Saltar ao contido

Historia do mundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Historia universal»)
Mapamundi debuxado por Ortelius (1570).

A historia universal, historia do mundo, historia mundial ou historia da humanidade é o conxunto de acontecementos e procesos que se desenvolveron arredor do ser humano, desde a súa aparición ata a actualidade.[1][2][3]

Unha característica para diferenciar o momento en que se inventa a escritura, porque esta fixo posible difundir e preservar o coñecemento adquirido.[4][5][6] Nalgúns casos, a escritura, á súa vez, converteuse nunha necesidade fundamental desde a aparición da agricultura.[7][8]

Esta historia está marcada tanto por unha sucesión gradual de migracións, intercambios culturais, descubrimentos e inventos, como por desenvolvementos moi acelerados ligados a cambios de paradigma e a períodos revolucionarios.

Nacemento dos estados

[editar | editar a fonte]
Primeiro desembarco de Cristovo Colón en América en 1492. A pintura corresponde á "Exposición Nacional, Medalla de Primeira clase" en 1862, por Dióscoro Puebla
Buzz Aldrin sobre a superficie lunar, 20 de xullo de 1969.
Bomba atómica sobre Nagasaki, 9 de agosto de 1945
Membros da Organización das Nacións Unidas.

Max Weber define estado como «unha organización humana que controla de maneira exclusiva e legal o uso da forza sobre unha zona xeográfica específica».[9]

Os primeiros estados apareceron no cuarto milenio antes de Cristo en Mesopotamia e en Exipto nas marxes do río Nilo,[10][11][12]. No terceiro milenio antes de Cristo xorde a Cultura do val do Indo,[13][14][15] e a civilización Caral no Perú. Tamén dá comezo a época dos Tres augustos e cinco emperadores nas marxes do río Amarelo.[16][17][18] Na China a partir do 2500 a. C.[19] aparece a primeira dinastía testificada pola arqueoloxía que é a dinastía Xia.[20] No segundo milenio antes de Cristo emerxeron civilizacións en Creta, Grecia Oriental e Turquía.[21]

Desde o século I a. C., desenvolveuse unha rede de rutas comerciais organizadas a partir do negocio da seda chinesa. As súas diversas rutas comezaban na cidade de Chang'an (actualmente Xi'an) na China, pasando entre outras cidades por Karakorum (Mongolia), o paso de Khunjerab (China/Paquistán), Susa (Persia), o val de Fergana (Taxiquistán), Taxila (Paquistán), Antioquía (Siria), Alexandría (Exipto), Kazán (Rusia) e Constantinopla ás portas de Europa, chegando até os reinos hispánicos no século XV, nos confíns de Europa e a Somalia e Etiopía en África oriental.

Os Casitas de Babilonia ou os Manchuria da China conseguiron conquistar estados moi desenvolvidos e, posteriormente, integráronse dentro das súas estruturas.[22] Os europeos conseguiron enclaves imperiais en Indonesia e as Molucas, mercé á ausencia de poderes políticos ou militares fortes na rexión.

En 1492, o navegante xenovés Cristovo Colón chegou ao continente americano, en 1498 o portugués Vasco da Gama conectou Europa coa India e en 1522 Juan Sebastián Elcano circunnavegou por primeira vez o globo (1519-1522). No século XV, navegantes chineses como Zheng He e portugueses como Henrique o Navegante, impulsados pola difusión do compás, a cartografía e a construción de grandes naves, estabeleceron rutas comerciais que conectaron Europa, África e Asia.

A finais do século XVI, conformouse unha gran rede de comercio marítimo a través do océano Pacífico con centros portuarios en Lima, Panamá, Manila, Guangzhou e Xiamen. Simultaneamente españois e portugueses abriron unha ruta para o comercio de escravos secuestrados en África e vendidos en América. No século XVI, os avances da ciencia como o de Andreas Vesalio en medicina e Nicolás Copérnico e Galileo Galilei en astronomía cambiaron a visión do mundo (para os europeos, polo menos). Sentaron así as bases para unha serie de descubrimentos: a teoría da gravidade de Isaac Newton, o principio de que toda vida procede doutra vida de Lazzaron Spallanzani, o descubrimento dos microorganismos por Anton van Leeuwenhoek, a vacinación de Edward Jenner etc. Por outra banda, o progreso da medicina con investigadores como Louis Pasteur permitiu alongar a esperanza de vida das persoas.

A inicios do século XVII, navegantes europeos chegaron a Australia. Só a Polinesia quedou fóra, e aínda así, as civilizacións do océano Pacífico sumáronse no século XVIII (illa de Pascua en 1722, e Hawai polo capitán Cook). Ao mesmo tempo, confirmáronse por primeira vez as hipóteses sobre o mítico continente austral, ao recibirse reportes da existencia da Antártida.

Por esta época, producíronse as revolucións liberais. Os esforzos de inventores como Thomas Newcomen e James Watt levaron á invención, a finais do século XVIII, da máquina de vapor. A industrialización puxo en mans das potencias colonias europeas novas armas para a guerra, como por exemplo o rifle de retrocarga, o acoirazado ou a metralladora, o que lles deu supremacía sobre os exércitos. En Europa durante o século XVIII, o desenvolvemento do coñecemento e a tecnoloxía alcanzou unha masa crítica que fixo posible a Revolución Industrial.[23]

Deu comezo a contaminación dos ecosistemas, a extinción das especies e a conseguinte diminución da biodiversidade. As emisións de dióxido de carbono desde mediados do século XIX, como produto da queima masiva de combustibles fósiles (carbón e petróleo), xerou o efecto invernadoiro.

Cara a 1835, os seres humanos alcanzaron por vez primeira os mil millóns de habitantes na súa historia. No paso dos séculos XIX a XX, o xurdimento de leis laborais protexeu aos traballadores e permitiu o xurdimento dunha clase media, e dunha sociedade de consumo a grande escala. Isto non foi sen duras loitas, nas cales as organizacións de traballadores (sindicatos) foron moitas veces prohibidas e perseguidas.

Aos poucos, todas as rexións e poboacións do globo caeron baixo o poder dun ou outro estado até que, mediante o Tratado de Berlín de 1878, o Reino Unido, o Imperio Austrohúngaro, Francia, o Imperio Alemán, o Reino de Italia, Rusia e o Imperio Otomán atribuíronse os últimos territorios desocupados, a excepción da Antártida.[24]

O esgotamento dos territorios mundiais para ser colonizados levou ás potencias europeas a chocar unhas con outras. En 1914, un incidente menor (o asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria) desatou a primeira guerra mundial até 1918. Con todo, a paz non foi satisfactoria.

Despois da primeira guerra mundial, produciuse a Gran Depresión, a guerra civil española (1936-1939) e a Revolución Rusa de 1917.

No ano 1939, estalou a segunda guerra mundial, na cal se enfrontaron as potencias Aliadas (Gran Bretaña, Unión Soviética, Estados Unidos, Francia Libre, Polonia, China e moitos máis) contra o Eixo (Alemaña nazi, Italia, Xapón).

A partir do final da segunda guerra mundial en 1946, emerxeu unha orde bipolar encabezada por Estados Unidos e a Unión Soviética. Ambos buscaban o dominio mundial, pero o temor ao arsenal nuclear inimigo levounos a evitar a confrontación aberta. Por isto, a este período chámaselle guerra fría. Moitos países de Europa do leste uníronse á Unión Soviética e formaron o pacto de Varsovia. A intensidade das hostilidades entre os Estados Unidos e a Unión Soviética foi escalando até chegar á crise dos mísiles de 1962. A consecuencia disto, ambas potencias abocáronse a relacións máis cordiais, xurdindo así a Détente. Na década de 1980, Estados Unidos embarcouse nunha nova carreira armamentista. En resposta, a Unión Soviética buscou reformarse a abrirse nun proceso chamado Perestroika, o cal saíu de control, e levou ao desmantelamento final da Unión Soviética e do bloque comunista (1989-1991).

Intentouse crear unha nova orde mundial tendente a evitar repetir os horrores das guerras mundiais, e para iso creouse a Organización das Nacións Unidas (ONU) en 1945, que en 1948 formulou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Pero a ONU foi relativamente insolvente para conter aos Estados Unidos e á Unión Soviética. Estes, pola súa parte, apoarion activamente a descolonización, desmantelando os imperios coloniais de Francia, Inglaterra e outros países europeos, como un xeito de intervir directamente nas novas repúblicas. Así, ao eixo "leste-oeste" (URSS-EUA) sumouse un eixo "norte-sur" (países ricos e países pobres). Aos países máis pobres e atrasados chamóuselles o Terceiro Mundo, por non ter maior cabida en ningún dos outros dous mundos, o do capitalismo estadounidense ou o do socialismo soviético.

O desenvolvemento dos foguetes na primeira metade do século XX permitiu por primeira vez ao ser humano enviar máis aló da atmosfera, naves e satélistes robóticos primeiro, e sondas tripuladas despois. A exploración do espazo desenvolveuse no marco da chamada carreira espacial entre a Unión Soviética e os Estados Unidos; despois do derrubamento da primeira, a exploración volveuse unha empresa de colaboración internacional. Así, a Estación Espacial MIR foi substituída pola Estación Espacial Internacional. En 1957, a Unión Soviética puxo en órbita o Sputnik 1, o primeiro satélite artificial. Logo, en 1961, séguelle Iuri Gagarin, o primeiro cosmonauta. A primeira muller foi Valentina Tereshkova, en 1963, e o primeiro camiñante espacial foi Aleksei Leonov en 1965. En 1969, chega o primeiro voo tripulado á lúa co Apolo XI. En 1977, comeza a misión Voyager, destinada a explorar o exterior do Sistema Solar. En 1983, a sonda Pioneer 10 chega até a heliopausa, o confín máis remoto do Sistema Solar, e abandona definitivamente este. En 1990, entra en órbita o Telescopio Espacial Hubble, o primeiro telescopio situado máis aló da atmosfera, e pioneiro de varios outros satélites que captan ondas electromagnéticas do espazo para o seu estudo.

Os progresos en materia electrónica levaron ao desenvolvemento da computadora. En 1943, entra en operacións o ENIAC, a primeira computadora. Con todo, non é senón até a invención do transistor, que estas se converten en ferramentas verdadeiramente potentes.

Na primeira metade do século XX, masifícase o uso da radio e na segunda metade do mesmo século masifícase o uso da televisión.

O mundo interconectouse, masificouse o uso de Internet que posibilita o intercambio de información a longas distancias e en breve tempo. Desenvolveuse o Proxecto Xenoma. É tamén unha sociedade de masas, que consome aceleradamente recursos e con iso pon en risco ao propio planeta. Este incremento tan espectacular do coñecemento, da ciencia, da tecnoloxía e do comercio, pero tamén, e en consonancia, do potencial destructor da guerra, xeraron unha situación que na actualidade afecta ao conxunto de comunidades que habitan a Terra.[25][26]

Nacemento dos supra estados (1990 d. C.- 2017 d. C.)

[editar | editar a fonte]

Neste período, os tratados cobran maior vigor. Así, en 1990, asinouse o Tratado de libre comercio de América do Norte; en 1991, fúndase a Mercosur; en 1993, nace a Unión Europea; en 1995, estabelécese a Organización Mundial do Comercio; en 1996, confórmase a Comunidade Andina; en 2001, nace a Unión Africana e en 2014 xorde a Unión Euroasiática.

The Clash of Civilizations and the Remaking of World Order

[editar | editar a fonte]

Por outra banda, Samuel P.Huntington no seu libro The Clash of Civilizations and the Remaking of World Order propuxo a tese de que o mundo non se está a globalizar por completo senón que se están a formar grandes civilizacións e moi distintas entre si. As civilizacións descritas pódense agrupar en:

División da historia

[editar | editar a fonte]
División da historia europea segundo Cristovo Cellarius
Prehistoria
Idade Antiga Antigüidade clásica
Antigüidade tardía
Idade Media Alta Idade Media
Baixa Idade Media Plena Idade Media
Crise da Idade Media
século XV
Idade Moderna

século XVI
século XVII
século XVIII
Idade Contemporánea século XIX
século XX
século XXI

A historia do mundo adoita ser dividida en períodos históricos. Os historiadores marxistas distinguen catro grandes períodos: comunismo primitivo, escravismo, feudalismo e capitalismo. O máis coñecido, aínda que tamén cuestionado por eurocéntrico,[29][30][31][32] foi inventado polo alemán Cristovo Cellarius en 1685, estabelecendo tres idades: Antiga, Media e Moderna. Os historiadores non europeos sostiveron que devandita periodización é só válida para a historia europea.

Paleolítico

[editar | editar a fonte]

O Paleolítico iníciase en África coas primeiras manifestacións de industria lítica, hai uns 2,85 millóns de anos, atribuída aos máis antigos representantes do xénero Homo.[44] Por outra banda, a xenética e o estudo dos fósiles din que os modernos Homo sapiens apareceron, tamén en África, hai uns 200 000 anos.[45][46]

É tamén no Paleolítico cando se desenvolve a linguaxe e se xeneraliza o enterro dos mortos.[47] Probablemente os enterros tiveron como un dos seus obxectivos ocultar a descomposición dos corpos, e indicar unha comprensión máis avanzada do concepto da morte.

Nun determinado momento, os humanos comezaron a facer uso do lume tanto para quentar como para cociñar os seus alimentos.[48] Nesta fase, os seres humanos dependeron da prea, a caza e a colleita; eran nómades, e non tiñan a capacidade de producir o seu propio alimento. Tamén se adornaban con diversos obxectos e é neste período cando aparecen as primeiras manifestacións artísticas.

Hai uns 50 000 anos, os seres humanos comezaron a estabelecerse por todo o planeta. Primeiro, en África, despois chegaron a Asia Central, desde onde se dirixiron, por unha banda, cara a Europa, e por outra banda, cara a América cruzando o Estreito de Bering.[49][50]

A rápida colonización humana de América do Norte e de Oceanía tivo lugar durante a glaciación, nunha época en que as actuais zonas temperadas eran extremadamente inhóspitas. Ao final da última glaciación, hai aproximadamente uns 12 000 anos, o home xa habitaba case a totalidade das zonas libres de xeo do mundo.[51] As últimas áreas colonizadas foron as illas da Polinesia, que foron ocupadas ao longo do primeiro milenio da nosa era.

As sociedades de cazadores-recolleitores eran, en xeral, de pequenas dimensións, e xa desenvolvían un tipo de estratificación social; tamén estabeleceron contactos con outras sociedades transcorrendo, nalgúns casos, grandes distancias, como é o caso dos aborixes australianos.

Co tempo, a maior parte destas sociedades ou se transformaron en estados agrícolas máis poderosos, ou foron exterminadas ou absorbidas por outros grandes estados; algúns grupos continuaron sobrevivindo illados do resto e, na actualidade, aínda seguen existindo nalgunhas rexións moi remotas.

Mesolítico

[editar | editar a fonte]

O Oriente Medio foi unha das primeiras rexións en desenvolver a súa agricultura, polo tanto, adiantáronse ao Mesolítico e comezaron a falar de Epipaleolítico. O mesolítico (grego: μεσο- [meso-], «medio», e λίθος [líthos], «pedra»; que quere dicir Idade Media de Pedra) inicia ao final do Paleolítico, hai aproximadamente uns 10 000 anos,[52] e finaliza co desenvolvemento da agricultura, aínda que esta data inicial varía segundo as determinadas peculiaridades de cada rexión. Nalgunhas zonas chegou a durar uns cantos milenios, pero en certos lugares onde a agricultura xa existía, como por exemplo no Oriente Medio, o mesolítico tivo unha duración curta e quedou mal definido,[52] nas rexións pouco afectadas pola glaciación ás veces se prefire falar de Epipaleolítico.[52]

Onde persistiu máis tempo foi en sociedades de Europa do norte,[53] xa que tiñan abundancia de alimentos debido a que vivían en zonas pantanosas aparecidas como consecuencia do cambio climático. Estas condicións favoreceron a existencia de diferentes ritmos no desenvolvemento, como se pode observar analizando os vestixios das culturas Azilense e Maglemosense.[54] A persistencia do Mesolítico atrasou a chegada do Neolítico, que se produciu arredor do 7000 a. C.[55]

Con todo, acháronse poucos vestixios deste período e estes limítanse xeralmente a residuos alimenticios, pero cabe destacar que nas rexións boscosas aparecen os primeiros signos de deforestación. Esta práctica non se xeneralizou senón ata o neolítico, que é cando a agricultura comezou a requirir da utilización de grandes espazos de cultivo.

En moitas zonas, o Mesolítico caracterizouse pola existencia de ferramentes de sílex, para obxectos destinados á pesca, aixes de pedra e artefactos de madeira, como por exemplo canoas e arcos que se acharon nalgúns lugares. Estes obxectos produto do progreso tecnolóxico desenvolvéronse primeiro en África, asociados coa cultura azilense, antes de estenderse cara a Europa a través de dúas zonas: a Península Ibérica e o Levante mediterráneo.[56]

Neolítico

[editar | editar a fonte]

O Neolítico —que quere dicir, a «nova idade de pedra»— é onde se produce o primeiro período de desenvolvemento tecnolóxico e social.[57] Esta etapa iniciouse hai uns 12 000 anos (no 10 000 a. C.) e caracterizouse pola creación dos primeiros poboados e pola aparición da agricultura, a gandería e a metalurxia.[58][59] Neste período é cando comeza o cultivo de certos cereais como o arroz, o trigo, o millo, e de tubérculos como a pataca. Deste xeito, o ser humano deixou de depender da caza, a pesca e da recolleita de produtos das plantas silvestres, e converteuse en autosuficiente; isto permitiu que se puidese adoptar un tipo de vida sedentaria, aínda que algunhas actividades como o pastoreo aínda seguiron requirindo da práctica do nomadismo ou do semi-nomadismo. A incorporación deste cambio de vida supuxo cambios na alimentación e, desta forma, aprendeuse a fabricar pan e a elaborar bebidas alcohólicas.

A agricultura

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Historia da agricultura.

O desenvolvemento da agricultura tivo numerosas consecuencias, algunhas delas de gran transcendencia para a historia da humanidade.[60] Unha das máis importantes foi o incremento das concentracións humanas que se organizaron e chegaron a formar estados. Aínda así, seguiron existindo pobos nómades, como os aborixes de Australia ou os boiximanes do sur de África, que non utilizaron a agricultura, e se o fixeron, foi nunha época máis recente.[61][62][63]

A mediados do quinto milenio a. C., produciuse un cambio crucial que foi o desenvolvemento da agricultura, cambio cualificado como "revolución" polo historiador australiano Gordon Childe[64]; tivo lugar na zona do Crecente Fértil, e cara a 7000 a. C. estendeuse a outros lugares, como ao val do Indo, a Exipto (6000 a. C.) e a China (5000 a. C.).[65] Por outra banda, en Mesoamérica tamén se atoparon restos arqueolóxicos que confirman que a agricultura xa se practicaba neste lugar no 2700 a. C.[66] A partir do 5500 a. C., xeneralizouse o desenvolvemento do regadío organizado e da utilización, por parte dos sumerios, de man de obra especialziada.

A investigación tradicional tendeu a concentrarse na rexión do chamado Crecente Fértil pero os estudos arqueolóxicos realizados no continente americano, así como no leste e sueste de Asia, mostran que certos sistemas agrícolas utilizaban diferentes tipos de cultivos e que funcionaban con apio de determinados animais, poderían terse desenvolvido de maneira paralela practicamente na mesma época.[67]

É, pois, o desenvolvemento da agricultura o que crea as condicións necesarias para facer posible a emerxencia de sociedades complexas, chamadas "civilizacións", a formación de estados e a aparación de mercados. E, de xeito paralelo, o desenvolvemento da tecnoloxía permitiu ao home exercer un control da natureza e desenvolver sistemas de trasnporte e redes de comunicación.[68]

O uso dos metais

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Idade dos Metais.
Fundición de cobre en murais funerarios exipcios.

O uso dos metais, o bronce e o ferro, suplantaron o sílex e outros materiais pétros que ata ese momento eran a materia básica para a elaboración de ferramentes agrícolas, armas e materiais de construción; isto fixo posible o poder dispoñer de obxectos máis duradeiros e eficientes.

Despois do cobre, descubríronse novas aliaxes do cobre co estaño ou o chumbo, que xuntos deron lugar a un novo produto, o bronce; este novo material é menos maleable, pero máis duro. Un gran salto tecnolóxico deuse co uso da forxa, estes fornos de alta temperatura fixeron posible a manipulación do ferro para producir ferramentes aínda máis resistentes. Esta secuencia tecnolóxica configurou a denominación das diferentes etapas da idade dos metais: a Idade do Cobre, a Idade de Bronce e a Idade de Ferro.

Todos estes materiais xa eran coñecidos polo home preneolítico, pero este non dominaba as técnicas para a súa elaboración e manipulación, técnicas que requirían de temperaturas moi altas. Os utensilios, armas e adornos de cobre ou bronce eran o material básico no 3000 a. C. Posteriormente, no Mediterráneo oriental, no Oriente Próximo e na China implantouse, de maneira xeneralizada, o uso do ferro.[69]

É posible que os habitantes de América non coñecesen o uso do ferro con anterioridade á cultura chavín (900 a. C.),[70] pero se sabe que os mochicas dispoñían de armaduras, de coitelos e de vaixelas de metal.[71] Os incas, que tiñan poucos recursos para conseguir metais, recorrían ao relevo dos seus arados, polo menos durante a conquista dos Chimú.[72] A investigación arqueolóxico no Perú foi pouco desenvolvida pero é posible que o aceiro xa existise nesa zona antes que en Europa.[73]

Historia de Euroasia

[editar | editar a fonte]

A partir do terceiro milenio a. C. xurdiron grandes civilizacións, creadoras de imperios territoriais e organicamente máis vastos cada vez. Os principais núcleos de civilización foron os seguintes:

A Gran Muralla Chinesa
Mapa político animado das dinastías na historia da China
  • Os tres Augustos e os cinco Emperadores foron os gobernantes da China anteriores á primeira dinastía Xia. A pesar do carácter lendario das historias é posible que na orixe destas lendas se atopen personaxes reais, xefes tribais do terceiro milenio a. C. que terían logrado vitorias militares previas á unificación da posiblemente lendaria dinastía Xia. As fontes históricas chinesas coinciden no número de tres Augustos e cinco Emperadores, pero as identidades destes varían segundo as fontes, existindo versións diversas tanto para os Augustos como para os Emperadores.
  • Dinastía Xia (2100 a. C. - 1600 a. C.). A dinastía Xia que segundo as crónicas chinesas tería durado do século XXI a. C. ao século XVI a. C., está considerada a primeira dinastía na historia chinesa. As memorias históricas de Sima Qian recollen os nomes dos 17 reis desta dinastía. Arredor dos ríos Yangtzé e Huang He xurdiu a cultura Xia e a cultura Shang. Esta sucumbiu ante os invasores Zhou, que gobernaron China durante a primeira metade do primeiro milenio a. C.
  • Dinastía Shang (1600 a. C. - 1046 a. C.). A dinastía Shang seguiu á lendaria dinastía Xia e precedeu á dinastía Zhou (1122 a. C. - 256 a. C.). Especúlase que foi fundada por un líder rebelde que destronou o (aínda lendario) derradeiro gobernante Xia. En 1951 foi atopado en Erligang, nas proximidades da actual cidade de Zhengzhou, provincia de Henan, o primeiro sitio arqueolóxico da denominada cultura de Erligang (1600 a . C. - 1400 a. C.), da Idade de Bronce na China. Moitos arqueólogos chineses cren que Zhengzhou atópase onde estivera unha antiga capital da dinastía Shang, o que identificaría a cultura de Erligang como un dos inicios da dinastía Shang. Sima Qian di nas súas Memorias históricas que a dinastía Shang trasladou a súa capital seis veces. O derradeiro e máis importante traslado, á cidade de Yin en 1350 a. C., conduciu á época dourada da dinastía. Shang Zhou, o derradeiro rei Yin, suicidouse despois de que o seu exército fose derrotado polo pobo Zhou. As lendas din que o seu exército lle traicionou uníndose aos rebeldes. Tanto as lendas coreanas como as chinesas manifestan que un desencantado príncipe Yin chamado Jizi, que refusou ceder o poder aos Zhou, deixou China coa súa gornición e fundou o estado de Choseon preto da actual Pyongyang, o primeiro estado coreano. Aínda que Jizi é mencionado só unhas poucas veces nas Memorias históricas, pénsase que a historia da súa marcha a Choseon non é senón un mito.
  • Dinastía Zhou (1046 a. C. - 256 a. C.). A finais do período Zhou creceron dous grandes escolas filosóficas, o confucianismo e o taoísmo.
  • O período das Primaveras e Outonos. Á súa vez, no século VI a. C., a antiga hexemonía Zhou dividiuse en varios reinos, os cales entraron nun estado crónico de guerra, durante o período de Primaveras e Outonos.
  • Os Reinos Combatentes (221 a. C.). Normalmente é considerado como a segunda parte da dinastía Zhou oriental. O rei de Zhou actuaba soamente como un emperador monicreque. O nome de período dos Reinos Combatentes provén do Rexistro dos Reinos Combatentes compilado nos primeiros anos da dinastía Han. A data do comezo do período dos Reinos Combatentes está en disputa. Mentres frecuentemente se cita o 475 a. C. como o seu inicio, seguindo ao período das Primaveras e Outonos; en outras ocasións se menciona o 403 a. C., a data da tripartición do estado de Jin, como o comezo deste período. O período dos Reinos Combatentes, en contraste ao período das Primaveras e Outonos, foi un período no que os señores da guerra rexionais anexaron estados máis pequenos ao seu redor e consolidaron o seu mandato. O proceso comezou no período das Primaveras e Outonos, e polo século III a. C., sete grandes estados alcanzaran certa prominencia. Estes Sete Reinos Combatentes eran Qi, Chu, Yan, Han, Zhao, Wei e Qin. Outro sinal deste desprazamento no poder foi un cambio de títulos: os señores da guerra aínda se consideraban duques do rei da dinastía Zhou, pero empezaron a chamarse a si mesmos reis, para implicar o significado de que se tiñan como iguais do rei de Zhou.
  • Dinastía Qin (221 a. C. - 206 a. C.). O nome Qín, que ten unha pronunciación similar en galego a "chin", é unha das posibles orixes da palabra China. A unificación da China no 221 a. C. baixo o primeiro emperador Qin Shi Huang, nome que podería traducirse como "O Augusto Emperador fundador dos Qin", marcou os comezos da China imperial, período que durou (con certas interrupcións) ata a caída da dinastía Qing en 1912. A dinastía Qin deixou o legado dun estado centralizado e burócrático que sería continuado nas dinastías sucesivas. O rei de Qin, Zheng, autoproclamouse "Primeiro Emperador", unha fórmula de títulos reservada anteriormente para deidades e os mitolóxicos gobernantes da China. É coñecido polos historiadores como Qin Shi Huang, Primeiro emperador de Qin. Á morte do emperador Qin Shi Huang sobreveu unha nova guerra civil.
  • Imperio han (206 a. C. - 220 d. C.). No ano 206 a. C., o xeneral Llu Bang unificou novamente a China, seguindo a continuación uns catro séculos de relativa paz e estabilidade política. O poder foi exercido pola Han Anterior ou Han Occidental e a Han Posterior ou Han Oriental, entre os séculos II a. C. e II d. C..
  • Tres Reinos (220 a. C. - 280 d. C.). Nun estrito sentido académico refírese ao período comprendido entre a fundación de Wei no 220 e a conquista dos Wu pola dinastía Jin no 280. Con todo, moitos historiadores chineses amplían o punto do comezo deste período á rebelión dos turbantes amarelos no 184.
  • Dinastía Jin (265 d. C. - 420 d. C.). Gobernou desde o ano 265 ao 420. Esta dinastía foi fundada pola familia Sima, devanceiros do xeneral e político do estado de Cao Wei, Sima Yi.
  • Dezaseis Reinos (304 d. C. - 439 d. C.). Entre os anos 304 e 439, o norte da China atravesou unha etapa de fragmentación política e de caos. Estes dezaseis reinos foran formados polos pobos de etnia non chinesa.
  • Dinastías Meridionais e Setentrionais. Precisamente sería outro pobo de etnia non chinesa, os tuoba, os que conseguiron unificar o norte da China ao derrotar a todos estes pequenos estados e proclamar a dinastía Wei do Norte no ano 440. Coa unificación do norte, China quedou dividida en dous estados: un no norte, no que se sucederon as chamadas dinastías setentrionais: Wei do Norte, Wei do Leste, Wei do Oeste, Qi do Norte e Zhou do Norte; e outro no sur, no que, ao ser derrocado o derradeiro emperador Jin en 420, sucedéronse catro dinastías na corte de Jiankang: os Song, Qi, Liang e Chen.
  • Dinastía Sui (581 d. C. - 618 d. C.). No ano 581, Yang Jian, xeneral do exército da dinastía Zhou do Norte, fíxose co poder e proclamou unha nova dinastía: os Sui. Oito anos despois, en 589, a dinastía Sui derrotou á débil dinastía Chen do Sur, co que conseguiu a reunificación do sur e do norte. Tras isto, iniciouse unha etapa de reformas institucionais e de consolidación do poder central. Nesta época, construíuse o Gran Canal e ampliouse a Gran Muralla Chinesa. Tamén foi unha época de promoción do budismo. No ano 604, Yang Guang sucedeu ao seu pai no trono quen morreu asasinado no ano 617. Iniciouse entón unha sucesión de guerras campesiñas, que finalizaron coa toma do poder por Li Yuan, no ano 618, que fundou a dinastía Tang, con capital en Xi'an.
  • Dinastía Tang (618 d. C. - 439 d. C.). No ano 618, un ano despois da morte do derradeiro emperador Sui, o militar Li Yuan asumiu o poder como emperador Gaozu da nova dinastía Tang. No ano 624, Taizong sucedeulle no trono. Tras a morte violenta do primeiro herdeiro ao trono, un segundo fillo do emperador subiu ao trono como emperador Gaozong en 649. A partir de novembro de 660. agravouse o estado de saúde do emperador Gaozong, e a Emperatriz Wu comezou a gobernar desde a sombra. Tras a morte do emperador, no ano 683, foi o seu terceiro fillo, o emperador Tang Zhongzong quen subiu ao trono, pero tras seis semanas, Wu usou o seu poder para destituilo e darlle o trono ao seu outro fillo, o emperador Tang Ruizong, que, como o seu irmán, gobernou de maneira nominal por un período breve, ata que a súa nai decidiu ratificar de xeito público e oficial o seu poder, converténdose na primeira e única muller na historia da China en ocupar o trono imperial. No ano 705, a emperatriz Wu, que, segundo as crónicas existentes, tiña xa 80 anos de idade, foi derrocada e o seu fillo o emperador Zhongzong retomou o poder, restaurando a dinastía Tang. Tras varios anos de loitas internas, o emperador Xuanzong consolidou o poder da dinastía. China neste período viviu unha época de esplendor cultural, con invencións como a pólvora ou o compás. No ano 904, o dirixente militar Zhu Wen lanzou un ataque contra Chang'an, destruíndo a cidade. A pesar da aparente fortaleza do imperio, o xeneral de orixe centroasiática An Lushan dirixiu unha das maiores rebelións chinesas, a rebelión de An Lushan, que sacudiu os cimentos do estado chinés no ano 755. O novo emperador Suzong logrou finalmente sufocar a rebelión no ano 763. Finalmente, en 907, Zhu Wen fixo matar ao derradeiro emperador Tang e proclamou unha nova dinastía: a dinastía Liang, con capitais nas cidades de Luoyang e Kaifeng.
  • Período das Cinco Dinastías e os Dez Reinos (907 d. C. - 960 d. C.). As cinco dinastías son as seguintes:
  • Dinastía Song (960 d. C. - 1279 d. C.). O emperador Taizu de Song (960 - 976) unificou China a través da conquista doutras terras durante o seu reinado, poñendo fin á axitación das Cinco Dinastías e os Dez Reinos. Durante esta dinastía usouse o papel moeda, a pólvora e o compás. A dinastía Song divídese en dous períodos distintos: o Song do Norte e o Song do Sur. Durante o Song do Norte (960 - 1127), a capital Song estivo na cidade do norte Bianjing (actualmente Kaifeng) e a dinastía controlaba a maior parte do interior da China. O Song do Sur fai referencia ao período tras o cal os Song perderon o control do norte da China fronte á dinastía Jin. Durante este período, a corte Song retirouse ao sur do río Yangtzé e estabeleceu a súa capital en Lin'an. En 1234, a Dinastía Jin foi conquistada polos mongois, quen tomaron o control do norte da China, mantendo precarias relacións cos Song do Sur. En 1271, Kublai Kan foi proclamado emperador da China.[74] Tras dúas décadas de enfrontamentos esporádicos, os exércitos de Kublai Kan conquistaron a dinastía Song en 1279.[75]
  • Dinastía Yuan (1279 - 1368)
  • Dinastía Ming (1368 - 1644). No ano 1351 d. C., un grupo denominado Os Turbantes Vermellos alzouse en rebelión. Zhu Yuanzhang era un agricultor pobre e un monxe budista que se uniu aos Turbantes Vermellos en 1352 e se forxou unha reputación ao casar coa filla adoptiva dun comandante rebelde.[76] En 1356, as forzas de Zhu tomaron a cidade de Nanjing,[77] a cal se converteu posteriormente na capital dos Ming. Co fin da dinastía Yuan, moitos grupos rebeldes comezaron a enfrontarse polo control do país. En 1363, Zhu Yuanzhang gañou a batalla do lago Poyang, na que fora posiblemente unha das maiores batallas navais da historia. Grazas ao uso de brulotes, os 200 000 mariños de Zhu conseguiron vencer aos seus rivais pese a que eran superiores en número. A vitoria eliminou a última facción rebelde, o que deixou a Zhu Yuanzhang como dono incontestable do rico val do Yangtzé e permitiulle afianzar o seu poder no Sur. Tras a sospeitosa morte do xefe dos Turbantes Vermellos cando era un invitado de Zhu en 1367, xa non había ninguén que puidese impedir o seu acceso ao trono e fixo públicas as súas ambicións imperiais ao enviar o seu exército cara a capital Yuan Dadu (actual Pequín). en 1368.[78]
  • Dinastía Qing (1644 - 1912). A dinastía Qing non foi fundada polos chineses han, senón polos manchús, que tanto hoxe como na antigüidade son minoría étnica na China. O estado manchú foi formado por Nurhaci, quen orixinalmente era un vasalo da dinastía Ming, cando se declarou emperador do Jin en 1609. Cando Ligden Khan, o derradeiro Gran Kan dos mongois, morreu no Tíbet en 1634, o seu fillo Ejei entregouse aos manchús e deulle un gran selo do emperador de Yuan a Hung Taiji, fillo e sucesor de Nurhaci. A dinastía Ming finalizou oficialmente cando o emperador Chongzhen da China, derradeiro emperador Ming, suicidouse colgándose nunha árbore no parque Jingshan. Pequín en abril de 1644 foi tomada por un líder chamado Li Zicheng. Wu Sangui, comandante xeneral dos Ming, fixo unha alianza co príncipe manchú, Dorgon, rexente do emperador Shunzhi de seis anos de idade, fillo do emperador Hung Taiji que falecera o ano anterior. Ambos exércitos derrotaron ás forzas rebeldes de Li Zicheng en batalla o 27 de maio de 1644. E así, os manchú estabelecéronse como unha nova dinastía na China. En 1848 aconteceu a Guerra do Opio.
  • A República da China (1912 - 1949). En 1912, o derradeiro emperador Qing, Puyi, foi derrocado. Sun Yat-sen chegou a ser nomeado Presidente da República da China. Con todo, Yuan Shikai, un líder militar, autoproclamouse emperador en 1915. Sun Yat-sen instalouse en Cantón, desde onde dirixe o Kuomintang, o partido político que el fundara. Chiang Kai-shek, sucesor de Sun Yat-sen á fronte do Kuomintang, conseguiu conquistar gran parte da China e estabelecer en Nanjing a capital da República da China. Chiang Kai-shek converteuse en Presidente da República. Pero no ano 1931 d. C., Xapón conquistou Manchuria, abandonou a capital Nanjing, ocupada polo Xapón, e repregouse ao interior, estabelecéndose na cidade de Chongqing. Tras o final da segunda guerra mundial, en 1945, o Xapón abandonou as súas conquistas en Asia, e a China recuperou Manchuria e Taiwán. Cando semellaba que o goberno de Chiang Kai-shek podería xa lograr consolidar a estabilidade da república, o partido comunista organizou unha rebelión armada contra o Kuomintang. Esta converteuse nunha guerra civil total a partir de 1947. En contra das previsións, os comunistas lograron vencer ao exército da República. O goberno do Kuomintang vaise a Taiwán.
  • A República Popular da China (1949 - actualidade). O 1 de outubro de 1949, o líder do Partido Comunista Chinés Mao Tse Tung proclama a República Popular da China desde a porta de Tian'anmen da Cidade Prohibida de Pequín. Mao foi o líder máximo da China ata a súa morte en 1976. Tras a morte de Mao, o sucesor elixido por este, Hua Guofeng, non conseguiu consolidar o poder, que acabou en mans de Deng Xiaoping. Deng Xiaoping iniciou un proceso de reformas económicas e apertura comercial ao resto do mundo. Desde entón, a economía chinesa conseguiu medrar a un ritmo espectacular. Tras a morte de Deng, o seu sucesor Jiang Zemin mantivo o poder ata o ano 2003, cando foi substituído por Hu Jintao, que gobernou a China ata o ano 2013, ano no cal foi substituído polo actual presidente Xi Jinping.

Europa Occidental

[editar | editar a fonte]
  1. Williams, H. S. (1904). The historians' history of the world. 
  2. Blainey, Geoffery (2000). Penguin Books, ed. A short history of the world'. ISBN 0-670-88036-1. 
  3. Gombricth, Ernst H. (2005). Universidade de Yale, ed. A little history of the world. Vitoria. 
  4. Encyclopedia Americana, 1986 ed., Vol. 29, p. 558.
  5. "Historia del Mundo, Webster, H. (1921).". Consultado o 29 de abril de 2009. 
  6. "Boston: D.C. Heath.". Consultado o 29 de abril de 2009. 
  7. Bellwood, Peter. (2004). First Farmers: The Origins of Agricultural Societies. Blackwell Publishers. ISBN 0-631-20566-7
  8. Cohen, Mark Nathan (1977). The Food Crisis in Prehistory: Overpopulation and the Origins of Agriculture. New Haven y Londres: Yale University Press. ISBN 0-300-02016-3.
  9. Max Weber. "Politik als Beruf", en Gesammelte Politische Schriften (Múnic, 1921), pp. 396-450. Orixinalmente foi unha conferencia na Universidade de Múnic, 1918, publicada en 1919 por Duncker & Humblodt, en Múnic.
  10. Baines, John y Jaromir Malek. The Cultural Atlas of Ancient Egypt, revised edition. Facts on File, 2000. ISBN 0-8160-4036-2.
  11. Bard, K. A. Encyclopedia of the Archaeology of Ancient Egypt. NY, NY: Routledge, 1999. ISBN 0-415-18589-0.
  12. Grimal, Nicolas. A History of Ancient Egypt. Blackwell Books, 1992. ISBN 0-631-19396-0.
  13. Allchin F., Raymond (ed.). The Archaeology of Early Historic South Asia: The Emergence of Cities and States. Nova York: Cambridge University Press, 1995.
  14. Chakrabarti, D. K. Indus Civilization Sites in India: New Discoveries. Mumbai: Marg Publications, 2004. ISBN 81-85026-63-7.
  15. Dani, Ahmad Hassan; Mohen, J-P. (eds.). History of Humanity, Volume III, From the Third Millennium to the Seventh Century BC. Nova York/París: Routledge/UNESCO, 1996. ISBN 0-415-09306-6.
  16. History of China. Edward H. Schafer, Time-Life, Time-Life Books - 1968 - 191 páxinas
  17. History and culture of China. Maurizio Scarpari, Carmen Artal - 2001 - 292 páxinas ISBN 978-968-5308-23-6
  18. Empire Mythologic. Roger Goepper, Helmut Brinker - 1988 - 460 páxinas ISBN 84-01-60748-5
  19. Wordpress. "El origen del estado chino" (en español). Consultado o 17 de maio de 2009. 
  20. Discovery Channel. "China Antigua" (en español). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2009. Consultado o 17 de maio de 2009. 
  21. Florentino Idoate. "El siglo II a. C." (en español). Consultado o 17 de maio de 2009. 
  22. MSM Encarta. "Los Casitas" (en español). Consultado o 12 de maio de 2009. [Ligazón morta]
  23. "Charles. Understanding the Industrial Revolution (2000). Online edition". Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2011. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  24. "Conferencia en Berlín, de 1884-1885 para distribuir África.". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2016. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  25. "Reuters - The State of the World. The story of the 21st century". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2009. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  26. "Scientific American Magazine, "The Climax of Humanity"". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2006. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  27. "Tratados y legislación". El portal de la Unión Europea. 2007. Archived from the original on 06 de outubro de 2010. Consultado o 26 de outubro de 2011. 
  28. "Tratado de Lisboa: la Unión Europea en el Mundo". Portal de la Unión Europea. 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2011. Consultado o 26 de outubro de 2011. 
  29. GUNDER FRANK, Andre (2008). "Introducción la historia mundial real frente a la teoría social eurocéntrica". Re-orientar: la economía global en la era del predominio asiático. Valencia: PUV. pp. 31–82. ISBN 9788437071510. 
  30. DUSSELL, Enrique (2007). Política de la liberación. Historia mundial y crítica. Madrid: Trotta. ISBN 9788481649246. 
  31. MIGNOLO, Walter (2000). "La colonialidad a lo largo y a lo ancho: el hemisferio occidental en el horizonte colonial de la modernidad". La colonialidad del saber: eurocentrismo y ciencias sociales. Buenos Aires: CLACSO. pp. 55-86. ISBN 9509231517. 
  32. QUIJANO, Aníbal (2000). "Colonialidad del poder, eurocentrismo y América Latina". La colonialidad del saber: eurocentrismo y ciencias sociales. Buenos Aires: CLACSO. p. 201. ISBN 9509231517. 
  33. Edad antigua (cronología)
  34. Hallo, William W. & William Kelly Simpson. The Ancient Near East: A History, Holt Rinehart and Winston Publishers, 1997.
  35. Sasson, Jack. The Civilizations of the Ancient Near East, Nova York, 1995.
  36. Van de Mieroop, Marc. History of the Ancient Near East: Ca. 3000-323 B.C., Blackwell Publishers, 2003.
  37. 37,0 37,1 "Internet Medieval Sourcebook Project". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2009. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  38. "The Online Reference Book of Medieval Studies". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2009. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  39. Fran Rees: Johannes Gutenberg: inventor of the printing press (112 páxinas), 2005. ISBN 0-7565-1862-8
  40. "Jacob Burckhardt (1878), The Civilization of the Renaissance in Italy, S. G. C. Middlemores. ISBN 0-14-044534-X". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2009. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  41. "The Cambridge Modern History. Vol 1: The Renaissance (1902)". Consultado o 29 de abril de 2009. 
  42. Grant, Edward. The Foundations of Modern Science in the Middle Ages: Their Religious, Institutional, and Intellectual Contexts. Cambridge: Cambridge Univ. Pr., 1996.
  43. Rice Jr., Eugene, F. The Foundations of Early Modern Europe: 1460-1559. W. W. Norton & Co., 1970.
  44. Sala, R. (2005a). "Las principales secuencias pliocuaternarias". En Carbonell, E. Homínidos: las primeras ocupaciones de los continentes. Barcelona: Editorial Ariel. pp. 135–160. ISBN 84-344-6789-5. 
  45. "Origins of Modern Humans: Multiregional or Out of Africa? por Donald Johanson". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2010. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  46. José Antonio Chamizo Guerrero. Ciencias naturales, Historia del mundo y Desarrollo Humano. ISBN 970-18-9991-1
  47. "Evolving in their graves: early burials hold clues to human origins - research of burial rituals of Neanderthals.". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  48. "El descubrimiento del fuego por parte del hombre.". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2009. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  49. "Genetic Variation and Population Structure in Native Americans". Consultado o 29 de abril de 2009. 
  50. "Teoría del poblamiento de América por medio del Estrecho de Bering". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2007. Consultado o 29 de abril de 2009. 
  51. Danilo J. Anton: Diversidad, globalización y la sabiduría de la naturaleza (302 páxinas), 2000. ISBN 0-88936-885-6,
  52. 52,0 52,1 52,2 "El Mesolítico". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2009. Consultado o 1 de maio de 2009. 
  53. "El Mesolítico, la Prehistoria y la Historia". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 1 de maio de 2009. 
  54. "Las antiguas culturas en el Mesolítico". Consultado o 1 de maio de 2009. 
  55. "El Neolítico". Consultado o 1 de maio de 2009. 
  56. "La cultura Aziliense". Consultado o 1 de maio de 2009. 
  57. "¿Qué pasó durante la revolución Neolítica?". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2009. Consultado o 3 de maio de 2009. 
  58. Bellwood, Peter: First farmers: the origins of agricultural societies. Blackwell Publishers, 2004. ISBN 0-631-20566-7
  59. "Museo Mundial del Hombre, la etapa Neolítica". 2005. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2008. Consultado o 3 de maio de 2009. 
  60. "La evolución de la Agricultura". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2009. Consultado o 3 de maio de 2009. 
  61. Oliphant, Margaret (1992). The Atlas of the Ancient World: Charting the Great Civilizations of the Past. Ebury. ISBN 0-09-177040-8. 
  62. Brinton, Crane (1984). A History of Civilization: Prehistory to 1715 (6ta. Edición ed.). Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall. ISBN 0-13-389866-0. 
  63. Chisholm, kane (1991). Early Civilization. Englewood Cliffs, N.J.: Usborne. ISBN 1-58086-022-2. 
  64. Gordon Childe acuñou os termos de «revolución neolítica» e «revolución urbana», que enfatizan a relevancia dos procesos de transformación, por encima das características que definen un período dunha maneira estándar.
  65. Ángeles González, María (1994). "1". Historia universal desde comienzos del hombre (1ra. edición ed.). pp. 21, 22. ISBN 970-18-8903-7. 
  66. Mazoyer, Marcel y Laurence Roudart: A history of world agriculture: from the neolithic age to the current crisis. Nueva York: Monthly Review Press, 2006. ISBN 1-58367-121-8
  67. "La agricultura desde hace diez mil años...". 2005. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 3 de maio de 2009. 
  68. Wordpress. "Los cambios que la tecnología le ha provocado a la sociedad" (en español). Consultado o 17 de maio de 2009. 
  69. Ángeles González, María (1994). "3". Historia universal desde comienzos del hombre (1ra. edición ed.). p. 35. ISBN 970-18-8903-7. 
  70. Ángeles González, María (1994). "10". Historia universal desde comienzos del hombre (1ra. edición ed.). p. 126. ISBN 970-18-8903-7. 
  71. Ángeles González, María (1994). "10". Historia universal desde comienzos del hombre (1ra. edición ed.). p. 124. ISBN 970-18-8903-7. 
  72. Ángeles González, María (1994). "10". Historia universal desde comienzos del hombre (1ra. edición ed.). p. 123. ISBN 970-18-8903-7. 
  73. Ángeles González, María (2003). "10". Cronología y supersticiones históricas (1ra. edición ed.). p. 124. ISBN 970-18-8903-7. 
  74. Rossabi 1988, p. 115
  75. Rossabi 1988, p. 76
  76. Ebrey (1999), 190-1.
  77. Gascoigne (2003), 151.
  78. Ebrey (1999), 191.
  79. Kamat.com
  80. National Geographic [1] Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. Una mirada a las tumbas de Stonehenge".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]