Saltar ao contido

Heriberto II de Vermandois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHeriberto II de Vermandois

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Herbert II de Vermandois Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento880 Editar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 943 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint-Quentin Editar o valor en Wikidata
Lay abbot (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixioso Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Carolinxia e Herbertiens (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdela da França
Hildebrande von Franken Editar o valor en Wikidata
FillosGuy I de Vermandois
 () Gerberge of Lorraine
Odón de Vermandois
 () Adela da França
Herberto III de Omois
 () Adela da França
Adela de Vermandois
 () Adela da França
Luitgarda de Vermandois
 () Adela da França
Hugo de Vermandois
 () Adela da França
Roberto I de Vermandois
 () Adela da França
Adalberto I, Conde de Vermandois
 () Adela da França Editar o valor en Wikidata
PaiHeriberto I de Vermandois Editar o valor en Wikidata
IrmánsBéatrice de Vermandois Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Vermandois-13

Heriberto ou Herberto II, nado en 880 e finado o 23 de febreiro de 943, foi conde de Vermandois, Soissons e Meaux á morte do seu pai Heriberto I entre 900 e 907.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Antes do 907, Heriberto II casara con Adela de Francia, filla de Roberto, marqués de Neustria e futuro rei de Francia co nome de Roberto I. Desta unión naceron:

Herdou a propiedade do seu pai e aumentou o seu poder territorial cara a Vexin e Champaña supostamente polo seu matrimonio coa condesa Adela de Meaux (filla de Roberto, marqués de Neustria (888-922), despois rei de Francia), sendo mencionado tamén en 918 como conde de Mazerais. En 922 loitou xunto ao bispo Seúlfo de Reims contra os seus vasalos sublevados e participou na revolta dos grandes homes do reino contra o rei de Francia Occidental Carlos o Simple ao que capturou con traizón en 923 en Château-Thierry ao que máis tarde levou a Péronne. Gardouno preso e empregouno como medio de presión contra o rei Raúl, e en 925, á morte do bispo Seúlfo, obtivo deste rei o bispado de Reims, cunha gran propiedade, para o seu segundo fillo Hugo de cinco anos.

En 926 apoderouse de Amiens e, á morte do conde Roger I de Laon, pediu o condado para o seu fillo máis vello e, a pesar da oposición do rei, ocupouno pola forza e finalmente Raúl tivo que transixir para evitar que Heriberto II liberase ao rei Carlos III (928); en Laon construíu unha cidadela (castelo de Gaillot). En 930 ocupou o castelo de Vitry no Perthois que pertencía a Bosón, irmán do rei Raúl e este reuniu un exército coa axuda de Hugo o Grande, marqués de Neustria e no 931 conquistaron Reims onde instalaron un novo bispo na persoa de Artaud; entón as forzas do rei reconquistaron Vitry e Laon e entraron en Château-Thierry e Soissons; Heriberto aínda conservou a cidadela de Laon (ata 938). Entón o conde achegouse ao rei de Alemaña Henrique o Paxareiro (931), pero finalmente someteuse ao rei de Francia Occidental en 935 e, coa mediación do rei Henrique de Alemaña, foi reposto en todos os seus dominios excepto Laon e Reims. O rei Lois IV de Ultramar deu o condado de Laon en 941 a Roger II, fillo do conde Roger I, e isto provocou unha nova revolta de Heriberto II, aliado cos duques de Neustria e Normandía, Hugo o Grande e Guillerme Longa Espada; Heriberto entrou en Reims e restaurou ao seu fillo Hugo como bispo, e o bispo Artaud (ou Artald) foi feito prisioneiro; a mediación de Otón I do Sacro Imperio Romano Germánico levou a unha transacción (Tratado de Visé, preto de Liexa, en 942).

Segundo Raoul Glaber[1] e tamén Dom Le Long, que menciona unha memoria local como fonte, foi presuntamente aforcado por orde de Lois IV de Ultramar o 23 de febreiro de 943[2][3]. Despois da súa morte e co fin de poñer fin ao poder de Vermandois, o seu cuñado, Hugo o Grande, repartiu os seus bens entre os seus diversos fillos.

  1. Louis-Paul Colliette, Mémoires pour servir à l'histoire ecclésiastique, civile et militaire de la province du Vermandois, Berthoud, 1771, pàg. 457
  2. . L'esprit des journaux J. J. Tutot, 1785,pàg. 89
  3. . Philippe Lauer, Le régne de Louis IV d'Outre-mer, pàg. 292,293, É. Bouillon, 1900

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Christian Settipani, La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire génealogique de l'auguste maison de France, vol. 1), ed. Patrick van Kerrebrouck, 1993 ISBN 2-9501509-3-4

Outros artigos

[editar | editar a fonte]