Saltar ao contido

Chandragupta Maurya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChandragupta Maurya

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento340 a. C. Editar o valor en Wikidata
Pataliputra, India (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte297 a. C. Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Shravanabelagola, India (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio Editar o valor en Wikidata
Emperador Maurya
321 a. C. – 297 a. C.
← Dhana de Magadha (pt) TraducirBindusara (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónXainismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónTaxila (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
ProfesoresChanakya e Bhadrabahu (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoConquest of the Nanda Empire (en) Traducir
Seleucid–Mauryan war (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaMaurya dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDurdhara (–319 a. C.) Editar o valor en Wikidata
FillosBindusara Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata

Chandragupta Maurya (en sánscrito devanágari: चन्द्रगुप्त मौर्य Candragupta Maurya), ás veces citado simplemente como Chandragupta, nado arredor de 340 a.C. e finado arredor de 298 a.C., foi un rei da India entre o 320 e o 298 a.C., aproximadamente,[1] fundador do Imperio Maurya.[2] Chandragupta logrou unificar a maior parte do territorio do subcontinente indio, polo que é considerado o primeiro emperador auténtico da India.[3]

Nos textos estranxeiros en grego e latín, é coñecido como Sandrokyptos (Σανδρόκυπτος), Sandrácoto, Sandrokottos (Σανδρόκοττος) ou Androcottus.[4]

Despois de depor o rei Mahapadma Nanda de Magadha, dominou gran parte do norte da India, creando o primeiro grande imperio indio, que logo foi estendido polo seu fillo Bindusara e o seu neto Aśoka. Crese que combateu a Alexandre o Grande cando este invadiu o norte da India. Tamén loitou contra Seleuco I (c. 304 a.C.), logrando o control total de Beluchistán e Afganistán.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ascendencia

[editar | editar a fonte]

A pesar de ser un dos principais monarcas da historia india, as orixes familiares de Chandragupta continúan a ser un misterio para os historiadores. Existen varias teorías sostidas por diversos investigadores.

A primeira afirma que Chandragupta Maurya era un descendente ilexítimo de reis da dinastía Nanda de Magadha. No drama sánscrito Mudrarakshasa chámase a Chandragupta Nandanvaia, e un comentador desta obra no século XVIII explica que o seu pai (chamado Maurya) era o fillo ilexítimo do rei Nanda Sarvarthasiddhi cunha muller de caste shudrá (escrava) chamada Mura. Doutra banda un comentarista do Visnú-purana di que Chandragupta era fillo dun príncipe Nanda cunha muller dasi (unha serva) chamada Mura. Estas teorías sobre as súas orixes parecen concordar coas pasaxes do historiador romano Xuniano Xustino (século III d. C.) quen relata que o rei indio Sandracottos (que os historiadores actuais identifican con Chandragupta) era de orixes humildes.

Doutra banda as fontes budistas e xainistas afirman que Chandragupta era fillo dunha familia de coidadores de pavóns (maiura-poshaka, en sánscrito). As fontes budistas contan que Chandragupta era o fillo dun xefe dun clan de coidadores de pavóns, mentres que as xainistas din que era o neto por vía materna dun xefe dunha aldea de coidadores de pavóns. Isto parece relacionarse cos comentarios do historiador romano Claudio Eliano (175-235 d. C.) quen escribe que no palacio de Chandragupta en Pataliputra se mantiñan pavóns.

Doutra banda está a teoría de que Chandragupta era un membro dun clan de Kshatriya denominado Moriya, dunha pequena república entre o que actualmente son Nepal e o estado de Uttar Pradesh. Esta hipótese sopórtase sobre o texto do Mahavamsa (unha antiga crónica budista sobre a historia de Sri Lanka).

Cómpre mencionar tamén as teorías que afirman que  Chandragupta puido ser orixinario de zonas da India noroccidental. Entre elas está unha que o fai un membro do clan ashvaka (que aparece mencionado nas fontes gregas como os assakenoi) da rexión de Gandhara.

Imperio de Chandragupta Maurya ao redor do 320 a.C.

As fontes para coñecer o reinado de Chandragupta son relativamente escasas e indirectas (do mesmo xeito que o son todas as fontes para o coñecemento da historia india antes das invasións islámicas). Por unha banda están os autores clásicos grecorromanos, interesados sobre todo polas campañas de Alexandre nos confíns orientais do Imperio aqueménida e que falan tanxencialmente sobre a India. A principal fonte grecorromana sobre o reinado de Chandragupta Maurya é o grego Megástenes, embaixador do rei macedonio Seleuco I ante a corte de Pataliputra. Desafortunadamente a obra de Megástenes (Índica) perdeuse e só quedan referencias indirectas da súa descrición da India nas obras de autores posteriores como Estrabón e Arriano. Doutra banda están as fontes nativas, crónicas budistas como o Mahavamsa e sobre todo a obra do conselleiro de Chandragupta, o brahmán Kautilia (tamén coñecido como Chanakya ou Visnú Gupta). Este conselleiro escribiu un tratado sobre a arte de gobernar, o Arthashastra, que os historiadores occidentais frecuentemente compararon coa obra de Maquiavelo. O Arthashastra non é unha obra de historia, senón máis ben unha obra do que hoxe en día se chaman ciencias políticas, pero inevitablemente contén moita información sobre a sociedade do seu tempo baixo o goberno maurya, polo que é unha das mellores fontes sobre este período. Tamén está Mudrarakshasa de Vishakha Datta,  drama histórico do século IV que narra a ascensión de Chandragupta ao poder na India setentrional:

Chanakya, ministro do rei Nanda (Dhana Nanda), é ofendido por este, polo que se aliou en vinganza a Chandragupta, quen tiña intencións usurpadoras. Un pacto co rei Parvata dunha rexión noroccidental asegura a vitoria sobre o rei Nanda. Parvata e Chandragupta repártense as antigas posesións dos nandas. Parvata, a continuación, morre envelenado pola astucia dunha moza, tralo cal é sucedido polo seu fillo Malaya Ketu. Este, unido ao último ministro dos nandas, reclama a herdanza de todos os antigos territorios dos nandas. O drama comeza cando Malaia Ketu e os seus aliados (os reis de Persia, Sind e Caxemira) se dispoñen a atacar a Pataliputra (a actual Patna, no estado de Bihar), a capital de Chanragupta. O desenlace chega cando Chanakya logra mediante astucias atraer o último ministro dos Nanda ao bando Maurya, e desfacer a conflagración de Malaia Ketu.

O autenticamente histórico neste drama redúcese aos feitos que tamén son narrados polas fontes gregas: a fin violenta dos nandas, a usurpación de Chandragupta, a formación do Imperio maurya e a loita contra os reinos bárbaros do Noroeste creados por mor da conquista de Alexandre.

O que se sabe con seguridade é que Chandragupta, axudado por Chanakya creou un imperio que abranguía dende o río Indo por occidente ata Bengala polo oriente. O primeiro grande enfrontamento de Chandragupta cun monarca estranxeiro ocorreu cando Seleuco I, un dos xenerais de Alexandre, que herdara as rexións orientais do seu imperio, tratou de conquistar a India no ano 305 a. C. Chandragupta logrou derrotar a Seleuco, quen curiosamente era alcumado Nikator ("vencedor"), tralo cal todas as terras ao oeste do Indo ata a actual Cabul pasaron á soberanía mauria. Para selar a paz, Seleuco entregoulle a Chandragupta unha das súas fillas como esposa, e Chandragupta á súa vez deulle a Seleuco uns elefantes que o axudaron a gañar a batalla de Ipsos sobre Antígono Monoftalmos.

Cara ao 298 a.C., Chandragupta renunciou ao trono en favor do seu fillo Bindusara. Tras converterse ao xainismo, terminou os seus días deixándose morrer de fame.

  1. Kulke, Hermann; Rothermund, Dietmar. A History of India (Third ed.). Routledge. ISBN 0-415-15481-2. 
  2. Kulke and Rothermund 1998:62
  3. "Kautilya's Arthaśāstra on War and Diplomacy in Ancient India]" (PDF) (1). doi:10.1353/jmh.2003.0006. ISSN 0899-3718. 
  4. William Smith (ed.), Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, 1870, Vol 3 páx. 705-6
  5. Biografías y Vidas. "Chandragupta Maurya". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Habib, Irfan. and Jha, Vivekanand. Mauryan India: A People's History of India, Nova Delhi, Tulika Books, 2016
  • Bongard-Levin, G. M. Mauryan India (Stosius Inc./Advent Books Division May 1986) ISBN 0-86590-826-5

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]