Saltar ao contido

Mundial de Fútbol de 1970

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 1970
Imaxe
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor en Wikidata
MascotaJuanito (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor en Wikidata
Composto por
Número de participantes16 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstádio León (pt) Traducir (León)
Estádio Jalisco (pt) Traducir (Guadalaxara)
Estadio Azteca (Coyoacán)
Estadi Nemesio Díez (Toluca de Lerdo)
Estádio Cuauhtémoc (pt) Traducir (Puebla de Zaragoza) Editar o valor en Wikidata
PaísMéxico Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo31 de maio de 1970 – 21 de xuño de 1970 Editar o valor en Wikidata
Número de edición9  (1970) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoBrasil (3º) Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos32 Editar o valor en Wikidata
Goles95 Editar o valor en Wikidata
Máis goles marcadosGerd MüllerAlemaña (10) Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores1.603.975 Editar o valor en Wikidata

O Mundial de Fútbol de 1970 foi a novena edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo da FIFA. O torneo celebrouse entre o 31 de maio e o 21 de xuño en México, sendo esta a primeira edición do torneo con sede en América do Norte, así como a primeira fóra de Europa e América do Sur. Na fase de clasificación para o torneo, que comezou en maio de 1968, participaron seleccións representando a 75 países de seis continentes. Deste proceso saíron catorce equipos que se uniron á anfitrioa México e aos defensores do título Inglaterra. As seleccións debutantes neste torneo foron Israel, Marrocos e O Salvador.

O campión do torneo foi o equipo do Brasil, o cal venceu na final celebrada no Estadio Azteca de Cidade de México á selección italiana por 4−1. Esta vitoria supuxo o terceiro título para os brasileiros, o que lles permitiu ficar co Trofeo Jules Rimet en propiedade. Isto supuxo que para a seguinte edición, en 1974, a FIFA introducise un novo trofeo. Esta selección do Brasil, que contaba con xogadores como Pelé, Gérson, Jairzinho, Rivellino ou Tostão, esta considerada como unha das mellores en teren participado do Mundial.[1] De feito, os brasileiros conseguiron gañar todos os seus encontros tanto da fase de clasificación como da fase final.

Pese aos problemas derivados da altitude e as altas temperaturas,[2] o torneo destacou polo seu fútbol ofensivo e a cantidade de goles marcados, sendo a media de goles por encontro deste torneo a máis alta de toda a historia. Cos avances en comunicacións por satélite, este torneo supuxo un récord de audiencia televisiva, sendo os encontros retransmitidos en directo para todo o mundo, algúns deles incluso en cor por vez primeira.[3][4]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

De acordo aos criterios de rotación continental, despois da celbración da edición de 1966 en Inglaterra, o torneo de 1970 debía ser organizado por un país americano. Os candidatos foron México, que presentaba candidatura por vez primeira, e a Arxentina, na cal era a súa cuarta tentativa (previamente tentara organizar os campionatos de 1934, 1942 e 1962). Outras candidaturas foron presentadas, mais abandonaron antes da votación. A candidatura de México supuxo unha grande controversia debido a que o país xa fora escollido en 1963 sede dos Xogos Olímpicos de 1968. A FIFA xunto co Comité Olímpico Internacional, analizaron se organizar dúas competicións da devandita magnitude nun lapso de dous anos non sería prexudicial para a organización dos seus respectivos eventos. Con todo, o máximo organismo do fútbol chegou á conclusión de que a infraestrutura que se herdaría da Olimpíada sería beneneficiosa para a organización do mundial. Este feito, xunto coa maqueta do Estadio Azteca e maior estabilidade política do país norteamericano nese momento inclinaron a balanza ao seu favor, converténdose o 8 de outubro de 1964 no primeiro país en organizar uns Xogos Olímpicos e unha Copa do Mundo de Fútbol de forma consecutiva.

Resultados da votación
País Votos
México
56
Arxentina
32

Renunciaron antes da votación Australia, Colombia, o Perú e o Xapón.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
O Telstar foi balón oficial do torneo.

Na fase de clasificación para o Mundial foron inscritos setenta e cinco equipos, cinco dos cales retiráronse antes do comezo. Descontando os clasificados automáticos, México e Inglaterra, organizador e campión defensor, respectivamente, participaron sesenta e oito equipos, disputando 170 partidos e anotando 542 goles. A diferenza do torneo anterior, os equipos africanos recibiron por vez primeira unha praza directa na fase final (Exipto se clasificara en 1934 debido ao retiro dos seus adversarios). Esta praza foi conseguida por Marrocos. De igual forma, unha praza foi entregada ao gañador da clasificatoria de Asia e Oceanía, na que participou de maneira extraordinaria Rhodesia, excluída da CAF. Finalmente, clasificouse Israel tras vencer a Australia.

Europa contaba con oito prazas alén da de Inglaterra. Para escoller aos equipos participantes dividiuse aos vinte e nove candidatos en oito grupos, obtendo a clasificación o campión de cada un. No grupo 2, Checoslovaquia e Hungría empataron no primeiro lugar, polo que xogaron un encontro de desempate en campo neutral (Marsella). O partido foi gañado polos checoslovacos por 4−1, obtendo así a súa clasificación. América do Sur, por outra banda, dispoñía de tres prazas para dez equipos. Nun sistema semellante ao europeo, os equipos foron divididos en tres grupos, sendo o campión de cada un deles o que disputaría o Mundial. Cómpre destacar a ausencia da Arxentina despois de finalizar última no seu grupo. Foi esta a súa primeira ausencia despois de fallar nas eliminatorias.

América do Norte contaba cunha praza para trece equipos. O feito máis máis lembrado desta fase de clasificación da CONCACAF foi a chamada Guerra do Fútbol. Honduras e O Salvador levaban meses de tensión debido a diversas disputas de carácter económico, político, fronteirizo e migratorio. Durante a segunda fase da clasificatoria, ambos os países tiñan que se enfrontar en encontros de ida e volta para definir que equipo pasaba á terceira fase. No primeiro partido disputado en Tegucigalpa o 8 de xuño de 1969, o combinado local venceu por 1−0, pero en San Salvador, os salvadoreños lograron unha vitoria por 3−0, provocando o descontrol nos seareiros. Doce afeccionados hondureños serían asasinados pola multitude local, mentres en Honduras os inmigrantes salvadoreños foron atacados. As fronteiras foron pechadas e a tensión chegaría a niveis límites. Por outro lado, a federación de fútbol de Honduras presentou reclamacións á FIFA acusando ameazas de morte cara aos seus xogadores. Un terceiro partido de desempate disputado o 26 de xuño no Estadio Azteca, confirmaría a clasificación salvadoreña cunha vitoria por 3−2. Esta vitoria permitiulles xogar a terceira e definitiva eliminatoria. Nele conseguiron vencer a Haití, obtendo así o pase á fase final do Mundial. Con todo, a tensión entre ambos os países non finalizou, Aprovocando a invasión do exército salvadoreño a Honduras o 14 de xullo de 1969. Polo menos 2000 persoas faleceron durante o conflito bélico, que terminou seis días despois grazas á mediación da Organización de Estados Americanos.[5]

Lista de participantes

[editar | editar a fonte]

Os seguintes foron os dezaseis equipos participantes nesta edición do torneo.

Para a organización dos xogos do tornos, foron seleccionados cinco estadios en cinco cidades. Alén das cidades escollidas, foron propostas sedes en Hidalgo e na cidade portuaria de Veracruz.[6] Cada un dos catro grupos nos que foron dividos os participantes no torneo disputouse nunha única sede. A única excepción foi o Grupo 2, o cal se xogou entre Puebla e Toluca. Excepto o Estadio Luis Dosal, todos os campos foron construídos durante a década de 1960, xa que México se preparaba para acollar tanto a Copa do Mundo como os Xogos Olímpicos de 1968.[7]

Dos cinco estadios utilizados para os trinta e dous partidos disputados. O máis grande e máis utilizado foi o Estadio Azteca de Cidade de México, o cal albergou dez xogos. Isto inclúe a final, o partido polo terceiro e cuarto lugar e todos os encontros do Grupo 1, no cal estaba a selección mexicana. O Estadio Jalisco de Guadalaxara albergou oito encontros, incluído todos os xogos do Grupo 3 e unha semifinal. No Estadio León xogáronse sete partidos, incluíndo todos os do Grupo 4 e un de cuartos de final. Por outra banda, o Luis Dosal de Toluca acolleu catro encontro e o Cuauhtémoc Puebla tres. Este último foi o único dos cinco que non albergou ningún encontro das eliminatorias finais.

Cidade de México Guadalaxara Puebla Toluca León
Estadio Azteca Estadio Jalisco Estadio Cuauhtémoc Estadio Luis Dosal Estadio León
Capacidade: 107.247 Capacidade: 71.100 Capacidade: 35.563 Capacidade: 26.900 Capacidade: 23.609

Fase de grupos

[editar | editar a fonte]
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
Unión Soviética Unión Soviética 5 3 2 1 0 6 1 +5
México México 5 3 2 1 0 5 0 +5
Bélxica Bélxica 2 3 1 0 2 4 5 −1
O Salvador O Salvador 0 3 0 0 3 0 9 −9


México 0 - 0 Unión Soviética 31 de maio de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 107.160
Árbitro: Kurt Tschenscher (Alemaña Federal)
Informe
 
Bélxica 3 - 0 O Salvador 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 92.205
Árbitro: Andrei Rădulescu (Romanía)
Van Moer Anotado no 12º minuto 12' Anotado no 54º minuto 54'
Lambert Anotado no 76º minuto 76' (pen.)
Informe
 


Unión Soviética 4 - 1 Bélxica 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 95.261
Árbitro: Rudolf Scheurer (Suíza)
Byshovets Anotado no 14º minuto 14' Anotado no 63º minuto 63'
Asatiani Anotado no 57º minuto 57'
Khmelnytskyi Anotado no 76º minuto 76'
Informe
Lambert Anotado no 86º minuto 86'
 
México 4 - 0 O Salvador 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 103.058
Árbitro: Ali Kandil (República Árabe Unida)
Valdivia Anotado no 45º minuto 45' Anotado no 46º minuto 46'
Fragoso Anotado no 58º minuto 58'
Basaguren Anotado no 83º minuto 83'
Informe
 


Unión Soviética 2 - 0 O Salvador 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 89.979
Árbitro: Rafael Hormazábal Díaz (Chile)
Byshovets Anotado no 51º minuto 51' Anotado no 74º minuto 74' Informe
 
México 1 - 0 Bélxica 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 108.192
Árbitro: Ángel Norberto Coerezza (Arxentina)
Peña Anotado no 14º minuto 14' (pen.) Informe
 
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
Italia Italia 4 3 1 2 0 1 0 +1
Uruguai Uruguai 3 3 1 1 1 2 1 +1
Suecia Suecia 3 3 1 1 1 2 2 0
Israel Israel 2 3 0 2 1 1 3 −2


Uruguai 2 - 0 Israel 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla
Asistencia: 20.654
Árbitro: Bobby Davidson (Escocia)
Maneiro Anotado no 23º minuto 23'
Mujica Anotado no 50º minuto 50'
Informe
 
Italia 1 - 0 Suecia 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca
Asistencia: 13.433
Árbitro: Jack Taylor (Inglaterra)
Domenghini Anotado no 10º minuto 10' Informe
 


Uruguai 0 - 0 Italia 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla
Asistencia: 29.968
Árbitro: Rudi Glöckner (Alemaña Democrática)
Informe
 
Suecia 1 - 1 Israel 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca
Asistencia: 9.624
Árbitro: Seyoum Tarekegn (Etiopía)
Turesson Anotado no 53º minuto 53' Informe
Spiegler Anotado no 56º minuto 56'
 


Suecia 1 - 0 Uruguai 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Cuauhtémoc, Puebla
Asistencia: 18.163
Árbitro: Henry Landauer (Estados Unidos)
Grahn Anotado no 90º minuto 90' Informe
 
Italia 0 - 0 Israel 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca
Asistencia: 9.890
Árbitro: Ayrton Vieira de Moraes (Brasil)
Byshovets Anotado no 51º minuto 51' Anotado no 74º minuto 74' Informe
 
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
Brasil Brasil 6 3 3 0 0 8 3 +5
Inglaterra Inglaterra 4 3 2 0 1 2 1 +1
Romanía (1965-1989) Romanía 2 3 1 0 2 4 5 −1
Checoslovaquia Checoslovaquia 0 3 0 0 3 2 7 −5


Inglaterra 1 - 0 Romanía 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 50.560
Árbitro: Vital Loraux (Bélxica)
Hurst Anotado no 65º minuto 65' Informe
 
Brasil 4 - 1 Checoslovaquia 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 52.897
Árbitro: Ramón Barreto (Uruguai)
Rivelino Anotado no 24º minuto 24'
Pelé Anotado no 59º minuto 59'
Jairzinho Anotado no 61º minuto 61' Anotado no 83º minuto 83'
Informe
Petráš Anotado no 11º minuto 11'
 


Romanía 2 - 1 Checoslovaquia 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 56.818
Árbitro: Diego De Leo (México)
Neagu Anotado no 53º minuto 53'
Dumitrache Anotado no 75º minuto 75' (pen.)
Informe
Petráš Anotado no 5º minuto 5'
 
Brasil 1 - 0 Inglaterra 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 66.843
Árbitro: Abraham Klein (Israel)
Jairzinho Anotado no 59º minuto 59' Informe
 


Brasil 3 - 2 Romanía 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 50.804
Árbitro: Ferdinand Marschall (Austria)
Pelé Anotado no 19º minuto 19' Anotado no 67º minuto 67'
Jairzinho Anotado no 22º minuto 22'
Informe
Dumitrache Anotado no 34º minuto 34'
Dembrovschi Anotado no 84º minuto 84'
 
Inglaterra 1 - 0 Checoslovaquia 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 49.292
Árbitro: Roger Machin (Francia)
Clarke Anotado no 50º minuto 50' (pen.) Informe
 
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif
República Federal Alemá Alemaña Federal 6 3 3 0 0 10 4 +6
Perú Perú 4 3 2 0 1 7 5 +2
Bulgaria (1967-1971) Bulgaria 1 3 0 1 2 5 9 −4
Marrocos Marrocos 1 3 0 1 2 2 6 −4


Perú 3 - 2 Bulgaria 2 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León
Asistencia: 13.765
Árbitro: Antonio Sbardella (Italia)
Gallardo Anotado no 50º minuto 50'
Chumpitaz Anotado no 55º minuto 55'
Cubillas Anotado no 73º minuto 73'
Informe
Dermendzhiev Anotado no 13º minuto 13'
Bonev Anotado no 49º minuto 49'
 
Alemaña Federal 2 - 1 Marrocos 3 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León
Asistencia: 12.942
Árbitro: Laurens van Ravens (Países Baixos)
Seeler Anotado no 56º minuto 56'
Müller Anotado no 80º minuto 80'
Informe
Jarir Anotado no 21º minuto 21'
 


Perú 3 - 0 Marrocos 6 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León
Asistencia: 13.537
Árbitro: Tofiq Bahramov (Unión Soviética)
Cubillas Anotado no 65º minuto 65' Anotado no 75º minuto 75'
Challe Anotado no 67º minuto 67'
Informe
 
Alemaña Federal 5 - 2 Bulgaria 7 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio León, León
Asistencia: 12.710
Árbitro: José María Ortiz de Mendíbil (España)
Libuda Anotado no 20º minuto 20'
Müller Anotado no 27º minuto 27' Anotado no 52º minuto 52' (pen.) Anotado no 88º minuto 88'
Seeler Anotado no 67º minuto 67'
Informe
Nikodimov Anotado no 12º minuto 12'
Kolev Anotado no 89º minuto 89'
 


Alemaña Federal 3 - 1 Perú 10 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León
Asistencia: 17.875
Árbitro: Abel Aguilar Elizalde (México)
Müller Anotado no 19º minuto 19' Anotado no 26º minuto 26' Anotado no 39º minuto 39' Informe
Cubillas Anotado no 44º minuto 44'
 
Bulgaria 1 - 1 Marrocos 11 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio León, León
Asistencia: 12.299
Árbitro: António Ribeiro Saldanha (Portugal)
Zhechev Anotado no 40º minuto 40' Informe
Ghazouani Anotado no 61º minuto 61'
 

Eliminatorias

[editar | editar a fonte]
A selección do Brasil campioa do torneo.
 
Cuartos de finalSemifinaisFinal
 
          
 
Cidade de México, 14 de xuño
 
 
Unión Soviética Unión Soviética0
 
Guadalaxara, 17 de xuño
 
Uruguai Uruguai1
 
Uruguai Uruguai1
 
Guadalaxara, 14 de xuño
 
Brasil Brasil3
 
Brasil Brasil4
 
Cidade de México, 21 de xuño
 
Perú Perú2
 
Brasil Brasil4
 
Toluca, 14 de xuño
 
Italia Italia1
 
Italia Italia4
 
Cidade de México, 17 de xuño
 
México México1
 
Italia Italia4
 
León, 14 de xuño
 
República Federal Alemá Alemaña Federal3 Terceiro posto
 
República Federal Alemá Alemaña Federal3
 
Cidade de México, 20 de xuño
 
Inglaterra Inglaterra2
 
República Federal Alemá Alemaña Federal1
 
 
Uruguai Uruguai0
 

Cuartos de final

[editar | editar a fonte]
Unión Soviética 0 - 1 Uruguai 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 26.085
Árbitro: Laurens van Ravens (Países Baixos)
Informe
Espárrago Anotado no 117º minuto 117'
 
Brasil 4 - 2 Perú 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 54.233
Árbitro: Vital Loraux (Bélxica)
Rivellino Anotado no 11º minuto 11'
Tostão Anotado no 15º minuto 15' Anotado no 52º minuto 52'
Jairzinho Anotado no 75º minuto 75'
Informe
Gallardo Anotado no 28º minuto 28'
Cubillas Anotado no 50º minuto 50'
 


Italia 4 - 1 México 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Luis Dosal, Toluca
Asistencia: 26.851
Árbitro: Rudolf Scheurer (Suíza)
Guzmán Anotado no 25º minuto 25' (p.m.)
Riva Anotado no 66º minuto 66' Anotado no 76º minuto 76'
Rivera Anotado no 70º minuto 70'
Informe
González Anotado no 13º minuto 13'
 
Alemaña Federal 3 - 2 Inglaterra 14 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio León, León
Asistencia: 23.357
Árbitro: Ángel Norberto Coerezza (Arxentina)
Beckenbauer Anotado no 68º minuto 68'
Seeler Anotado no 82º minuto 82'
Müller Anotado no 108º minuto 108'
Informe
Mullery Anotado no 31º minuto 31'
Peters Anotado no 49º minuto 49'
 

Semifinais

[editar | editar a fonte]
Uruguai 1 - 3 Brasil 17 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Jalisco, Guadalaxara
Asistencia: 51.261
Árbitro: José María Ortiz de Mendíbil (España)
Cubilla Anotado no 19º minuto 19' Informe
Clodoaldo Anotado no 44º minuto 44'
Jairzinho Anotado no 76º minuto 76'
RivellinoAnotado no 89º minuto 89'
 
Italia 4 - 3 Alemaña Federal 17 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 102.444
Árbitro: Arturo Yamasaki (México)
Boninsegna Anotado no 8º minuto 8'
Burgnich Anotado no 98º minuto 98'
Riva Anotado no 104º minuto 104'
Rivera Anotado no 111º minuto 111'
Informe
Schnellinger Anotado no 90º minuto 90'
Müller Anotado no 94º minuto 94' Anotado no 110º minuto 110'
 

Terceiro posto

[editar | editar a fonte]
Alemaña Federal 1 - 0 Uruguai 20 de xuño de 1970, 16:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 104.403
Árbitro: Antonio Sbardella (Italia)
Overath Anotado no 26º minuto 26' Informe
 
Brasil 4 - 1 Italia 21 de xuño de 1970, 12:00 – Estadio Azteca, Cidade de México
Asistencia: 107.412
Árbitro: Rudi Glöckner (Alemaña Democrática)
Pelé Anotado no 18º minuto 18'
Gérson Anotado no 66º minuto 66'
Jairzinho Anotado no 71º minuto 71'
Carlos Alberto Anotado no 86º minuto 86'
Informe
Boninsegna Anotado no 37º minuto 37'
 


Campión do Mundo
Brasil
Brasil
Terceiro título

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Goleadores

[editar | editar a fonte]
Gerd Müller.

Con dez goles, Gerd Müller foi o máximo goleador do torneo. En total, foron marcados 95 goles por 55 xogadores, sendo tan só un deles considerado en propia meta.

10 goles
7 goles
5 goles
4 goles
3 goles
2 goles
1 gol
1 autogol

Clasificación retrospectiva

[editar | editar a fonte]
Jairzinho.

En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[8] A clasificación de 1970 foi a seguinte:

P Selección G X V E D GF GC DF Pts.
1 Brasil Brasil 3 6 6 0 0 19 7 +12 12
2 Italia Italia 2 6 3 2 1 10 8 +2 8
3 República Federal Alemá Alemaña Federal 4 6 5 0 1 17 10 +7 10
4 Uruguai Uruguai 2 6 2 1 3 4 5 −1 5
Eliminados en cuartos de final
5 Unión Soviética Unión Soviética 1 4 2 1 1 6 2 +4 5
6 México México 1 4 2 1 1 6 4 +2 5
7 Perú Perú 4 4 2 0 2 9 9 0 4
8 Inglaterra Inglaterra 3 4 2 0 2 4 4 0 4
Eliminados na fase de grupos
9 Suecia Suecia 2 3 1 1 1 2 2 0 3
10 Bélxica Bélxica 1 3 1 0 2 4 5 −1 2
Romanía (1965-1989) Romanía 3 3 1 0 2 4 5 −1 2
12 Israel Israel 2 3 0 2 1 1 3 −2 2
13 Bulgaria (1967-1971) Bulgaria 4 3 0 1 2 5 9 −4 1
14 Marrocos Marrocos 4 3 0 1 2 2 6 −4 1
15 Checoslovaquia Checoslovaquia 3 3 0 0 3 2 7 −5 0
16 O Salvador O Salvador 1 3 0 0 3 0 9 −9 0
  1. "The Story of the 1970 World Cup" [A historia da Copa do Mundo de 1970] (en inglés). BBC. 12 de maio 2010. 
  2. "Soccer play in Mexico stirs altitude controversy" [A práctica do fútbol en México suscita controversia pola altitude]. Free-Lance Star (en inglés) (Fredericksburg, VA). Associated Press. 2 de xuño de 1970. p. 6. 
  3. "1970 FIFA World Cup Mexico" [Copa do Mundo da FIFA de México 1970] (en inglés). FIFA. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008. 
  4. "40 years since first World Cup in colour" [40 anos desde a primeira Copa do Mundo en cor] (en inglés). TVlicensing.co.uk. 
  5. Montero, Daniel (4 de maio de 2020). "La chispa del fútbol para ir a una guerra" [A faísca do fútbol para ir a unha guerra]. La Región. 
  6. "Del 31 de mayo al 21 de junio de 1970" [Do 31 de maio ao 21 de xuño de 1970]. La Nación (en castelán). 30 de xuño de 1967. 
  7. "Building for the future" [Construíndo para o futuro]. The Christian Science Monitor (en inglés). 19 October 1967. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2020. 
  8. "FIFA World Cup: Milestones, facts & figures. Statistical Kit 7" [Copa Mundial da FIFA: Fitos, feitos e figuras. Documento estatístico 7] (PDF) (en inglés). FIFA. 26 March 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de maio de 2013. Consultado o 03 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]