Saltar ao contido

Edelmiro Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Edelmiro Lorenzo Codesido»)
Modelo:BiografíaEdelmiro Lorenzo
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1910 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1923 Editar o valor en Wikidata - 1947 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  RCD Espanyol
  Pontevedra CF
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Cataluña
Familia
IrmánsGonzalo Lorenzo Codesido
O'Donell Lorenzo Codesido Editar o valor en Wikidata

Edelmiro Lorenzo Codesido, nado en Pontevedra o 20 de xullo de 1910 e finado o 22 de outubro de 1997, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego que xogaba na demarcación de dianteiro centro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era irmán dos tamén futbolistas O'Donell, do que era xemelgo, e Gonzalo Lorenzo e tío de Telesforo Lorenzo Gama. Comezou a xogar cos seus irmáns no Eiriña CF e con eles tamén emigrou a Cuba para xogar no Iberia, equipo no que xogaban outros galegos como Cachán, Pepe Torres, Bergés ou Begoña,[1] e cos que gañou o Campionato Nacional de Cuba en 1926, 1928 e 1929. As súas boas actuacións levárono a xogar coa Selección de fútbol de Cuba.

Tras volver a Galiza en 1930 fichou polo RCD Espanyol, equipo que xa se interesara por el uns anos antes. No equipo catalán compartiu equipo durante dúas tempadas co seu irmán O'Donell. Nas seis tempadas que xogou en Barcelona disputou 133 encontros entre Liga e Copa e marcou 58 goles. Gañou o Campionato de Catalunya en 1933 e rematou o campionato ligueiro na terceira posición, a mellor posición histórica do club. Tamén foi internacional coa Selección de fútbol de Cataluña en 1931.

Durante a Guerra Civil xogou de novo no Eiriña, e en outubro de 1938 fichou polo Racing de Ferrol,[2] equipo co que disputou a Copa do Xeneralísimo 1939. No partido de volta das semifinais, marcou contra o Baracaldo Oriamendi o gol da vitoria que lle deu o pase aos ferroláns á primeira e única final de Copa da súa historia. Foi titular na final, celebrada en Montjuïc, e na que o vencedor foi o Sevilla FC, por 6-2.

En 1947, xa vivindo en Pontevedra comprometeuse coa reactivación do deporte na cidade, polo que ante a falta de xogadores fichou polo Pontevedra CF como xogador e adestrador. Nas tres tempadas que xogou no equipo clasificouse en varias ocasións para ascender a Segunda División.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Real Iberia

RCD Espanyol

  1. "Otras noticias". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de setembro de 1928. p. 5. 
  2. "Notas de Sport". Diario de Pontevedra (en castelán) (17773). 4 de outubro de 1938. p. 4. Consultado o 20 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]