Hubert Emmerig
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1958 Múnic, Alemaña |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade de Múnic. |
Q89547790 | Estudos de numismática clásica. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Viena |
Premios | |
2000: Premio da SHMI. 2023: Medalla Eckhel (OGN). |
Hubert Richard Sebastian Emmerig, nado en Múnic o 10 de marzo de 1958, é un numismático alemán vinculado ás universidades de Viena e de Múnic.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emmerig cursou entre 1977 en 1988 estudos de Ciencias Auxiliares da Historia, Historia Medieval e Arqueoloxía Clásica na Universidade de Múnic, e en 1988 obtivo o grao de mestrado cun traballo sobre a Casa da Moeda de Ratisbona,[1] titulado "A administración da ceca de Ratisbona nos séculos XIII e XIV".[2] Finalmente, en 1991 acadou o seu doutoramento cunha tese que afondaba no estudo das emisións monetarias da mesma ceca,[1] titulada "O pfennig de Ratisbona. A moeda en Ratisbona desde o século XII ata 1409.[2]
Simultaneamente á súa etapa universitaria, Emerig traballou en diversas compañías de poxas numismáticas en Múnic,[2] entre elas Giessener Münzhandlung, e entre 1989 e 1995 participou en varios proxectos de documentación de escavacións e achados monetarios.[1]
No ámbito editorial, Hubert Emmerig foi director e editor xefe da revista numismática alemá Geldgeschichtliche Nachrichten, entre 1995 e 1998.[2][1]
En 1996 ingresou na Universidade de Viena como axudante no Instituto de Numismática e Historia Numismática, e a partir de 2005 accedeu á praza de profesor asociado de Numismátiva Medieval e Moderna e Historia do Diñeiro, nesa mesma institución. Simultaneamente, desde 1999 imparte tamén docencia de Numismátiva na Universidade de Múnic.[1]
Emmerig centra as súas investigacións nos achados monetarios de época medieval e moderna en Austria, e dirixe varios proxectos sobre este tema.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1977): Dr. Irmgard Woldering Förderungspreis.[2]
- (2000): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional.[3]
- (2004): 2º premio do libro, da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.[2]
- (2011): premio Otto Paul Wenger, en representación da Universidade de Viena.[4]
- (2023): medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca, de Viena.[5]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa traxectoria académica, Hubert Emmerig publicou unha boa cantidade de artrigos en diversas revistas científicas do ámbito historiográfico e numismático.[6][7]
Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:[7][8][9]
- (1993). Der Regensburger Pfennig. Die Münzprägung in Regensburg vom 12. Jahrhundert bis 1409. Gebr. Mann, Berlín 1993. ISBN 3-7861-1703-9
- (1995). Die Münz- und Geldgeschichte der Stadt Regensburg im Mittelalter. Versuch eines Überblicks. Universitatsverlag Regensburg, Ratisbona.
- (1998). Die Münzen und Medaillen der Regensburger Bischöfe und des Domkapitals seit dem 16. Jahrhundert. Münzgeschichte und Variantenkatalog (con Otto Kozinowski). Verlag der Münzen- und Medaillenhandlung, Stuttgart. ISBN 3-9806377-0-0
- (2005). Bayerns Münzgeschichte im 15. Jahrhundert. Münzpolitik und Münzprägung der bayerischen Herzogtümer und ihrer Nachbarn von 1390 bis 1470. Beck, München. ISBN 978-3-406-10746-7
- (2006). Glossar zu Münztechnik und Münzverwaltung in Spätmittelalter und früher Neuzeit. Zum frühneuhochdeutschen Wortschatz in ausgewählten Quellen (14. bis 17. Jahrhundert). Braunschweig, Cramer. ISBN 3-934656-17-X
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Emmerig, Hubert". En Coins Weekly. 3 de agosto de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Univ.-Prof. Dr. Hubert Emmerig M. A.". Numismatik.univie.ac.at
- ↑ "Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).
- ↑ "University of Vienna awarded Otto Paul Wenger Prize". En Coins Weekly. 8 de xullo de 2011.
- ↑ "Die Eckhel Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at).
- ↑ "Prof. Dr. Hubert Emmerig M. A. Curriculum Vitae". En Univie.academia.edu
- ↑ 7,0 7,1 "Emmerig, Hubert 1958- Arquivado 03 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Emmerig, Hubert". WordCat Identities.
- ↑ Publicacións de Hubert Emmerig. Deutschen Nationalbibliothek.