Saltar ao contido

Moraxella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Moraxella é un xénero de bacterias gramnegativas. Poden ter forma de bacilo curto ou cocobacilo ou, como no caso de Moraxella catarrhalis, de cocos asociados en parellas (diplococos), ou mesmo en pequenas cadeas. A maioría destes microorganismos son inmóbiles, non esporulados, positivos nas probas da oxidase e catalase.[1] Uns son hemolíticos e algunhas especies son capsuladas. Son en xeral organismos aerobios aínda que algúns pode ser anaerobios facultativos e teñen pouca capacidade para fermentar carbohidratos.

O seu hábitat é o ambiente en xeral, pero son máis abondosas na rexión nasofarínxea dalgíns animais, como os bovinos.

Estes microorganismos non son moi esixentes, mais o seu crecemento é mellor ágar sangue especialmente se engadimos soro. Producen hemólise no ágar.

O xénero recibe o seu nome polo oftalmólogo suízo Victor Morax.

Principais especies e patoloxías

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Ala'Aldeen, D. A. A. (2007). "Neisseria and moraxella". In Greenwood, David; Slack, Richard; Peitherer, John; & Barer, Mike (Eds.), Medical Microbiology (17th ed.), p. 258. Elsevier. ISBN 978-0-443-10209-7.
  2. "Gonorrhea Laboratory Information: Moraxella catarrhalis". Center for Disease Control and Prevention. Retrieved agosto 2013. [1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]