Jaroslav Heyrovský
Jaroslav Heyrovský, nado en Praga o 20 de decembro de 1890 e finado na mesma cidade o 27 de marzo de 1967, foi un químico e inventor checo, que recibiu o Premio Nobel de Química de 1959 polos seus traballos en química electroanalítica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade de Praga, cidade que naqueles momentos formaba parte do Imperio Austrohúngaro pero que hoxe en día é a capital da República Checa. Iniciou os seus estudis de física, química e matemáticas na Universidade de Praga, traslandándose en 1910 á Universidade de Londres, onde se licenciou en 1913 baixo a supervisión de William Ramsay.
Durante a primeira guerra mundial realizou o servizo militar nun hospital militar como radiólogo e á súa finalización realizou o doutoramento en Praga en 1918 e un máster posterior en Londres en 1921, ambos sobre electroquímica.
En 1926 Heyrovský casou con Marie Koranová, e tiveron dous fillos: Judith e Michael.
Heyrovský morreu o 27 de marzo de 1967 na súa residencia de Praga, naqueles momentos capital de Checoslovaquia, e enterrouse no cemiterio Vyšehrad na súa Praga natal.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]En 1920 foi invitado polo profesor B. Kucera a estudar as anomalías das curvas electrocapilares determinadas polo método do peso da pinga de mercurio. As investigacións realizadas sobre as curvas de intensidade de corrente-tensión permitíronlle entrever moi pronto un novo e prometedor método de análise analítica. En 1925 deu a coñecer un aparello automático para o rexistro destas curvas, ideado en colaboración co xaponés Masuzo Shikata, ao que bautizou como polarógrafo e co cal reducíase a duración de moitas análises electroquímicas.
En 1959 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo descubrimento e desenvolvemento do método analítico de polarografía.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Na súa honra bautizouse o cráter Heyrovský sobre a superficie da Lúa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jaroslav Heyrovský |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1959 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Páxina coa súa biogafia (en castelán)
Predecesor: Frederick Sanger |
Premio Nobel de Química 1959 |
Sucesor: Willard Frank Libby |