Saltar ao contido

Ivan Bunin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIvan Bunin

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Иван Алексеевич Бунин Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Voronej, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de novembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
16º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela, conto, poesía e diario Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, prosista, dramaturgo, poeta, tradutor, gañador do Premio Nobel Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1887 Editar o valor en Wikidata - 1953 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaHouse of Bunin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeVera Muromtseva-Bunin (1922–)
Anna Tsakni (1898–valor descoñecido), divorcio Editar o valor en Wikidata
IrmánsYuly Bunin Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:1)
Larousse Encyclopedia online (pt) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бунин Иван Алексеевич) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0120459 Allmovie: p188821
BNE: XX1159306 Musicbrainz: 5bd94ba5-ef8f-4258-91ba-3807f72902ff Discogs: 1400137 IMSLP: Category:Bunin,_Ivan Find a Grave: 10452526 Editar o valor en Wikidata

Iván Alexéievich Bunin, en cirílico ruso Иван Алексеевич Бунин, nado en Voronezh o 22 de outubro de 1870 e finado en París o 8 de novembro de 1953, foi un escritor ruso. Gañou o Premio Puxquin de literatura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Iván Alexéievich Bunin

Nado na Rusia Central, no seo dunha familia nobre, viviu ata os sete anos na propiedade que os seus pais posuían en Yelets. Educouse no fogar paterno baixo a disciplina dun titor, quen lle ensinou a ler e escribir utilizando unha tradución ao ruso de Don Quixote, cos contos e lendas de Gogol e co Robinson Crusoe.

Durante algún tempo estudou na Universidade de Moscova. Publicou os seus primeiros poemas en 1897 nunha revista literaria de San Petersburgo. A súa primeira colección de poemas, Listopad, apareceu en 1901 sendo calidamente acollida pola crítica. En 1903 recibiu o Premio Pushkin da Academia rusa polas súas traducións ao ruso das obras do poeta estadounidense Henry Wadsworth Longfellow, así como dos poetas ingleses Lord Byron e Alfred Tennyson.

Nos anos previos ao comezo da primeira guerra mundial adicouse a viaxar por Italia, Turquía, Palestina, Exipto, Grecia, Alxeria e Tunisia. Tras a revolución rusa de 1917, en 1919 emigrou a París, onde se estableceu, vivindo modestamente ata a súa morte acaecida en 1953.

Obra literaria

[editar | editar a fonte]

A súa poesía continúa a tradición clásica dos parnasianistas e, especialmente, de Aleksandr Pushkin. A partir de 1920, debido ao seu exilio, a súa poesía derivou cara a un lirismo máis acentuado. Cultivou tamén o conto e a novela, fiel ao realismo ruso do século XIX. Vladimir Nabokov encomiou a súa poesía, comparándoa coa de Alexander Blok, pero despreciou a súa prosa.

En 1933 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa arte, coa cal continuou as tradicións rusas clásicas na escritura da prosa. Na viaxe a través de Alemaña para aceptar o premio en Estocolmo, os nazis, aparentemente facendo un control de xoias, detivérono, coñecedores da forte oposición do autor ao réxime nazi.

Obras seleccionadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]