Liverpool F.C.
Liverpool | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Liverpool Football Club | |||
Alcume(s) | The Reds | |||
Fundación | 15 de marzo de 1892 (132 anos) | |||
Estadio | Anfield, Liverpool Inglaterra | |||
Inauguración | 1910 | |||
Capacidade | 53.394 | |||
Presidente | Tom Werner | |||
Adestrador | Jürgen Klopp | |||
Liga | Premier League | |||
2020–21 | 3º | |||
Na rede | ||||
https://www.liverpoolfc.com/ | ||||
| ||||
O Liverpool Football Club, é un club de fútbol da Premier League inglesa da cidade homónima. É un dos clubs máis laureados do mundo gañando, entre outros, dezaoito títulos nacionais, os mesmos que os seus rivais do Manchester United, sete copas e cinco títulos da UEFA Champions League, máximo galardón a nivel europeo.
O eterno rival do Liverpool é o Manchester United, rivalidade que se remonta até 1897, cando os "Reds" golearon por 7-1 ao United para ascender á First Division. Non foi senón até a década de 1920 que estes enfrontamentos comezaron a adquirir a categoría de clásico. Outro clásico importante é o que disputan dende 1894 o Liverpool F.C. e o outro equipo da cidade, o Everton, nun partido que se coñece como o Derby de Merseyside. Cómpre sinalar que ambas escuadras, "Reds" e "Blues", contan cun importante número de seguidores na cidade portuaria, incluso entre os membros dunha mesma familia, polo cal este enfrontamento é tamén coñecido como "The Friendly Derby" (do inglés: o derby amigable). Outro dato curioso é a proximidade existente entre o estadio do Everton, o Goodison Park e o do Liverpool, Anfield.
O Liverpool forma parte de dúas das páxinas máis tráxicas da historia do fútbol europeo. O 29 de maio de 1985, en Bruxelas (Bélxica), trinta e nove persoas faleceron por culpa dos incidentes causados polos hooligan ingleses no estadio Heysel antes da final de Copa de Europa contra a Juventus de Torino (Italia), cando numerosos simpatizantes italianos se abalanzaron sobre unha parede de contención da tribuna dun sector do estadio para escapar da carga dalgúns hooligans seguidores do Liverpool, a parede cedeu e os seareiros caeron sobre a parte inferior da tribuna dende unha altura de 10 metros aproximadamente. O 15 de abril de 1989, en ocasión da semifinal da Copa de Inglaterra disputada en Sheffield, campo neutral, entre o Nottingham Forest e o Liverpool, noventa e seis persoas faleceron por mor dunha masa de xente que se abalanzou cara a reixa dun túnel que conducía ás tribunas, provocando a morte por esmagamento, como tamén algúns seareiros atrapados no túnel. O feito foi catalogado como a "Traxedia de Hillsborough".
Historia
[editar | editar a fonte]Fundación
[editar | editar a fonte]O Liverpool F.C. foi fundado despois dunha disputa entre o Everton e John Houlding, arrendatario do estadio de Anfield e director do propio Everton. A principal diferenza entre ambas partes xurdiu cando o club avaliou a posibilidade de mercar todo o sitio de Anfield, sendo Houlding acusado de ter motivos persoais na operación para obter ganancias financeiras. O Everton, que estivera xogando en Anfield dende había oito anos, desligouse de Houlding e trocou de estadio movéndose a Goodison Park.[1] Así o Liverpool Football Club foi fundado por Houlding para xogar no vacante Anfield. O nome orixinal do club ía ser Everton F.C. and Athletic Grounds, Ldt., abreviado como Everton Atheltic, mais trocouse por Liverpool F.C. en xuño de 1892, cando "The Football Association" se negou a recoñecer ao equipo como Everton.
O club gañou a Lancashire League na súa primeira tempada, ademais conseguindo con éxito a unirse á Second Division para a tempada seguinte, onde gañaron e foron ascendidos á First Division. Gañaron o seu primeiro título en 1900-01, e foron campións outra vez en 1905-06. Chegaron logo á súa primeira final da FA Cup en 1914, mais perdendo por 1-0 ante o Burnley. O club gañou de novo o campionato de liga en 1921-22 e 1922-23, con todo o club non gañar outro trofeo até o ano 1946-47, cando gañou a liga por quinta vez. O club chegou á final da FA Cup de novo en 1950, mais volveu perder, esta vez fronte ao Arsenal. Pouco despois o Liverpool foi relegado á Second Division na tempada 1953-54. Durante este período, sufriron unha derrota de novo na FA Cup por 2-1, contra o equipo afeccionado Worcester City, na tempada 1958-59.
De Shankly á traxedia de Heysel
[editar | editar a fonte]Non moito despois destes malos resultados, Bill Shankly foi nomeado adestrador, poñendo en liberdade a vinte e catro xogadores. Tamén converteu unha habitación en Anfield, orixinalmente usada de almacén, nun espazo onde os adestradores podían falar máis da estratexia mentres tomaban té (e outras bebidas). Nese intre Shankly, xunto con outros membros fundadores da "Boot Room" (como se coñeceu a esta nova estancia): Joe Fagan, Reuben Bennett e Bob Paisley, comezaron a remodelar o equipo. O ascenso á First Division logrouse finalmente na tempada 1961-62 e pouco despois, o club volvía a gañar a liga por primeira vez en 17 anos en 1963-64. A este título seguiuno outro en 1965-66, despois de que o club gañara por fin a súa primeira FA Cup o ano anterior. O club gañou a liga e Copa da UEFA en 1972-73 e a FA Cup de novo un ano máis tarde, despois disto Shankly xubilouse e foi substituído polo seu asistente Bob Paisley. Paisley foi aínda máis exitoso que o seu predecesor e o club gañou a liga e a Copa da UEFA en 1975-76 na súa segunda tempada como adestrador. A tempada seguinte volveu gañar o título da liga e por primeira vez a Copa de Europa, mais perdeu na Copa FA de 1977, non podendo acadar por pouco o triplete. O Liverpool volveu gañar a Copa de Europa a seguinte tempada, e na seguinte a liga de novo con 68 puntos, unha marca nacional, concedendo só 16 goles en 42 partidos. Durante as nove tempadas Paisley no club, o Liverpool gañou 21 trofeos, entre eles tres Copas de Europa, unha Copa da UEFA, seis títulos de Liga e tres League Cups consecutivas. Sendo o único trofeo que se lle escapaba a FA Cup.
Paisley retirouse en 1983 e, como fixera Shankly, entregou as rendas a un veterano da Boot Room, o seu adestrador asistente, Joe Fagan.[2] O Liverpool gañou tres trofeos na primeira tempada de Fagan ao cargo: a Liga, a League Cup e a Copa de Europa. O Liverpool chegou de novo á final da Copa de Europa en 1985. O partido enfrontábaos á Juventus de Torino no Estadio Heysel de Bruxelas. Antes do saque inicial, ocorreu o desastre, os afeccionados do Liverpool violaron un valo que os separaba dos seareiros italianos morrendo 39 afeccionados pola avalancha, na súa maioría italianos, con todo o partido xogouse e Liverpool perdeu por 1-0. Mais por mor do accidente a UEFA prohibe xogar aos clubs en competicións europeas durante cinco anos; recibindo o Liverpool unha prohibición de dez anos, que logo foi reducida a seis. Catorce dos seus seareiros recibiron condenas por homicidio involuntario.[3]
De despois da traxedia á actualidade
[editar | editar a fonte]Fagan dimitiu despois da catástrofe e Kenny Dalglish foi designado como xogador-adestrador.[4] Durante a súa rexencia o club gañou outros tres campionatos de liga e dúas Copas de Inglaterra, incluída un dobrete no ano 1985-86. Este éxito de Liverpool viuse de novo ensombrecida por outra traxedia, o Hillsborough. Sucedeu nunha semifinal da FA Cup contra o Nottingham Forest o 15 de abril de 1989, onde faleceron 94 afeccionados por unha avalancha ese día, ademais doutra vítima no hospital catro días máis tarde por mor das e outra mais tras case catro anos sen recobrar o coñecemento. Dalglish citou o desastre de Hillsborough e as súas repercusións como o motivo da súa renuncia en 1991, sendo substituído polo ex xogador Graeme Souness, que a parte de gañar a FA Cup en 1992, logrou pouco éxito, sendo substituído por outro ex-membro da "Boot Room", Roy Evans. Con todo, Evans non tivo mellor sorte: unha vitoria na League Cup de 1995 foi o seu único trofeo. Un dos poucos momentos memorables desta época foi unha vitoria por 4-3 sobre o Newcastle United en Anfield o 3 de abril de 1996, que foi nomeado en abril de 2003 como o "partido do Decenio" nos premios polo décimo aniversario da Premier League. Gérard Houllier foi designado como co-adestrador en 1998-99, quedando ao cargo despois da renuncia de en novembro de 1998.
Houllier, na súa segunda tempada ao cargo do Liverpool conseguiu un triplete, gañando a FA Cup, a League Cup e a Copa da UEFA. Na tempada 2001-02, durante a cal Houllier se someteu a unha importante operación cardíaca, o Liverpool terminou segundo por detrás do Arsenal. As seguintes tempadas non estiveron á altura das expectativas e Houllier foi substituído por Rafael Benítez. O club terminou quinto na súa primeira tempada no cargo, mais gañou a Liga de Campións da UEFA ao derrotar ao Milan por 3-2 na quenda de penais despois de que a final rematase con empate a tres goles. A tempada seguinte o Liverpool terminou terceiro con 82 puntos, a súa cifra máis alta dende 1988, e gañaron a FA Cup, tamén na rolda de penaltis contra o West Ham United despois de que o partido terminase 3-3.
Na tempada 2006-07, a procura do club de investidores chegou á súa fin cando os empresarios estadounidenses George Gillett e Tom Hicks se converteron nos donos do club, acordou que valorou ao equipo e acabou coas súas débedas, que ascendían 218,9 millóns de libras esterlinas. Este ano o club chegou de novo á final da Liga de Campións, mais esta vez perdeu por 2-1 fronte o AC Milan. Na tempada 2008-09 o Liverpool logrou á súa maior puntuación da historia da Premier League cun total de 86 puntos, terminou como segundos clasificados despois do Manchester United.
Escudo e cores
[editar | editar a fonte]As cores tradicionais do Liverpool son o vermello e o branco, mais trocaron na metade da década de 1960 por unha vestimenta completamente vermella. Con todo, o vermello non se utilizou sempre, nos primeiros días do club, cando se fixo cargo de Anfield do Everton, utilizaban as cores azul e branca, sendo o seu equipamento case idéntico ao usado polo propio Everton da época. En 1894 o Liverpool trocará ás súas cores polo vermello e en 1901 e o "Liver Bird", símbolo da cidade, será adoptado como emblema do club.[5] Así, durante os seguintes 60 anos o uniforme do Liverpool consistiu nunha camiseta vermella con pantalóns brancos. Os calcetíns cambiáronse nos últimos anos dende o vermello ao negro, ao branco e de novo ao vermello.
En 1964, o entón adestrador Bill Shankly decidiu vestir ao equipo completamente de vermello por primeira vez contra o Anderlecht belga, como Ian St.John conta na súa autobiografía:
Pensou que o esquema de cores tiña un impacto psicolóxico, vermello polo perigo, vermello polo poder. Entrou no vestiario un día e lanzou un par de pantalóns vermellos a Ronnie Yeats. "Ponte eses pantalóns e imos ver como che sentan", dixo. "Xesús, Ronnie, veste incrible, terrorífico. Parece que midas 7 pés (2,13 m). "Por que non imos así completamente, xefe?", Suxerín. "Por que non usar medias vermellas? Saiamos completamente de vermello." Shankly aceptou e o mítico uniforme naceu.[6]
As cores de visitante do Liverpool son tradicionalmente ben camisa branca e pantalón negra ou completamente amarelo. Con todo, en 1987, foi introducido un uniforme completamente gris, que foi utilizado até a tempada do centenario 1991-92, cando foi substituído por unha combinación de camiseta verde e pantalón branco. Despois de varias combinacións de cores na década de 1990, incluídos o ouro e mariño, amarelo, negro e gris, e cru, o club alternou entre amarelo e branco até o 2008-09, ano no que volveu a vestimenta de cor gris.[7] Os actuais equipamentos están deseñados por Adidas, que xa traballaran para o club entre 1985 e 1996, sendo as únicas outras camisas de marca usadas polo club feitas por Umbro até 1985 e Reebok por dez tempadas a partir de 1996. Ademais tamén conta cun terceiro equipamento, que consiste nunha camisa turquesa e pantalóns negros, deseñados principalmente para os partidos da Liga de Campións fóra da casa, aínda que tamén se utiliza para calquera partido da liga inglesa onde hai coincidencias co uniforme do rival tanto con vermello como co gris.
O Liverpool foi o primeiro club profesional británico en ter o logo dun patrocinador nas súas camisetas, despois de chegar a un acordo coa compañía xaponesa Hitachi en 1979. Dende entón, foi patrocinado por Crown Paints, Candy e Carlsberg. Este último será substituído na tempada 2010-11 polo Standard Chartered Bank, rachando despois de dezasete anos de patrocinio de Carlsberg, dende 1992, o que aínda é asociación patrocinador-club máis longa do fútbol inglés do momento.
O emblema do Liverpool baséase na "Liver Bird", ave símbolo da cidade, colocada dentro dun escudo. Sobre ese escudo hai unha representación das Portas de Shankly co título do famoso himno do club, "You'll Never Walk Alone". Ademais á beiras do escudo represéntanse dúas chamas ardendo que se atopan fóra do estadio de Anfield, en lembranza pola traxedia de Hillsborough.[8]
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Anfield.
O estadio de Anfield foi construído en 1884 nos terreos adxacentes ao Stanley Park, e era o orixinal escenario dos partidos do Everton, aínda que o equipo abandonou o campo no ano 1892 debido a un conflito económico sobre a cantidade que debía pagar en concepto de alugueiro.[9] Entón, o dono do campo, John Houlding, decidiu crear o seu propio club para xogar no estadio, o Liverpool F.C.[10] En 1906, a bancada dun dos uns extremos do campo foi bautizada como o "Spion Kop", en recordo dunha das batallas na segunda guerra dos Boer, na que morreron os 300 homes do rexemento de Lancashire, moitos dos cales eran de Liverpool.
Os seareiros que habitualmente ocupan The Kop coñécense como Kopites. Esta bancada chegou a dar cabida a 28.000 espectadores, o que a converteu nunha das bancadas máis grandes do mundo. En Liverpool dise que cando o Liverpool atacaba a portaría que está diante de The Kop, os seguidores aspiraban profundamente para levar o balón á rede.[11] Por iso, o Liverpool adoita xogar as segundas partes atacando sobre ese fondo. A bancada viu reducida considerablemente a súa capacidade debido ás medidas de seguridade adoptadas a raíz do desastre de 1989 en Hillsborough, e foi reconstruída totalmente, poñendo cadeiras, en 1994. A súa capacidade actual é 12.390. A bancada que dá á rúa Anfield (Anfield Road) é a de en fronte de Kop e está ocupada polos seguidores máis antigos. É a máis nova e, despois da súa reconstrución en 1998, ten unha capacidade de 9.074. As dúas bancadas laterais conteñen a maior cantidade de afeccionados, 12.227 a coñecida como "Main Stand" e 11.762 a "Centenary Stand". Así, a capacidade total actual do estadio é de 45.276 espectadores, clasificado como estadio de 4 estrelas na lista dos estadios de UEFA.[12]
O 30 de xullo de 2004, o consello de cidade de Liverpool concedeu o permiso de plan do club de construír un estadio novo de 61.000 asentos apenas 275 metros lonxe de Anfield, no Parque Stanley[13] e o 8 de setembro de 2006 o consello de cidade de Liverpool acordou conceder ao Liverpool F.C. un arrendamento de 999 anos da terra no sitio proposto.[14] Despois da toma de posesión do club en febreiro de 2007 por George Gillet e Tom Hicks, os novos donos, anunciaron que está programado que o estadio novo este listo en agosto de 2012.[15]
Melwood
[editar | editar a fonte]Melwood, en West Derby, Liverpool, trátase do campo de adestramento do Liverpool. O seu nome vén da contracción do nome dos relixiosos Melling e Woodlock, do centro escolar St. Francis Xavier, que se atopaba na actual localización do campo de adestramento. Dende xaneiro de 2001, dispoñen do Millennium Pavillion, coas máis modernas instalacións de adestramento. O seu enderezo completo é: Melwood Training Grounds, Melwood Drive, West Derby, Liverpool L12 8SV.
Seareiros
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Traxedia de Hillsborough.
O Liverpool conta cunha grande e leal fiel afección que en case tódolos partidos enche o estadio. Durante a tempada 2008-09 o Liverpool tivo a cuarta media de asistencia máis alta da liga inglesa con 44.318 espectadores por encontro, o que supón o 96,8% da capacidade de Anfield.[16] Os afeccionados do Liverpool refírense a miúdo a si mesmos como "Kopites", en referencia aos afeccionados que sentan na tradicional bancada de "The Kop" no estadio.[17]
A canción "You'll Never Walk Alone" (do inglés: Nunca camiñarás só), orixinalmente do musical Carousel de Rodgers e Hammerstein, e posteriormente gravada polos músicos de Liverpool Gerry & The Pacemakers, é o himno do club, e é cantado pola afección de Anfield dende a década de 1960. Dende entón gañou tamén popularidade entre os afeccionados doutros clubs de todo o mundo. O título da canción adorna a parte superior da Porta Shankly, que se deu a coñecer o 2 de agosto de 1982 en memoria do ex-xerente de Bill Shankly. O "You'll Never Walk Alone" tamén se reproduce no escudo do club.
A equipo coa máis antiga rivalidade do Liverpool, son os seus compañeiros de cidade, o Everton, contra os que xogan o "Derby de Merseyside". Esta rivalidade ven xa dende a época da fundación do Liverpool e a controversia cos funcionarios do Everton, entón donos de Anfield. Tamén se ten citado que a orixe da rivalidade está fundamentada nunha confrontación relixiosa, porén ámbolos dous equipos teñen unha orixe metodista, o que socava a noción dunha división católica-protestante.[18] No derby de Merseyside, máis xogadores foron expulsados del que de calquera outro encontro da historia da Premier League,[19] mais é un dos poucos derbis locais que no que non se obriga a segregación á afección.[20] O Liverpool tamén conta cunha gran rivalidade cos seus veciños do Manchester United, debida principalmente ao éxito que gozan os dous clubs e a proximidade das dúas cidades.[21] A rivalidade é tan intensa que o últimos xogador en ser transferido directamente entre os dous clubs foi Phil Chisnall en 1964, cando se trasladou a Liverpool desde o United.[22]
Os seareiros do club participaron en dous importantes acontecementos tráxicos. O primeiro foi a Traxedia de Heysel, na que faleceron trinta e nove afeccionados da Juventus. Neste partido, disputado en Bruxelas en 1985, os afeccionados do Liverpoll comezaron a lanzar obxectos e cargaron abalanzándose sobre os seareiros da Juventus FC, producíndose unha avalancha derrubándose parte do estadio. Despois da final a UEFA, que botou unicamente a culpa polo incidente aos seareiros do Liverpool,[23] prohibiu a participación dos clubs ingleses nas competicións europeas durante cinco anos cinco anos, un ano máis ao Liverpool.[24] A segunda traxedia ocorreu durante a semifinal da FA Cup de 1989 entre o Liverpool e o Nottingham Forest, onde noventa e seis seareiros do Liverpool faleceron por mor dunha avalancha de xente no que se coñece como o Desastre de Hillsborough.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Cadro actualizado a 31 de agosto de 2021.[25]
|
|
Cedidos
[editar | editar a fonte]
|
|
Récords de xogadores
[editar | editar a fonte]Estatísticas a 1 de febreiro de 2010 e de acordo ás estatísticas oficiais.[26] Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Liverpool.
Partidos xogados
[editar | editar a fonte]# | Nome | Período | Aparicións | Goles |
---|---|---|---|---|
1 | Ian Callaghan | 1960–1978 | 857 | 68 |
2= | Ray Clemence | 1967–1981 | 665 | 0 |
2= | Emlyn Hughes | 1967–1979 | 665 | 49 |
4 | Ian Rush | 1980–1987/1988–1996 | 660 | 346 |
5 | Phil Neal | 1974–1985 | 650 | 59 |
6 | Tommy Smith | 1962–1978 | 638 | 48 |
7 | Bruce Grobbelaar | 1981–1994 | 628 | 0 |
8 | Alan Hansen | 1977–1991 | 620 | 14 |
9 | Jamie Carragher | 1996–actualidade | 608 | 5 |
10 | Chris Lawler | 1960–1975 | 549 | 61 |
Máximos goleadores
[editar | editar a fonte]# | Nome | Período | Goles | Aparicións | Goles por partido |
---|---|---|---|---|---|
1 | Ian Rush | 1980–1987/1988–1996 | 346 | 660 | 0.524 |
2 | Roger Hunt | 1958–1969 | 286 | 492 | 0.581 |
3 | Gordon Hodgson | 1925–1936 | 241 | 337 | 0.715 |
4 | Billy Liddell | 1938–1961 | 228 | 534 | 0.427 |
5 | Robbie Fowler | 1993–2001/2006–2007 | 183 | 369 | 0.496 |
6 | Kenny Dalglish | 1977–1990 | 172 | 515 | 0.334 |
7 | Michael Owen | 1996–2004 | 158 | 297 | 0.532 |
8 | Harry Chambers | 1915–1928 | 151 | 339 | 0.445 |
9 | Jack Parkinson | 1903–1914 | 130 | 220 | 0.591 |
10 | Sam Raybould | 1900–1907 | 128 | 226 | 0.566 |
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]- Balón de Ouro
Os seguintes xogadores gañaron o Balón de Ouro mentres xogaban para o Liverpool:
- Bota de Ouro
Os seguintes xogadores gañaron a Bota de Ouro mentres xogaban para o Liverpool:
- Xogador do ano da UEFA
Os seguintes xogadores gañaron o trofeo ao Xogador do ano da UEFA mentres xogaban para o Liverpool:
Palmarés
[editar | editar a fonte]O Liverpool é o equipo que gañou máis veces a liga inglesa, con dezaoito títulos, unha marca que comparte co Manchester United. Ademais gañou a Copa FA en sete ocasións e a Copa da Liga outras sete veces. O Liverpool tamén gañou a Copa de Europa, principal competición europea de clubs, cinco veces, o que é o mellor rexistro por parte dun equipo inglés e sendo só superado en toda a historia polo Real Madrid e o AC Milan. O club tamén gañou a Copa da UEFA en tres ocasións, marca que só acadaron a Juventus e o Inter de Milán.
Nacional
[editar | editar a fonte]Liga
[editar | editar a fonte]- First Division (actual Premier League): 19
- Second Division: 4
Copas
[editar | editar a fonte]- FA Cup: 8
- League Cup: 9
- FA Charity/Community Shield: 15 (10 pleno dereito, 5 compartidas)
- Lancashire League: 1
Europeo
[editar | editar a fonte]Dobletes e tripletes
[editar | editar a fonte]- Dobletes:
- Liga e FA Cup: 1
- Liga e League Cup: 3
- FA Cup e League Cup: 2
- 2001 (ademais da Copa da UEFA), 2022
- Dobrete europeo (Liga e Copa de Europa): 2
- Triplete
- Liga, League Cup e Copa de Europa): 1
- FA Cup, League Cup e Copa da UEFA): 1
As competicións de curta duración como a Charity/Community Shield, Copa Intercontinental, Copa Mundial de Clubs da FIFA ou Supercopa de Europa non se adoitan considerar como trofeos que contribúan a un dobrete ou triplete. O Liverpool até o momento non gañou ningunha copa a nivel mundial, como por exemplo a Copa Intercontinental.
Xogos contra equipos galegos
[editar | editar a fonte]A eliminatoria contra o Celta de Vigo na Copa da UEFA,[27] dificilmente será esquecida polos afeccionados galegos, xa que foi a primeira vez que un equipo da liga española vencía en Anfield, coa conseguinte eliminación do equipo inglés. Tamén se enfrontou na fase de grupos da Liga de Campións contra o Deportivo, non conseguindo a vitoria o equipo galego en ningún dos dous encontros.[27]
Data | Competición | Lugar | Equipo Local | Goles | Resultado | Goles | Equipo Visitante |
---|---|---|---|---|---|---|---|
24-11-1998 | Copa da UEFA | Balaídos, Vigo | Celta de Vigo | Mostovoi 50' Karpin 55' Gudelj 92' |
Owen 35' | Liverpool | |
08-12-1998 | Copa da UEFA | Anfield, Liverpool | Liverpool | Revivo 55' | Celta de Vigo | ||
19-10-2004 | Liga de Campións | Anfield, Liverpool | Liverpool | Deportivo da Coruña | |||
03-11-2004 | Liga de Campións | Riazor, A Coruña | Deportivo da Coruña | Andrade (p.m.) 14' | Liverpool |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ LFC Story
- ↑ O legado da Boot Room
- ↑ On This Day - 29 May 1985: Fans die in Heysel rioting
- ↑ Joe Fagan
- ↑ LFC Story
- ↑ "Shankly: the hero who let me down". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 03 de febreiro de 2010.
- ↑ LFC novo uniforme de visitante 2008/09
- ↑ Hillsborough
- ↑ Where should Everton move? That's easy - to Anfield
- ↑ Anfield
- ↑ "The Kop" impulsa ao Liverpool
- ↑ UEFA 4 and 5 Star Stadia
- ↑ Reds stadium gets go-ahead
- ↑ Liverpool get go-ahead on stadium
- ↑ Liverpool stadium plan put on hold
- ↑ "Asistencia á Barclays Premier League - Asistencia". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2009. Consultado o 02 de febreiro de 2010.
- ↑ "Anfield giants never walk alone". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2008. Consultado o 02 de febreiro de 2010.
- ↑ "Clásico: Everton-Liverpool". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2009. Consultado o 02 de febreiro de 2010.
- ↑ "Gerrard off as Reds take derby honours". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2008. Consultado o 14 de xullo de 2021.
- ↑ "Consellos para os afeccionados que asistan o Derby". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2006. Consultado o 29 de setembro de 2006.
- ↑ Scouse v Manc
- ↑ Knowledge Unlimited
- ↑ Thatcher set to demand FA ban on games in Europe
- ↑ O desastre de Heysel
- ↑ [1]
- ↑ "The Website of Dreams". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2010. Consultado o 01 de febreiro de 2010.
- ↑ 27,0 27,1 "Games in Europe - LFChistory - Stats galore for Liverpool FC!". www.lfchistory.net. Consultado o 2022-02-17.