Saltar ao contido

Hugh Despenser o Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHugh Despenser o Novo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Hugh le Despenser/Despencer the Younger Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1286 Editar o valor en Wikidata
Inglaterra, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte24 de novembro de 1326 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Hereford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteAforcado, azorrado e desmembrado Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTewkesbury Abbey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloLordship of Glamorgan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEleanor de Clare (1306 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosHugh le Despenser, Edward le Despenser, Isabel le Despenser, Condessa de Arundel, Éléonore le Despenser, Margaret le Despenser, Elizabeth le Despenser, Baroness Berkeley Editar o valor en Wikidata
PaisHugh le Despenser, 1st Earl of Winchester Editar o valor en Wikidata  e Isabella de Beauchamp Editar o valor en Wikidata
IrmánsPhilip Despencer
Maud Chaworth Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Despenser-6

Hugh, alcumado the younger Despenser, nado no ano 1286 e finado o 26 de novembro de 1326, foi fillo de Hugh le Despenser, conde de Winchester.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En maio de 1306 Hugh foi ordenado cabaleiro, e ese verán casou con Eleanor de Clare, neta do rei Eduardo I de Inglaterra. Tras a morte do irmán de Eleanor na batalla de Bannockburn, ela converteuse inesperadamente nunha das tres herdeiras do rico condado de Gloucester. En apenas algúns anos Hugh pasou dun cabaleiro sen terras a un dos magnates máis ricos de Inglaterra.

Eleanor era tamén a sobriña do novo rei, Eduardo II de Inglaterra, e desta conexión Hugh entrou no círculo da corte real inglesa. Uniuse á oposición dos baróns a Piers Gaveston, o favorito do rei, e cuñado de Hugh, pois Gaveston estaba casado cunha irmá de Eleanor. Desexoso de poder e riqueza, Hugh tomou o castelo de Tonbridge en 1315. O ano seguinte asasinou a Llywelyn Bren, un refén galés que estaba baixo a súa custodia.

Hugh converteuse en chamberlán real en 1318. Como cortesán real, Hugh obtivo o afecto do rei, desprazando ó favorito anterior, Roger d'Amory. Por 1320 gobernaba libremente o reino como un tirano. Hugh tomou as terras galesas da herdanza da súa esposa, sen facer caso das demandas dos seus dous cuñados. Forzou a Alice de Lacy, condesa de Lincoln, a darlle as súas terras, botou á súa cuñada Isabel de Clare de Gower e de Usk, e fixo romper os brazos e as pernas de Lady Baret. El tamén se vingou de Roger Mortimer porque o avó de Mortimer asasinara o avó de Hugh. Por 1321 gañara moitos inimigos en tódolos estratos da sociedade, desde a raíña Isabella ós baróns do pobo.

Finalmente os baróns conseguiron do rei que Hugh e seu pai marcharan ó exilio en 1321. O seu pai fuxiu a Bordeos, e Hugh converteuse nun pirata na Canle da Mancha. A parella volveu o ano seguinte e o rei reinstalou a Hugh como favorito real. O seu tempo no exilio non fixera nada para acougar a súa avaricia, a súa imprudencia e a súa crueldade. Mentres que a raíña Isabella estaba en Francia a negociar entre o seu marido e o rei francés, ela formou unha alianza con Roger Mortimer e comezaron a facer plans para unha invasión. Hugh supostamente intentou subornar a cortesáns franceses para asasinar a raíña Isabella. Cando Mortimer e a raíña invadiron Inglaterra en outubro de 1326, o rei Eduardo II foi desposuído, executaron ao pai e capturaron a Hugh.

Hugh intentou matarse de inanición antes do seu xuízo, que se efectuou o 24 de novembro de 1326 en Hereford. Xulgárono como traidor e ladrón e foi condenado á execución pública do tipo aforcado, azorrado e desmembrado. Inmediatamente, arrastrárono detrás de catro cabalos ao seu lugar da execución, onde fixeran un gran lume. Colgárono, un home subiu e cortou o seu pene e testículos que entón queimaron. Posteriormente, o verdugo afundiu o seu coitelo no seu abdome, e cortou as súas entrañas e corazón, que queimaron diante a xente. Finalmente, decapitárono, e cortaron o seu corpo en catro pedazos, e a súa cabeza foi posta nas portas de Londres.