O Swansea City Association Football Club (galés: Clwb Pêl-droed Dinas Abertawe) é un club de fútbolgalés da cidade de Swansea. Foi fundado en 1912 e compite na Premier League. O seu campo é o Liberty Stadium, con capacidade para 20.750 espectadores. Fundado en 1912 como Swansea Town AFC, adoptou en 1969 a súa denominación actual tras obter Swansea o status de cidade. Uniuse á Football League en 1921 e é membro dende entón. Entre 1981 e 1983 xogou na First Division, máxima categoría do fútbol inglés, acabando sexto na súa primeira tempada. Na tempada 2010/11 conseguiu o ascenso á Premier League, sendo o primeiro club de Gales que disputa esta competición dende a súa fundación en 1992.
O Swansea City é un dos 6 equipos galeses que participan na liga inglesa. Ata o ano 1992, a FAW non organizaba ningún torneo ligueiro, coa posta en marcha da Welsh Premier League, o Swansea rexeitou a invitación para participar nela. En 1996 deixou de participar na Welsh Cup.
Na tempada 2012/13, acada unha gran campaña con Michael Laudrup como DT, conseguindo conquistar a Copa da Liga de Inglaterra ó vencer na final 5-0 ó Bradford City, que militaba na Football League Two, cuarta división de Inglaterra. Isto representou o primeiro título do Swansea e o segundo dun club galés en competicións inglesas, xa que o Cardiff City gañara a FA Cup en 1927. Ademais, grazas a este logro, o Swansea logrou clasificar por vez primeira na súa historia nunha competición internacional, a UEFA Europa League 2013-14, competición na que debutou triunfando e eliminando primeiro ó Malmö FF de Suecia e logo ó Petrolul romanés en fases previas, para chegar a fase de grupos e debutar ante o Valencia CF, en Mestalla, goleando a domicilio por 0-3, con goles de Wilfried Bony, Michu e Jonathan de Guzmán.