopar nunha zona de transición. O relevo alterna elevacións e depresións do terreo, aínda que non existen grandes picos ou montañas debido á grande erosión. Cedeira e Trasmañó son as parroquias con maior altitude media.

Pódese dividir o relevo do concello en tres franxas que o atravesan lonxitudinalmente:[8]

O estreito de Rande e a ponte homónima sobre el.
  • A franxa costeira, segue a liña de costa. A liña costeira é irregular, alternando areais coma os de Cesantes ou Arealonga, en Chapela, con zonas de cantís coma nas inmediacións do Estreito de Rande, na parroquia de Trasmañó.
  • A franxa central, que se atopa no territorio da Depresión Meridiana. Coto Ferreira (449 m) e Pico de San Vicente (448 m) son os lugares de máis altitude nesta franxa, cuxa altitude media abrangue dende os 200 aos 400 m de altitude.
  • A franxa oriental, que é a máis interior e limita cos concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, máis montañosos có de Redondela. Nesta franxa os picos máis altos son, respectivamente, a Poza da Rega (442 m), o Monte Picapedroso (432 m) e o Penedo das Cancelas (382 m).

O monte da Peneda, no Viso, con 329 m de altitude, é unha elevación de terreo que malia non ser das elevacións de maior altitude, eríxese en solitario no medio dun val, sendo distintivo do terreo que o arrodea. Así mesmo, o monte de Baltar ten especial importancia por albergar dende 2008 unha estación meteorolóxica.[9]

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

A rede hidrográfica do concello está formada por pequenos cursos de auga de importancia relativa, xa que se trata de ríos e regatos procedentes dos montes achegados, resultando de cursos fluviais curtos e pouco caudalosos.

Os principais ríos son o río Alvedosa, o Pexegueiro e o Maceiras.

O primeiro deles constitúe o de maior lonxitude e capacidade, e atravesa o centro urbano da vila. Ten unha lonxitude de aproximadamente 12 km e nace no concello limítrofe de Pazos de Borbén, percorrendo ademais as parroquias redondelás de Ventosela e Reboreda.

Fervenza no río Alvedosa, na parroquia de Reboreda.

O segundo río en lonxitude é o Pexegueiro, e é chamado así pola existencia de plantacións de pexegueiros na súa beira. Nace na parroquia do Viso, e percorre a parroquia de Cesantes até desembocar a carón do río Alvedosa, no esteiro de Redondela. Ten unha lonxitude de 6 km.

O terceiro río en importancia é o Maceiras, con 5 km de lonxitude. É tamén un afluente do río Alvedosa, producíndose a unión de ambos cursos fluviais no centro urbano da vila. Ademais, percorre as parroquias de Saxamonde, Negros, Cedeira e Vilar de Infesta, esta última onde ten o seu nacemento. Está dabondo fundamentado que o nome do río remite á existencia de plantacións de maceiras na beira do río.[10] Cada ano celébrase na parroquia de Negros a Festa da mazá de Redondela.

Outros regatos que verten directamente á Ría de Vigo son o Rego das Cabras ou o Rego Fondón. Este último é o cuarto en importancia, e baixa de xeito abrupto dende o monte Penide para desembocar na parroquia de Chapela.

A flora e a fauna fluvial foron alterados por mor da presenza humana, polo que a vexetación autóctona da ribeira quedou seriamente danada, sendo na actualidade meras canles de escoamento con apenas diversidade.[11]

Solo e vexetación

[editar | editar a fonte]

O solo predominante e de tipo granítico, con abundancia de xistos e micas. Xeoloxicamente o territorio redondelán fica englobado no Complexo Cabo Home-A Lanzada[12] , caracterizado pola presenza de metasedimentos que agroman a ámbolos dous lados do Complexo Vigo-Pontevedra. No concello de Redondela é onde esta franxa xeolóxica alcanza a anchura máxima de todo o complexo, abarcando uns 3 km. Dita configuración do solo confírelle a area das praias unhas características diferentes das praias da ría de Vigo, coma as de Vigo ou Cangas, con grans grosos e ben clasificados.

Entre os materiais máis frecuentemente atopados, destacan os granitoides alcalinos, sobre todo os gneis de biotita. A única excepción constitúea a área norte, na que ademais de material granítico, pódense atopar lousas e pedras de gra.

En canto o uso do solo, a maioría desta atópase poboado por árbores e arbustos, agás as zonas urbanas das parroquias de Chapela, Redondela, Cesantes e Reboreda. A vexetación predominante está composta por piñeiros (Pinus pinaster) e eucaliptos (Eucalyptus globulus). Porén, a superficie arbórea é de menos 0,5 hectáreas por habitante. A vexetación autóctona, na súa meirande parte castiñeiros e carballos, atópase relegada á beira dos ríos, onde tamén é común atopar maceiras. Só nalgunhas zonas boscosas da parroquia de Ventosela pódense atopar plantacións autóctonas de carballos e castiñeiros. O resto da vexetación complétana terreos adicados á vide e ao mato.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Datos demográficos
(2000-2010)
Ano Poboación Fogares
1842 7.028 1.559
1887 11.399 3.184
1910 11.985 2.721
1930 14.996 3.434
1950 17.024 4.895
1960 17.206 4.837
1970 22.128 5.264
1981 27.202 6.872
1991 27.751 7.422
2002 29.045 -
2005 29.863 -
2010 30.067 -
2015 29.697 -
2021 29.192 -
Fonte: INE.[13]

En 1969 o concello bateu cifras históricas de natalidade, sendo recoñecida con varios premios provinciais.

No ano 2018 o termo municipal era o cuarto da provincia e o décimo quinto de Galicia en poboación, superando os vinte nove mil habitantes (29.194 a 1 de xaneiro de 2018, fronte a 30.015 en 2012). Deles, a inmensa maioría atópase entre os 15 e os 64 anos. O 14% da poboación ten menos de 15 anos, mentres que arredor do 18% teñen máis de 65 anos.

A parroquia máis populosa sempre foi a de Redondela, que lle dá nome ó municipio, pero nos últimos anos e, axudada pola proximidade con Vigo e o pulo da industria pesqueira (con Pescanova á cabeza), a parroquia de Chapela medrou ata o punto de ser na actualidade a máis poboada das 13 que conforman a localidade. Así, as parroquias máis populosas son as de Chapela (con 7.590 habitantes), Santiago de Redondela (7.381) e Cesantes (3.474).

Ademais destas, existen outras parroquias que superan os mil habitantes, como son Reboreda (2.238), Cedeira (2.023), O Viso (1.507), Vilar de Infesta (1.261) e Trasmañó (1.044).

A densidade de poboación é de 566,32 habitantes por quilómetro cadrado, cifra superior á da provincia de Pontevedra (213) e tamén á de Galicia (94).

A idade media da poboación é de 40 anos, situándose por baixo da media galega, que é de 43 anos.

Censo total (2014) 29.909
Menores de 15 anos 4.129 (13,81 %)
Entre 15 e 64 anos 20.035 (66,99 %)
Maiores de 65 anos 5.745 (19,21 %)

Inmigración

[editar | editar a fonte]
Principais nacionalidades
estranxeiras (2012)[14]
Posición Nacionalidade Poboación
Portugal Portugal 208
Marrocos Marrocos 106
Colombia 62
Romanía Romanía 47
Brasil 36
Uruguai 30
Arxentina 24
Venezuela 20
Italia Italia 19
10ª Chile 18
11ª República Dominicana 17
12ª Francia 16

Dos arredor de 30.000 habitantes que posúe a vila, uns 750 corresponden a poboación de orixe estranxeira. A finais do ano 2012 a poboación foránea era de 745 habitantes, dos cales a meirande parte deles correspondía a cidadáns portugueses (208), dada a proximidade territorial do país veciño, que se atopa a uns 30 km do concello. Logo dos lusos, séguenlle na lista os cidadáns marroquís (106) e colombianos (62). No cómputo global, máis de 50 nacionalidades teñen presenza no padrón redondelán.

Os índices de poboación emigrante roldan o 2,46% da poboación. Isto afástase da media galega, que é do 4%, e tamén da estatal, do 10%. Concellos limítrofes coma o de Vigo (5,75%) ou o de Soutomaior (4,77%) teñen índices de emigración considerabelmente maiores.[15]

No ano 2013, por mor da crise e das dificultades económicas e para procurar emprego, produciuse un éxodo de poboación inmigrante que provocou unha perda de poboación importante, deixando o padrón municipal por baixo do limiar dos 30.000 habitantes.[16]

Evolución da poboación por parroquias

[editar | editar a fonte]

Velaquí unha táboa coa evolución de poboación das parroquias entre os anos 1887 e 1960:

Evolución demográfica
Ano Cabeiro Cedeira Cesantes Chapela Negros Quintela Reboreda Redondela Saxamonde Trasmañó Ventosela Vilar de Infesta O Viso
1887 437 1.202 1.217 1.362 458 325 1.166 3.046 576 588 410 350 1.103
1900 463 1.056 1.175 1.242 418 296 1.062 2.893 503 569 387 392 1032
1910 494 1.170 1.391 1.464 493 332 852 3.362 582 679 413 464 1.200
1920 530 1.401 1.493 2.011 432 429 1.195 3.166 594 805 410 566 1.196
1930 623 1.813 1.855 2.081 557 446 1.286 3.296 720 880 509 683 1.275
1940 694 1.729 2.114 2.884 560 566 1.492 3.363 715 1.097 557 761 1.281
1950 535 1.704 2.061 2.666 626 560 1.569 3.261 736 1.101 542 830 1.395
1960 528 1.792 2.258 3.081 531 565 1.669 2.897 709 935 467 793 1.324
Artigo principal: Historia de Redondela.
Mámoa do Rei, necrópole en Saxamonde.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]

Achados arqueolóxicos amosan presenza humana desde o 3000 a.C. encadrados na denominada cultura megalítica. Os poboados castrexos de Monte do Castro e Castro da Peneda xunto a achados arqueolóxicos, como ferramentas e petróglifos, testemuñan tamén un importante asentamento na zona durante a cultura castrexa. O monte Penide conserva na actualidade máis de 30 mámoas que testemuñan a presenza dunha poboación neolítica no concello, tal e como acontecía no resto de Galicia nese momento.

Da Idade de Bronce consérvanse hoxe en día vestixios coma gravados rupestres e petróglifos, así coma machadas e outros utensilios de bronce, que na actualidade alberga o Museo Provincial de Pontevedra.

Idade Antiga

[editar | editar a fonte]

O Imperio Romano deixou constancia da súa presenza na zona co miliario do "Marco", na parroquia de Vilar da Infesta, e cos restos do miliario de Socalco da Veigadela en Saxamonde, adicado ó emperador Hadriano.

Idade Media

[editar | editar a fonte]

Na idade media e co cristianismo, a vila revitalizouse grazas ao establecemento do Camiño Portugués de Santiago que atravesa a localidade. As illas de San Antón e San Simón foron utilizadas como lugar de acollida de diferentes ordes relixiosas como os beneditinos, os franciscanos e os templarios.

Idade Moderna

[editar | editar a fonte]

A situación da ría, no océano Atlántico e coa cobertura da Ría de Vigo e das illas Cíes, era aproveitada pola Coroa de Castela para desembarcar o ouro procedente das colonias de América. O 23 de outubro de 1702 librouse a Batalla de Rande entre a escuadra castelá-francesa e unha escuadra anglo-holandesa da que saíron vencedores os segundos. Segundo conta a lenda, durante a batalla afundiuse un galeón español cargado de ouro que aínda segue no fondo da ría.[Cómpre referencia]

Idade Contemporánea

[editar | editar a fonte]

Durante a hexemonía de Napoleón Bonaparte, os pobos da ría de Vigo, incluído Redondela, foron invadidos pola armada francesa. No ano 1809 a frota franca asediou a vila dende o mar como represalia pola axuda prestada polos redondeláns á vila de Tui durante un ataque francés.

No século XIX, no auxe da industria ferroviaria, na vila construíronse os dous viadutos que a atravesan. A imaxe que ofreceu a vila coas dúas vías no seu ceo converteuse na súa marca de distinción e hoxe en día ámbolos dous viadutos son símbolo da cidade. Dende entón coñécese a Redondela co alcume da "vila dos viadutos".

Desde 1830 até o 1927 as illas foron utilizadas como leproserías. Desde a guerra civil até 1943 as illas serviron de campo de concentración e exterminio para as persoas contrarias ó réxime franquista.[17][18] Dende entón estiveron en estado de semiabandono até 1999 ano no que foron declaradas Ben de Interese Cultural.[19]

A vila está en pleno auxe demográfico en gran medida alimentado pola proximidade con Vigo e o efecto de cidade satélite que implica. Así, as parroquias redondelás máis achegadas ao centro están a ser copadas por edificacións urbanas, como está a acontecer co barrio dos Eidos, onde se están a construír a estación do AVE así como varias urbanizacións que actúan coma cidade dormitorio de traballadores de Vigo e Pontevedra.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Segundo varios autores, na actual vila os gregos formaron un asentamento coñecido na antigüidade coma Búrbida.[20]

O topónimo vixente de Redondela provén do latín Rotunda (redonda). Este topónimo evolucionou a Retondus en latín vulgar e ulteriormente, coa adición do sufixo diminutivo -ulus, a Retondulus, dando lugar ao topónimo definitivo de Redondela.

Esta denominación estaría sustentada na morfoloxía de crecemento da vila en torno ao mar, así como da situación xeográfica na que se atopa, ao estar formando un meandro semicircular que forma o esteiro de Redondela, na ría de Vigo.

Patrimonio arqueolóxico

[editar | editar a fonte]
Petróglifos en Monte Penide, Negros.

Destaca o complexo funerario arqueolóxico coñecido coma necrópole do Monte Penide,[21] un enorme cemiterio do período neolítico e da idade de bronce, no que se poden encontrar numerosas mámoas e petróglifos, entre os que destaca a Mámoa do Rei.

Tamén se poden encontrar gravados rupestres na parroquia de Ventosela no conxunto da Pedreira, un conxunto de gran relevancia pola abundancia de gravados, o seu tamaño e as escenas ecuestres. É unha das estacións da ruta das Pedras.

No concello encontráronse un total de cinco miliarios, dous na parroquia de Cesantes, un na de Quintela, outro na de Saxamonde e o último na de Vilar de Infesta. A excepción do de Vilar de Infesta atópanse todos no museo de Pontevedra. O miliario de Vilar está no límite con Mos e, aínda hoxe en día, mantén o culto froito da cristianización. Este miliario data do século II e no seu día intentouse trasladar ó Museo de Pontevedra pero os veciños impedírono.

Patrimonio arquitectónico

[editar | editar a fonte]

Os viadutos

[editar | editar a fonte]

A marca característica da vila é o seu ceo presidido por dous grandes viadutos ferroviarios construídos no século XIX: O viaduto de Madrid e o viaduto de Pontevedra. No ano 1978 abriuse un expediente para declaralos Ben de Interese Cultural na categoría de monumento pero aínda non foi resolto.[22] Debido a estas infraestruturas Redondela é coñecida baixo o alcume de "Vila dos viadutos".

O máis antigo é o viaduto de Madrid. A súa construción combinou a técnica vangardista do ferro e a tradicional cantaría dando como resultado unha ponte de ferro sostido por piares de pedra, e foi construído pola empresa francesa Compagnie des Fives Lilles.[23] Rematouse en 1876 e conta con 411 metros de lonxitude incluídos os extremos de acceso. A primeira locomotora cruzou o viaduto o 30 de xuño de 1876. Cóntase que Pedro Floriani, un dos contratistas ou subcontratistas do viaduto tentou suicidarse lanzándose dende el porque non lle pagaron o seu traballo baixo a desculpa de que nunca entraría en servizo porque estaba mal feito. Malferido conseguiu sobrevivir o suficiente como para ver pasar a primeira locomotora. O viaduto deixou de prestar servizo en 1971.

O Viaduto de Pontevedra inaugurouse o 30 de xuño de 1884, pola necesidade de comunicar a liña Ourense-Vigo con Pontevedra. A diferenza do de Madrid, a estrutura está soportada por piares metálicos. Aínda está en servizo.

Capela da Virxe das Neves, no Monte da Peneda, O Viso.

De todas formas é necesario destacar a importancia da igrexa parroquial de Santiago de Redondela e da igrexa barroca de Cedeira.

Convento de Vilavella.

Convento de Vilavella

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Convento de Vilavella.

O conxunto arquitectónico do convento de Vilavella está situado nesta parroquia, cerca do centro de Redondela. Foi fundado no 1501 e estivo ocupado polas monxas de San Lourenzo Xustiniano. Está formado por un convento, unha igrexa e un cruceiro, que se atopan na entrada sur do casco urbano da cidade, a carón da N-550 procedente do Porriño.[26]

A orde abandonou o convento no ano 1931, e até o ano 2003 permaneceu baleiro. Foi nese ano cando comezou a funcionar como restaurante e salón de vodas.

Peto de ánimas en Cesantes.

Outros elementos relixiosos

[editar | editar a fonte]

Abundan elementos patrimoniais de carácter relixioso de gran valor como son os cruceiros e os petos de ánimas. Por todo o concello pódense observar cruceiros de pedra asociados a ritos relixiosos e lendas.

Tamén hai varios petos de ánimas, elementos funerarios de culto aos mortos. Moitos destes petos de ánimas aínda conservan o seu carácter máis relixioso e se lle rende culto. Estes monumentos teñen tres partes fundamentais: o pedestal, o retablo e a cruz.

Pazo do Pousadouro.
HAGO SABER: Yo, el alcalde de esta real villa; tierra de pazos y conventos; de preclaros frailes y santas monjas; de nobles señores y viejos hidalgos; de curtidos marineros y hábiles artesanos; de poetas, de pintores, de músicos y liberales...
Bando do alcalde Pedro Otero Rey nas Festas da Coca de 1974.[27]
Unha das almenaras do pazo de Torres Agrelo.
  • Casa de Carballo en Redondela
  • Pazo de Reboreda: unha casa do século XVII, anexa á igrexa parroquial de Reboreda. Ámbalas dúas construcións están comunicadas por unha pasaxe elevada.
  • Casa dos Queimaliños ou dos Pregos Montaos en Redondela. Sitúase no centro da vila, na rúa Isidoro Queimaliños á que dá nome. Nela morou o propio Isidoro Queimaliños.
  • Casa Reitoral do Viso
  • Casa da Torre: edificio renacentista no centro da vila, a carón do río Alvedosa. Foi fundada pola familia Prego de Montaos no século XVI. Foi a sede municipal antes de situarse a casa do concello onde está na actualidade. Emprégase como albergue de peregrinos do Camiño portugués de Santiago.
  • Pazo de Torre-Cedeira ou O Corredor: na parroquia de Cedeira, do século XVII. O parque ten unhas 10 hectáreas, cinco delas dentro da muralla. Era propiedade da familia Pestaña Chamucero.
Fachada da Casa da Torre.

Patrimonio natural

[editar | editar a fonte]

Rutas de sendeirismo

[editar | editar a fonte]

O concello, pola súa situación e características, reúne as condicións propicias para a práctica do sendeirismo e dos deportes como a BTT ou os paseos a cabalo. Polo concello atravesan até tres rutas de gran percorrido, os coñecidos como G.R., ademais doutros dous de carácter local se ben están en proceso de homologación. O máis coñecido é o Sendeiro das Greas, que no tramo do concello de Redondela coincide co Sendeiro Rural de Galicia. G.R. 94. O outro sendeiro de gran percorrido é o Camiño da Franqueira que actualmente está en proceso de rehabilitación.

Ademais polo municipio pasa o Camiño Portugués a Santiago, que propiamente non se trata dunha ruta sendeirista pero que presenta unhas características similares, á parte de presentar unha gran riqueza patrimonial e arquitectónica.

Tamén hai dúas rutas de carácter local como a coñecida como Senda da Auga, que vai polos tramos utilizados para levar a auga a Vigo e que se rehabilitou recentemente con fondos europeos e o traballo das Comunidades de Montes. Tanto o Camiño de Santiago como esta Ruta da Auga quedarán baixo un Polígono Industrial que auspiciado pola Consellería de Vivenda e co consentimento do Concello asolará unha paraxe de alto valor natural, ecolóxico, paisaxístico e social coma é a zona do Chan das Pipas, en contra da oposición da totalidade dos veciños do lugar [Cómpre referencia].

Na parroquia de San Martiño de Ventosela fica encrvada a coñecida como ruta das Pedras.

Illas de San Simón e Santo Antón.
Enseada de San Simón dende Soutoxuste.
Punta da Praia, na Praia de Cesantes.

Espazos naturais

[editar | editar a fonte]

Redondela ten múltiples lugares co encanto labrado co paso dos anos. Entre os distintos lugares de interese hai que destacar os seguintes polo seu valor histórico, paisaxístico e medioambiental.

Illa de San Simón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Illa de San Simón.

O arquipélago de San Simón, pertencente á parroquia de Cesantes, está formado pola illa do mesmo nome e a illa de Santo Antón, ámbalas dúas unidas por unha ponte.

San Simón foi un antigo centro monástico saqueado por piratas ingleses e entre outros destinos foi utilizada como leprosería e tamén como campo de concentración durante a guerra civil.

O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999[28], e dende o ano 2011 celébrase na illa o Festival Sinsal Audio.

Enseada de San Simón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Enseada de San Simón.

A enseada de San Simón está situada na Ría de Vigo, unha das rías pertencentes ás Rías Baixas de Galicia. Está situada cara ao final da Ría de Vigo, comezando no estreito de Rande. Baña os concellos de Redondela, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra. De norte a sur mide 7 quilómetros de longo e está incluída no programa da Rede Natura 2000.

Restos da muralla do monte da Peneda.

Monte da Peneda

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Monte da Peneda.

O monte da Peneda é un dos emblemas da Redondela rural, que se atopa na parroquia do Viso, e dende o cal se pode observar a Ría de Vigo. Comezou sendo un asentamento castrexo, e proba diso son os restos dos muros exteriores que na actualidade se conservan.

Pola súa situación estratéxica e xeográfica, xa que se atopa preto do castelo de Soutomaior, o monte pertenceu a Pedro Madruga, famoso por facer fronte ao centralismo dos Reis Católicos. Tamén se construíron varios castelos medievais, posteriormente asolados en diferentes conflitos.

Un dos máis coñecidos elementos deste monte é a aínda en pé Ermida da Peneda, construída arredor do século XVIII, e que até o de agora foi escenario de numerosas romarías e festas. Ademais da ermida, o cumio do monte conta cun miradoiro dende o cal é posíbel ver os arredores da parroquia e ata as Illas Cíes.

Catarata sobre o río Alvedosa.

Nos quince quilómetros de costa[Cómpre referencia] hai sete praias: A Punta-Cesantes, Arealonga, Cabanas, O Cabo, Penedos, Rande e Soutoxuste.[29]

  • Praia de Cesantes: situada na parroquia homónima, é a máis longa do concello, destacando a zona coñecida como "A Punta", que conta cun paseo marítimo, un parque para nenos, un gran areal e numerosos locais e bares próximos. Tamén conta cun cámping sendo a máis turística do concello. É unha praia situada na Enseada de San Simón e o seu areal esténdese ata case tocar a illa. Polas súas particulares características está especialmente indicada para a realización de deportes náuticos, como o windsurf.
  • Praia de Arealonga: situada na parroquia de Chapela, posúe un parque para cativos, pero o que destaca desta praia é o paseo marítimo construído recentemente. Nesta zona atópanse varios bares e restaurantes especializados en pratos típicos da ría.
  • Praia Cabanas: situada na parroquia de Trasmañó, baixo a Ponte de Rande. É un pequeno areal ao que se accede cruzando as vías do tren. Cando a marea está alta desaparece para deixar soamente rocas.
Praias


Arealonga (esquerda), Rande (dereita) e Cesantes (abaixo).
Parroquia Nome Extensión
km
Cesantes Praia de Cesantes 2,4
Chapela Praia de Arealonga 0,15
Trasmañó Praia de Cabanas 0,1
Cedeira Praia de Rande
Cesantes Praia do Cabo
Trasmañó Praia de Penedos
O Viso Praia de Soutoxuste

Festivais

[editar | editar a fonte]
Festival Internacional de Títeres

O Festival Internacional de Títeres de Redondela é un festival cultural de arte, música e titiriteiros que se celebra dende o ano 2000. O evento, organizado pola Concellaría de Cultura e pola Asociación Xente Titiriteira, vénse celebrando a finais do mes de maio nas prazas e parques do centro da vila. Dende a súa primeira edición, tiveron actuado compañías de diferentes países de todo o mundo, como Reino Unido, Bulgaria, Arxentina, Portugal ou Rusia, entre outros.[30] Na edición do 2012 superáronse os 30.000 asistentes.[31]

Sinsal Audio

O Festival Sinsal é un festival de música alternativa, experimental e minimalista, entre outros estilos, que se celebra en diversos lugares da xeografía galega, entre eles a Illa de San Simón. A súa característica máis peculiar é que non ten cartel, isto é, que as bandas que actúan no festival non se coñecen por adiantado senón unha vez os asistentes estean no lugar. Dende a súa primeira edición reuniu a bandas coma Alt-J, Triángulo de Amor Bizarro, Unicornibot, Maïa Vidal, Jane Joyd, Alela Diane, Christian Kjellvander, Nite Jewel ou Das Kapital, entre outras.

Outros festivais
  • Redondela en Curto. Festival Internacional de Curtametraxes.
  • Teatrarte. Festival de Teatro
  • Noites Máxicas dos Viadutos. Programa de concertos e espectáculos culturais para as noites das fins de semana de verán.
  • Entroido de Verán. Entroido celebrado a penúltima fin de semana de agosto. Celébrase dende 1997 e conta cun programa de concertos e un concurso de drag queens. Polo festival pasaron artistas como King África, Georgie Dann ou Los Inhumanos.
  • Noite da Lúa Meiga. Festival de música folk e música tradicional galega, celebrado o último sábado de agosto. Celébrase na parroquia redondelá do Viso.[32]
  • Arte lixo. É un evento cultural que se celebra na vila durante os últimos días de agosto e os primeiros de setembro. Inclúe varios eventos como Arte lixo, unha exposición de esculturas na rúa feitas con materiais reutilizados; Videolixo, unha mostra de curtametraxes que integran dende vídeos feitos por afeccionados da vila, até curtametraxes profesionais procedentes de todo o mundo; Obralixo e Mercalixo, eventos que promoven a reciclaxe de materiais, que pretende darlle unha nova oportunidade aos refugallos; e o festival Lixorrock de música rock, celebrado en espazo aberto, coa peculiaridade de dar voz a bandas non profesionais.
  • Arde Rande, festival de música rock que se celebra dende o ano 2007 baixo a Ponte de Rande, na parroquia de Trasmañó.
  • Festival Millo Verde, en Reboreda.

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]
A Coca polas rúas na Festa da Coca.
Baile das Penlas, unha parte da celebración da Festa da Coca.
Monicreques.
Escultura na rúa, en Arte lixo.
Artigo principal: Festas de Redondela.
Festa da Coca

A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar o día do Corpus Christi. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en 2001.

Festas gastronómicas

En Redondela destacan principalmente catro festas gastronómicas, nas que se degustan os produtos típicos da festa, ademais de celebrarse concursos gastronómicos.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

A gastronomía redondelá está subordinada á súa situación xeográfica a carón do mar. Así, os produtos máis representativos do concello son alimentos mariñeiros, coma polbos, sardiñas, bonito, bacallau, mexillón e o choco. Este último é o produto máis representativo, e ten unha festa propia, a Festa do choco, celebrada en Redondela a primeira semana de maio.

Outros produtos cárnicos coma os chourizos, o cordeiro ou o cocido son tamén típicos.

[editar | editar a fonte]
  • Gaiteiro de Redondela,/ ofrecícheme unha tunda/ e agora veño por ela [33].
  • Ofrecécheme unha tunda,/ choqueira de Redondela,/ ofrecécheme unha tunda,/ agora veño por ela [34].
  • Para peixe fresco Vigo,/ para chocos, Redondela, / para camaróns Moaña,/ para marisco Cedeira.
  • Vexo Vigo, vexo Cangas,/ tamén vexo Redondela;/ vexo a ponte de Sampaio,/ camiño da miña terra [35].

Medios de comunicación

[editar | editar a fonte]
Casa da Cultura, sede de Radio Redondela.

Redondela ten unha tradición de diferentes xornais que se remonta ao ano 1883. Entre ese ano e a Segunda República Española editáronse un bo número de publicacións, onde esporadicamente a intelectualidade xurdiu dando forma, neste caso escrita, aos diferentes acontecementos político-sociais. De feito foi a República a que no seu conxunto deu un cambio de rumbo cara ós avances sociais apoiando toda clase de medios de comunicación.[36]

Faro de Vigo, en Chapela.
  • El Eco de Redondela (1883): os seus redactores eran Jacinto Mos, Manuel Mos e Juan Otero Milleiro. Administrador: Pedro Otero.
  • El Alvedosa (1884): os seus redactores foron Juan José Crespo, Antonio Orellana, Fernando Alfaya Pérez e Ramón Lorenzo.
  • La Voz del Pueblo (1892): redactores: Buenhijo Pérez Sobrino, propietario da primeira imprenta que houbo en Redondela.
  • La Propaganda (1894): redactores: Antonio Orellana, Pedro Fontela, Felipe Cordero e Buenhijo Pérez Sobrino. O seu director foi Fernando González.
  • El Pueblo (1895): redactores: José da Cal, Antonio Otero, Juan Otero Milleiro, Buenhijo Pérez Sobrino, Serafín Reboredo, Ramón Ancoechea, Fernando González. Administrador: Serafín Rebolledo Blanco.
  • La Verdad (1895): redactores: Isidoro Queimaliños e Amador Pérez Sobrino.
  • El Progreso (1898).
  • La Idea (1901): redactores: Manuel Amoedo Seoane, Juan Amoedo Seoane, Manuel Cacheiro, Claudio Contreras, Juan Otero Milleiro, Antonio Garrido. Director: Buenhijo Pérez Sobrino.
  • El Contribuyente (1902): redactores: Juan Otero Milleiro, Antonio Garrido. Director: Alejo Real Soto.
  • Nueva Gente (1906): redactores: Antonio Orellana e Telmo Bernárdez.
  • La Opinión (1909): redactores: Juan Amoedo, Antonio Orellana, Telmo Bernárdez, Claudio Contreras. Director: Heliodoro Rivas.
  • La Cigarra (1912): revista literaria.
  • La Razón (1918).
  • Pimienta y Mostaza (1920): dirixido por Fernando González.
  • Ecos del Distrito (1921): foi o sucesor de Pimienta y Mostaza, co mesmo director.
  • Tramancazos (1923): redactores: Rogelio Rivero, Mario Canda e outros que asinaban con pseudónimo, como "Mexete", "Ante-eo", "Xan dos Zocos", "O Demo d`os Tras", "Choco", "Cantiño". Director: Amador Pérez Sousa.
  • El Soplete (1931): redactores: Generoso Muiños Blanco, Antonio Criado, Luís Míguez Extremadouro, Antonio Extremadouro. Director: Amador Pérez Sousa. Este xornal xorde combinando galego e castelán. Vincúlase presuntamente ó Partido Radical. O seu carácter é particularmente político, deixa notar unha postura de apoio incondicional á República, pero tamén denota certa crítica desta. Redáctanse artigos en pro do estatuto galego, apoiando a autonomía de Galicia.
  • Terra!: Era o voceiro do Grupo Galeguista de Redondela. O primeiro número saíu o 16 de abril de 1933, publicándose os primeiros e terceiros domingos de mes. O seu presidente era Francisco Pereira Fernández e tiña como colaboradores a Xosé Mª Blanco Alfaya e Avelino Cal, que tamén era director. Foi a única publicación, realizada en Redondela, escrita integramente en galego, contendo algúns artigos e noticias redactados por personaxes do talle de Castelao ou Paz Andrade. Custaba 25 céntimos ó mes. Tiña catro páxinas e cinco columnas.
  • Radio Redondela
  • Redondela TV

Antes da Sublevación do 18 de xullo de 1936 xa se deixara de publicar periódicos.

Na parroquia de Chapela está a sede, redacción e factoría de Faro de Vigo, xornal decano de España e un dos de máis tirada de Galicia.

Símbolos

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Escudo de Redondela.
Artigo principal: Bandeira de Redondela.

A bandeira non foi aprobada[37] segundo o Decreto 258/1992, do 10 de setembro, polo que se regula o procedemento e normas heráldicas para a adopción, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais.[38]

O escudo foi aprobado en outubro de 2014.[39]

De azur (azul), a letra R de ouro (amarelo), posta no centro, e acompañada de tres vieiras, tamén de ouro, dúas no xefe e unha na punta. Ao timbre, coroa real pechada.

Economía

[editar | editar a fonte]

Sectores produtivos

[editar | editar a fonte]

O concello está situado de xeito estratéxico equidistante entre Vigo e Pontevedra, e considérase unha localidade da Área Metropolitana de Vigo.

Historicamente, a agricultura e a pesca foron os sectores con máis peso. A industrialización trouxo consigo a proliferación da industria conserveira e as primeiras fábricas de salga e conserva de peixe. Coa chegada do ferrocarril e a construción dos viadutos de Madrid e Pontevedra a finais da década dos setenta, o desenvolvemento económico comeza a fraguar na vila.

Agricultura e pesca

[editar | editar a fonte]
Porto de Cesantes.

Ao se tratar dunha vila tradicionalmente mariñeira, dentro do sector primario a pesca ten un peso relativo maior que a agricultura. A maioría do sector pesqueiro adícase á pesca de baixura e ao marisqueo. A confraría de pescadores de San Xoán de Redondela é o organismo regulador desta actividade, e conta nas súas estatísticas máis de 600 traballadores, máis do 60% mariscadoras. O concello conta cunha lonxa situada no porto de Cesantes.

A actividade agraria constitúe a segunda en importancia trala pesqueira. A meirande parte destas explotacións son policultivos de carácter de subsistencia, ao seren de pequeno tamaño e orientadas ao consumo doméstico. A actividade gandeira é tamén discreta, e o 75% das cabezas de gando corresponden ás especies avícola, bovina e ovina.

Por último, a actividade forestal completa o sector primario. O 31% da superficie municipal está poboada por árbores, e a maioría deles pertencen a comunidades de montes.

Industria

[editar | editar a fonte]
Factoría de Pescanova en Chapela.
Actividade industrial
(ano 2003)
Tipo Porcentaxe
Alimentaria 12,6%
Téxtil 33,1%
Madeira 8,6%
Papel 8,0%
Caucho e plásticos 5,3%
Metalurxia 18,3%
Maquinaria mecánica 5,3%
Automoción 8,0%
Material eléctrico 1,2%
Fonte: IGE.[40]

A principal actividade industrial é a industria téxtil e da confección, seguida da industria do metal e a alimentaria. A maioría das realidades empresariais redondelás constitúense coma sociedades limitadas (SL), e case o 90% delas son pequenas empresas de menos de 9 empregados.[41] As empresas multinacionais ocupan un espazo residual na actividade económica local. As únicas excepcións poderían ser a empresa Pescanova, coa súa sede en Chapela e a conserveira Coca.

A tradición da industria téxtil redondelá vén de lonxe. A xa desaparecida empresa José Regojo, creada polo empresario do mesmo nome, foi un referente nacional nese eido, e durante décadas foi unha importante fonte de ocupación e de ingresos entre a poboación da vila. Unha das súas fundadoras, Pilar Regojo, impulsou o proxecto de Aldeas Infantiles.

Malia se atopar relegada a un segundo chanzo por mor da proximidade de localidades turísticas moito máis consolidadas, coma Vigo, Cangas, Sanxenxo, Pontevedra ou Baiona, a vila está a experimentar un incremento no sector turístico nos últimos anos. Así, predomina o turismo diúrno ou de excursión sobre a ocupación hoteleira e as pernoctacións.[Cómpre referencia]

O feito de presentar varios areais grandes, unha abondosa oferta de festas gastronómicas, como a festa do Choco (declarada Festa de interese turístico de Galicia), e a gran presenza de elementos arquitectónicos (a necrópole de Monte Penide, o patrimonio relixioso, o convento de Vilavella ou o Pazo de Torres Agrelo, entre outros), contribúen ao desenvolvemento do turismo local. Mais sen dúbida o lugar que máis visitantes recibe é a Illa de San Simón.

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]
Autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela.
Fachada da estación de FFCC de Redondela.
Porto deportivo de Chapela.

Infraestruturas de transporte

[editar | editar a fonte]
Estradas

A autoestrada de pago AP-9, que une Vigo con Ferrol, atravesa o termo municipal de Redondela, dende a fronteira co concello de Vigo, na parroquia de Chapela até a ponte de Rande, que cruza a ría. Na Avenida de Redondela, que atravesa a área interior de Chapela, hai unha entrada cara á autoestrada, e na parroquia de Trasmañó, xusto antes da ponte, hai unha saída e unha incorporación.

O municipio está comunicado mediante varias estradas dependentes do Estado español: a N-550, a N-555 e a N-558. A N-558 parte do centro de Redondela e remata en Vigo; nos seus primeiros tramos, circula pola liña costeira, mentres que nos últimos fica paralela á autoestrada AP-9. A N-550 percorre o concello de norte a sur, e atravesa o centro. Comunica as parroquias do Viso e Saxamonde. Por último, a N-555 percorre as parroquias de Quintela, Negros e Vilar de Infesta, até chegar ao aeroporto de Peinador.

Amais das estradas nacionais, o concello posúe unha estrada provincial, a PO-250, que comunica o centro da vila co concello limítrofe de Pazos de Borbén.

Ferrocarril

O núcleo urbano redondelán ten unha importancia relevante ao ser o lugar de unión das vías férreas procedentes do eixo norte-sur galego (liña Vigo-Santiago-A Coruña) e mais das vías férreas procedentes de Ourense e do resto da península. Así, a Estación de Redondela é unha estación de paso obrigatorio para a meirande parte dos convois que circulan en Galicia.

Ademais da estación de Redondela (que oficialmente se coñeceu coma Redondela de Galicia até 2013), o concello conta con outras tres estacións ou apeadoiros: a estación de Cesantes, un apeadoiro na parroquia homónima; a estación de Redondela-Picota, un pequeno apeadoiro sito no centro urbano da vila; a estación de Chapela, sita no casco urbano de Chapela; e dende o ano 2015 está en funcionamento a estación de Redondela AV.

Media Distancia
1 A Coruña – Redondela - Vigo
2 Vigo – Redondela - Monforte de Lemos
2 Vigo – Redondela - Tui/Porto
Longa Distancia
Arco Camiño de Santiago Vigo/A Coruña – Redondela - Irún/Bilbao
Trenhotel Galicia Vigo/A Coruña – Redondela - Barcelona
Alvia Vigo – Redondela - Monforte de Lemos
Talgo/Altaria Vigo/A Coruña – Redondela - Barcelona
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín – Redondela - A Coruña/Vigo/Pontevedra
Autobús

A parroquia de Chapela benefíciase da súa situación xeográfica limítrofe con Vigo, xa que unha das súas liñas regulares, a liña C3, ou Circular 3 do transporte urbano de Vigo Vitrasa, comunica a cidade olívica coa parroquia de Chapela dando servizo nas dúas avenidas principais: Avenida de Vigo e Avenida de Redondela. Ambas as dúas avenidas comunícanse no Alto da Encarnación, que é á vez unha das paradas terminais da liña circular.

A vila de Redondela tamén conta con buses que a conectan coa cidade de Vigo grazas a unha concesión da empresa Autos González.

Infraestruturas portuarias

[editar | editar a fonte]
Instalacións do Porto de Cesantes.

A vila ten dous portos recreativos e un porto pesqueiro. Este último, o porto de Cesantes, está situado na parroquia que leva o mesmo nome, e conta cunha lonxa de venda de peixe e marisco. Ademais, existen outros dous portos deportivos en Cesantes e Chapela. O porto deportivo de Cesantes atópase a carón do porto pesqueiro, e pertence ao Club Náutico Illa de San Simón. Conta con 210 amarres.[42] O porto deportivo de Chapela atópase na praia de Arealonga.

Infraestrutura aeroportuaria

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Aeroporto de Peinador.
Pistas de aterraxe do Aeroporto de Peinador.

O aeroporto de Vigo, ou aeroporto de Peinador, é o aeroporto máis achegado á vila, e mesmo unha parte das infraestruturas deste están localizadas en terreos do concello. De feito, o aeroporto de Vigo atópase sito en terreos pertencentes a tres concellos: o de Vigo, o de Mos e o propio redondelán. A terminal aeroportuaria atópase a 8 km do centro de Vigo, e a 8,7 km do centro de Redondela, e a parte norte das pistas de aterraxe atópanse situadas na parroquia redondelá de Vilar de Infesta.

A xestión do aeroporto corresponde á empresa AENA, e oferta voos regulares a cidades coma Barcelona, Madrid, Bilbao e París e ás Illas Canarias. Por número de pasaxeiros, voos e transporte de mercadorías, é o segundo aeroporto galego por detrás do Aeroporto da Lavacolla, en Santiago de Compostela e por diante do Aeroporto de Alvedro, na Coruña.

Recibe o seu nome do lugar de Peinador, na parroquia viguesa de Cabral.

Os aeroportos máis achegados son os de Lavacolla (79 km) e Sá Carneiro, no Porto (109 km).

Infraestruturas industriais

[editar | editar a fonte]

Redondela posúe un parque empresarial nos terreos de Vilar de Infesta, que xunto con terreos do concello de Mos forma o Parque Empresarial de Mos-Redondela.

Está situado nun lugar estratéxico por mor da súa proximidade ao Aeroporto de Vigo, situado a 4 km. Ademais, fica a 16 km de Vigo e 35 km de Pontevedra. Ten unha superficie de 761.670,26 m2 e dispón de máis de 200 parcelas.[43] A empresa xestora e promotora é Xestur.

Infraestruturas turísticas

[editar | editar a fonte]

En 2011 o concello tiña, entre outros servizos turísticos, unha oficina de información na Alameda, dous hoteis, catro hostais, un cámping, 36 restaurantes e 139 establecementos de bebidas.[44]

Servizos públicos

[editar | editar a fonte]
IES Mendinho, na Avenida de Mendiño.

Educación

[editar | editar a fonte]

A oferta educativa para o curso escolar 2013/2014 inclúe un total de 20 centros dos cales 19 eran públicos e un privado, contando así con 221 aulas para escolarizar a máis de 4.000 alumnos. De todos eles, 7 están localizados na parroquia de Redondela, 4 en Chapela e 2 en Cesantes e en Cedeira. Nesta última parroquia atópase o único centro privado, o CPR Vigo. O resto das parroquias posúen un centro educativo cada unha.

Non hai ningún centro que ofreza ensinos universitarios superiores.

Por niveis educativos, ditos centros son:[45]

  • Educación secundaria obrigatoria e post-obrigatoria:
  • Educación infantil e primaria:
    • CEIP de Cedeira, en Cedeira.
    • CEIP Santo Paio de Abaixo, en Reboreda.
    • CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas, en Cesantes.
    • CEIP Quintela, en Quintela.
    • CEIP Laredo, en Chapela.
    • CEIP da Igrexa-Chapela, en Chapela.
    • CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, en Chapela.
    • CEP de Santa Mariña, en Redondela.
    • CEIP de Porto Cabeiro, en Cabeiro.
  • Educación infantil:
    • EEI de Ventosela, en Ventosela.
    • EEI A Marisma, en Redondela
    • EEI de San Pedro de Cesantes, en Cesantes.
  • Privados:
    • CPR Plurilingüe Vigo, en Cedeira.
  • Escolas de música:
    • ESMU Municipal de Redondela
    • CMUS Profesional de Redondela
Centro de saúde de Redondela.

O concello conta con dous centros de saúde de titularidade pública, un na parroquia de Redondela[46] e outro na parroquia de Chapela.[47]

Prestan asistencia sanitaria primaria, con medicina xeral, pediatría, matronas, asistencia social e enfermaría. Os servizos hospitalarios son prestados polos hospitais de Vigo, xa que pertencen a esta Área de Saúde.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]

Goberno municipal

[editar | editar a fonte]
Fachada da casa do Concello, vista dende a Alameda.

Redondela caracterízase por ter un amplo pluripartidismo e unha gran cantidade de movementos cidadás e agrupacións veciñais. Desde xuño de 2019 goberna o PSdeG, sendo Digna Rivas a primeira rexedora do municipio.

Nos primeiros comicios locais da democracia no ano 1979, Xaime Rei Barreiro alcanzou a alcaldía encabezando a candidatura de Unidade Galega.[48] Nos seguintes comicios, no ano 1983, tórnase a presentar coma candidato, desta vez dentro do PSdeG-PSOE, e volve a gañar as eleccións, repetindo lexislatura como alcalde. Nas vindeiras eleccións de 1987 e 1991 torna a conseguir a maioría absoluta, gobernando por terceira e cuarta vez como alcalde. Porén, nas nas eleccións de 1995 só foi quen de alcanzar unha maioría simple. Iso permitiulle a Amado Ricón, o candidato do Partido Popular presentar unha moción de censura en 1996 e retiralo da alcaldía. Porén regresou a ela nas eleccións de 1999, e revalidou a alcaldía tamén nas eleccións de 2003 e nas eleccións de 2007, e só foi derrotado electoralmente nos comicios de 2011, co que deu paso a un goberno do Partido Popular.

Así, no ano 2011 prodúcese o cambio de goberno. O PPdG alcanzou os dez deputados e Javier Bas fíxose coa alcaldía. Neses mesmos comicios, o PSdeG mantivo os oito deputados que tiña dende os últimos comicios, e o BNG alcanzou os dous edís, perdendo un respecto ao 2007. Nesas eleccións tamén entrou por vez primeira no concello o movemento veciñal AER (Agrupación de Electores de Redondela).

O PG, partido no que ficou integrada a formación liderada por Alejandro Bastos Redondeláns Adiante, quedou sen representación.

Partido Votos Porcentaxe Concelleiros
Partido Popular 6.029 37,32% 9
Partido Socialista de Galicia 5.256 32,53% 7
Agrupación de Electores de Redondela 2.164 13,4% 3
Bloque Nacionalista Galego 1.325 8,2% 2

Nas eleccións municipais de 2019 o PPdG foi o partido máis votado.[49] Tras un pacto de goberno entre o PSdeG e a Agrupación de Electores de Redondela, Digna Rivas accedeu á alcaldía.[50]

Inicio Titular Notas
Segunda República
1931 Pedro Otero Sestelo Agrarista
1932 Florencio Soto López
1933 Serafín Alonso Veiga Nomeado por unha comisión xestora. Ese ano abandona a alcaldía por unha denuncia por irregularidades na creación da comisión.
1933 Joaquín Pais Llorens Tras a dimisión do anterior alcalde, ocupa o cargo de xeito provisional até ás novas eleccións municipais.
1933 Manuel Joaquín Martínez Vidal Alcalde provisional tras as eleccións.
1933 Serafín Dacosta Pazo Nomeado por unha comisión xestora. Foi destituído ese mesmo ano.
1934 Buenhijo Pérez Sobrino Nomeado por unha comisión xestora.
1936 Manuel Florentino Pereira Míguez Nomeado por unha comisión xestora.
1936 Serafín Dacosta Pazo Trala vitoria da Frente Popular nas eleccións xerais, torna a ocupar a alcaldía.
Franquismo
1936 Heliodoro Rivas Rivas
1936 Francisco Cunqueiro Montenegro
1936 José María Izarzugaza de Velasco
1936 Cándido Martínez Esteiro
1936 Juan Muíños Iglesias Falanxista
1943 Raúl Carlos Gunche López
1948 Ulpiano Rodríguez Villarino
1949 Francisco Cunqueiro Montenegro
1951 Juan Muíños Iglesias Falanxista
1966 Pedro Otero Rey
19- Amado González Cardama

Dende a proclamación do sistema democrático en 1978, Redondela foi gobernada por catro alcaldes. O primeiro alcalde após a Ditadura Franquista foi Xaime Rei.

Restauración democrática
Inicio Titular Notas
1976 Xaime Rei Partido Socialista (PSdeG). Accedeu á alcaldía após gañar as eleccións municipais dese ano.
1996 Amado Ricón Partido Popular (PPdeG). Accedeu á alcaldía após unha moción de censura contra o anterior alcalde.
1999 Xaime Rei Partido Socialista (PSdeG). Accedeu á alcaldía após gañar as eleccións municipais dese ano.
2011 Javier Bas Partido Popular (PPdeG). Accedeu á alcaldía após gañar as eleccións municipais dese ano.
2019 Digna Rivas Partido Socialista (PSdeG). Accedeu á alcaldía despois dun pacto de goberno en coalición coa Agrupación de Electores de Redondela.

Movementos veciñais

[editar | editar a fonte]

A vila conta con numerosas asociacións veciñais. Entre elas, destaca a Liga Veciñal de Redondela. Esta asociación pediu nas eleccións do ano 2007 o voto nulo, por considerar que ningunha das formacións políticas do abano local representaba os intereses dos redondeláns.[51][52] A campaña foi un éxito, e nesas eleccións rexistráronse 1.544 votos nulos, fronte aos 138 votos nulos rexistrados nas eleccións do ano 2003 ou os 1.591 votos do Partido Galeguista, que conseguira dous escanos. Este movemento tivo como consecuencia indirecta a exclusión de varios partidos do concello, como Esquerda Unida (632) ou Terra Galega (589 votos).

Sede do Partido Xudicial de Redondela.

O Partido Xudicial de Redondela comprende, ademais, os concellos limítrofes de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Soutomaior. Así, este partido xudicial abrangue unha poboación de dereito de 40.766 habitantes.[53]

Mapa xudicial da provincia de Pontevedra. En gris o Partido Xudicial de Redondela.

O partido xudicial forma parte dos 45 partidos xudiciais nos que se divide Galicia, sendo o número 10 da provincia de Pontevedra. A cabeza do partido e polo tanto a sede das institucións xudiciais é Redondela. A dirección do partido sitúase na rúa Xunqueira da localidade, e conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución.

No ano 2012 o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) propuxo reducir de 13 a 5 os partidos xudiciais existentes na provincia, co fin de modernizar o sistema xudicial do país e rematar cunha estruturación xurídica decimonónica. Así as cousas, con esta nova modificación o de Redondela ficaría integrado no de Vigo.[54]

O Partido Xudicial conta con dous xuíces, establecendo unha razón dun xuíz por cada 20 383 habitantes (2004), en contraste co ano 1994 cando contaba cun xuíz por cada 40.110 habitantes.

Plano urbanístico

[editar | editar a fonte]

En febreiro do ano 2002 foi aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Porén, e a falta da súa aplicación, fica vixente a lexislación das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal desde o ano 1988.[55]

No ano 2012, a empresa redactora do PXOM rescindiu o seu contrato, producíndose un estancamento na aplicación do plan perante as queixas de numerosas asociacións veciñais e de empresarios.[56]

Estadio de Santa Mariña, onde xoga os seus partidos como local o Club Deportivo Choco.

Deportivamente a vila destaca pola práctica do balonmán, sendo o club máis importante o Club Balonmano Chapela, que militou catro tempadas na Liga ASOBAL entre as tempadas 1996-97 e a 1999-00, conseguindo un sétimo posto como mellor rexistro na súa segunda tempada na elite do balonmán español. Actualmente compite na segunda categoría estatal, a División de Honra Prata e se encontra no 29° posto na clasificación histórica da Liga ASOBAL. Tamén destaca nesta modalidade a Sociedade Atlética Redondela (SAR), que chegou a militar na segunda categoría do balonmán español (División de Honra Prata) e que na actualidade o fai na terceira categoría (Primeira Estatal).

Outra modalidade deportiva de gran tradición é o remo, sendo o club máis destacado o Club de Remo Chapela, que compite na máxima competición galega na categoría de traiñeiras, a LGT-A, e cuxa traiñeira é chamada "Chapela". Outro club destacado é o CCD Cesantes, da parroquia de Cesantes, que é o segundo en importancia no concello, competindo na segunda categoría de regatas de traiñeiras en Galicia, a LGT-B.

Outro deporte destacado na localidade é o fútbol, sendo o club máis destacado o Club Deportivo Choco, que milita no grupo I da Terceira División. Na base destaca a EFB Redondela, fundada o 19 de xuño de 2008. Na modalidade de fútbol sala, o principal representante da localidade é o Redondela FS, que participa na rexional galega.

Outra institución deportiva da localidade é o Centro Recreativo Cultural de Redondela na modalidade de tenis de mesa.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela

Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María)

Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de Redondela.

  1. Topónimo oficial Arquivado 04 de abril de 2014 en Wayback Machine. segundo o Nomenclátor de Galicia.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para redondelán.
  3. 3,0 3,1 González Fernández, Xoán Miguel. A vila de Redondela nos tempos do catastro de Ensenada. Redondela: Concello de Redondela. 
  4. Cornide Saavedra, J (1984). Descripción circunstanciada de la costa de Galicia y raya por donde confina con el intermedio Reyno de Portugal. A Coruña: O Castro. p. 189. 
  5. "Diagnóstico Socioeconómico de Redondela: Estrutura parroquial." (PDF). Mancomunidade de Vigo. Consultado o 9 de febreiro de 2014. 
  6. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  7. O aeroporto de Peinador abrangue terreo de tres concellos: Vigo, Mos e Redondela.
  8. Unidade de Promoción e Desenvolvemento. Mancomunidade de Vigo (ed.). "Diagnóstico Socioeconómico de Redondela. Capítulo 3: Recursos naturais" (PDF). .
  9. "Estación meteorolóxica de O Viso.". Meteogalicia. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. .
  10. Xeografía de Redondela. Anecdotario Redondelán. Arquivado 27 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
  11. Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología. (ed.). "Redondela: biodiversidade aos teus pés." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de abril de 2014. Consultado o 16 de abril de 2014. 
  12. Rubio Navas, Javier (1981). Instituto Geológico y Minero de España., ed. Mapa xeolóxico de España: Vigo (PDF). Madrid. pp. 7–10. ISSN 0373-2096. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  13. "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Instituto Nacional de Estadística (INE) España. Consultado o 27 de decembro de 2013. .
  14. Faro de Vigo (ed.). "Los extranjeros permiten que Redondela supere el listón de los 30.000 habitantes". .
  15. Faro de Vigo (ed.). "Redondela, lejos del crisol". .
  16. Faro de Vigo (ed.). "La fuga de inmigrantes deja por debajo de 30.000 la cifra de habitantes de Redondela". .
  17. "Listado de presos de la colonia penitenciaria de San Simón (Redondela-Pontevedra, 1936-1943" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2013. Fonte: "Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra" Amoedo, G. y Gil, R. (2007) Ed. Xerais. I.S.B.N.: 978-84-9782-604-4 .
  18. Blog Memoria Histórica Democrática (ed.). "Illa de San Simón". .
  19. Xunta de Galicia (ed.). "Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2013. 
  20. Barciela, Alberto (5/4/2019). "Redondela de Galicia" Galicia única (en castelán).
  21. Acitania.com (ed.). "Visita guiada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2014. .
  22. "Viadutos de Redondela, Ben de Interese Cultural". .
  23. Antuña Souto CA, Antuña Castro J. Os viadutos de Redondela: arquitectura, arte e estética. Seminario de Estudos Redondeláns. ISSN 1698-8051, Nº4, 2007, páxs. 103-132
  24. Otero Pedrayo, Ramón (1945). Galaxia, ed. Guía de Galicia: Xeografía, Historia, Vida económica, Literatura e arte, Itinerarios completos por ferrocarril e estrada. Santiago. p. 292. 
  25. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  26. Anecdotario Redondelán (ed.). "convento de Vilavella". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. .
  27. 27,0 27,1 Juan Manuel López-Chavez Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno: Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I). Deputación de Pontevedra, 1988. ISBN 84-86845-09-2.
  28. "Decreto 237/1999" (PDF). BOE. .
  29. Localizador de recursos de Turgalicia.
  30. Faro de Vigo (ed.). "El Festival de Títeres lleva a Redondela espectáculos de quince compañías". .
  31. "Festival de Títeres de Redondela". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. .
  32. "Festival Noite da Lua Meiga". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2007. .
  33. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 193.
  34. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 1929, 178.
  35. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 201. No texto: San Paio.
  36. "Prensa en Redondela. 1883-1933". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. .
  37. Deputación de Pontevedra (ed.). "Heráldica municipal". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. .
  38. Xunta de Galicia (ed.). "Decreto" (PDF). DOG. .
  39. "Decreto 129/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba o escudo do Concello de Redondela" (PDF). Diario Oficial de Galicia n.º 195 de 13 de outubro de 2014 (Xunta de Galicia): 44.030–44.031. ISSN 1130-9229. 
  40. "Empresas por situación de actividade e sede social". Instituto Galego de Estatística (IGE) Galicia. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 28 de decembro de 2013. .
  41. Unidade de Promoción e Desenvolvemento. Mancomunidade de Vigo (ed.). "Diagnóstico Socioeconómico de Redondela. Capítulo 8: Economía e sectores económicos" (PDF). .
  42. Guías masmar (ed.). "Porto deportivo de Cesantes, Redondela". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de xaneiro de 2014. .
  43. "Parque empresarial Mos-Redondela". Xestur. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2014. .
  44. Cajaespaña (ed.). "Ficha municipal de Redondela" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2014. .
  45. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (ed.). "Webcentros". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2014. .
  46. SERGAS (ed.). "Centro de saúde de Redondela". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2014. .
  47. SERGAS (ed.). "Centro de saúde de Chapela". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de xaneiro de 2014. .
  48. Blog Falo de Redondela (ed.). "Sobre as primeiras eleccións democráticas e os homes que se presentaban ...nunha lista". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. .
  49. "Resultados Electorales en Redondela: Elecciones Municipales 2019". Elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  50. "PSOE y AER cierran el pacto de gobierno en Redondela al que no se sumará el BNG". www.farodevigo.es (en castelán). 6 de xullo de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019. 
  51. Redondela polo voto nulo (ed.). "Manifesto polo voto nulo". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2013. .
  52. La Voz de Galicia, ed. (21/4/2011). "Unha liga veciñal de Redondela pide o voto nulo o 22 de maio". .
  53. Tribunal Superior de Justicia (ed.). "Partido Judicial de Redondela (Pontevedra). Julgados de Primeira Instancia e Instrución" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de decembro de 2013. .
  54. Faro de Vigo, ed. (20/4/2012). "El Poder Judicial propone que Redondela se integre en el partido judicial de Vigo". .
  55. Unidade de Promoción e Desenvolvemento. Mancomunidade de Vigo, ed. (2006). "Diagnóstico Socioeconómico de Redondela. Capítulo 5: Organización do territorio, infraestruturas e equipamento" (PDF). .
  56. Faro de Vigo, ed. (2/3/2012). "Dos décadas de espera por el Plan Xeral". .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]