Saltar ao contido

Ignacio Martín-Esperanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIgnacio Martín-Esperanza
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Verín, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,79 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1956–1957 cesión CP La Felguera 40(12)
1956–1960   Real Madrid Castilla 43(13)
1958–1959 cesión AD Ceuta FC 22(5)
1960–1963   Real Betis Balompié 42(5)
1963–1963   Algeciras CF
1963–1970   Pontevedra CF 155(19)
1963–1970   Pontevedra CF 155(19)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1973–1973   Pontevedra CF
1973–1974   Pontevedra CF B
1974–1976   CD Lugo
1976–1978   Algeciras CF
1978–1980   Club Lleida Esportiu
1980–1982   UE Figueres
1982–1983   CD Lugo
1983–1985   CE L'Hospitalet
1987–1987   Portonovo SD
1987–1990   CD Atlético Baleares
1999–1999   Pontevedra CF Editar o valor en Wikidata

Ignacio Martín-Esperanza Tejada, nado en Verín o 5 de xuño de 1936, é un exfutbolista e exadestrador galego. Xogaba de dianteiro e foi un dos membros máis destacados do Pontevedra na década de 1960, na época coñecida como a do "Hai que roelo", na que o equipo militou durante varias tempadas na Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Real Madrid

[editar | editar a fonte]

Fillo do capitán de carabineiros Ignacio Martín-Esperanza Albareda e de María Tejada Gómez, comezou xogando ao fútbol no Verín,[1] e aos 18 anos ingresou no Real Madrid.[2] Militou no filial do club branco, o Plus Ultra, en Segunda División, e saíu cedido dúas tempadas a dous equipos tamén de Segunda: o La Felguera e o Atlético Ceuta. Sumou 105 partidos e 31 goles na categoría de prata entre 1956 e 1960.

Betis e Algeciras

[editar | editar a fonte]

En 1960 fichou polo Betis, co que debutou na Primeira División o 11 de setembro, nun partido en que os béticos gañaron por 2-0 ao Mallorca. Titular indiscutible na súa primeira tempada en Sevilla, con Ferdinand Daučík no banco, unha grave lesión sufrida no Camp Nou en outubro de 1961 cortou a súa progresión.[3][4] Trala lesión disputou só 9 partidos máis no equipo andaluz en case dúas tempadas. Na segunda metade da tempada 1962/63 foi traspasado ao Algeciras, da Terceira División, que pagou por el 250.000 pesetas.[5][6] Foi unha peza clave para que o equipo lograse na fase de promoción o segundo ascenso á Segunda División da súa historia.[7]

Pontevedra

[editar | editar a fonte]

En 1963 fichou polo Pontevedra, que se preparaba para debutar na Primeira División. Disputou completos todos os encontros da tempada, e marcou un total de 8 goles, pero o equipo acabou descendendo. Con todo, volveu subir na seguinte campaña, tras proclamarse campión de Segunda, e mantívose durante cinco anos máis na elite, na época do Pontevedra que pasou á historia como a do "Hai que roelo".[4] Xogou un total de 172 partidos oficiais co Pontevedra, co que marcou 21 goles.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Pouco despois de colgar as botas comezou a súa carreira como adestrador. En xaneiro de 1973 colleu as rendas do Pontevedra en substitución do cesado Caeiro,[8] pero non puido salvar o equipo do descenso a Terceira. Continuou á fronte do equipo na seguinte tempada, pero foi cesado despois de 11 xornadas, co equipo na quinta posición.[9] En xuño de 1974 asinou como novo adestrador do Lugo,[10] ao que dirixiu durante dúas campañas na Terceira División.

Nas tempada 1976/77 e 1977/78 adestrou o Algeciras, conseguindo na segunda delas o ascenso á Segunda División, 15 anos despois de que o lograse como xogador no mesmo club. Nos seguintes anos pasou polo Lleida e o Figueres, antes de regresar en 1982 ao Lugo, ao que adestrou durante unha tempada máis. A continuación adestrou o Hospitalet, o Portonovo e o Atlético Baleares, e entre 1993 e 1994 exerceu como secretario técnico do Pontevedra. En 1999 volveu brevemente ao banco do club granate,[11] pero dimitiu por sorpresa despois de só 6 xornadas, molesto porque o seu método de traballo fose cuestionado.[12] Continuou no club como director deportivo ata o ano 2001.

  1. "El Verín vence al Zeltia y a una selección portuguesa". La Región (en castelán) (13854). 3 de agosto de 1954. p. 4. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  2. "11 de xullo de 2011". leyendablanca.galeon.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2011. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  3. "Barcelona, 6; Betis, 1". El Progreso (en castelán) (16860). 17 de outubro de 1961. p. 5. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Adrián, Lede (28 de febreiro de 2020). "Martín Esperanza, el genio del balón que enamoró a una ciudad". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2022. 
  5. "Tres millones contra 650.000 pesetas". La Noche (en castelán) (12918). 4 de maio de 1963. p. 6. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  6. "El Algeciras C. de F. se gastó esta temporada más de un millón de pesetas en fichajes". El Progreso (en castelán) (17340). 5 de maio de 1963. p. 6. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  7. López, Quino (8 de xullo de 2012). "Medio siglo del gran salto" (en castelán). Consultado o 13 de maio de 2022. 
  8. "Pepe Caeiro cesó como entrenador del Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán) (18010). 24 de xaneiro de 1973. p. 13. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  9. "Ceso Martin Esperanza". El Pueblo Gallego (en castelán) (18265). 22 de novembro de 1973. p. 13. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  10. "Martín Esperanza, entrenador del Lugo". El Pueblo Gallego (en castelán) (18447). 25 de xuño de 1974. p. 15. Consultado o 13 de maio de 2022. 
  11. "Martín Esperanza asume el reto". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xuño de 1999. p. 57. 
  12. [Martín Esperanza dimite por sorpresa "Martín Esperanza dimite por sorpresa"] |url= incorrecto (Axuda). La Voz de Galicia (en castelán). 5 de outubro de 1999. p. 56.