Condado de Troyes
O condado de Troyes foi unha xurisdición feudal de Francia situado na rexión de Champaña e centrada na poboación de Troyes. A rexión foi cristianizada no século III, e suponse que foi grazas ao seu bispo São Lupus que Atila non a destruíu. Dise que o bispo ofreceu a súa propia vida a cambio de que salvase a cidade. A cidade foi próspera até o século VIII, cando foi atacada violentamente por musulmáns e normandos. Xa no século X se converteu nunha das zonas comerciais máis importantes da comarca da Champaña, grazas ao bo goberno dos seus condes nas grandes feiras de Champaña. En 1151, o condado de Troyes e mailo condado de Meaux foron fusionados polos condes de Vermandois, dando lugar ao condado de Champaña, que posteriormente se incorporou ao condado de Blois. A comarca, aínda así, seguiu prosperando. Este crecemento máis os intercambios comerciais, relixiosos e intelectuais continuaron até a Guerra dos Cen Anos.
Lista de condes
[editar | editar a fonte]Século IX
[editar | editar a fonte]- 820 - 852: Alerán (m. 852).
- 853 - 858: Odón ou Eudes I (m. 871 ), probabelmente irmán máis vello de Roberto o Forte, casado con Wandilmodis. Eudes I foi deposto en 858 por terse rebelado.
- 858 - 866: Rodolfo (m. 866 ), avogado de Saint-Riquier, tío de Carlos II o Calvo.
- 866 - 871: Odón I (posíbel unha segunda vez, pero tamén se sinala a Bosón V da Provenza en 870 (?).
- 871 - 876: Odón II, fillo.
- 876 - 886: Roberto I chamado " Porta alxaba ", irmán. Casado con Xisela, filla de Lois II o Tatexo.
- 886 - 894: Adalelmo, fillo de Emenón, conde de Poitiers e irmán de Roberto I.
Século X
[editar | editar a fonte]- 894 - 921: Ricardo o Xusticeiro (m. 921 ), duque de Borgoña, casou con Adelaida, filla de Conrado II de Borgoña. En 894 tomou o título de Conde de Borgoña tras conquistar a cidade.
- 921 - 923: Raúl I de Francia (m. 936 ), fillo. Duque de Borgoña (921-923), casado con Emma, filla de Roberto I, rei de Francia (923-936).
- 923 - 924: Garnier de Sens (m. 924), fillo de Ricardo, conde de Amiens (883-885) e conde de Autun (879-885). Casado con Teutberga de Arlés, filla de Teobaldo de Arlés.
- 926 - ?: Ricardo, fillo.
- 936 - 952: Hugo o Negro (m. 952 ), irmán, duque de Borgoña.
- 952 - 956: Xilberto de Chalon (m. 956 ), conde principal dos borgoñóns.
- 956 - 967: Roberto II de Vermandois, conde de Meaux (943-967) e de Troyes (956-967), fillo de Heriberto II, conde de Vermandois. Casou con Adelaida de Werra, condesa de Troyes, filla de Xilberto de Chalon.
- 967 - 997: Heriberto I de Troyes, conde (III) de Meaux e (I) de Troyes, fillo.
Século XI
[editar | editar a fonte]- 997 - 1022: Estevo I, conde de Meaux e Troyes, fillo.
- 1022 - 1037: Odón I (III) (983-1037 ), conde de Blois, Chartres, Reims, Meaux e Troyes, curmán.
- casou en primeiro matrimonio en 1103 con Matilde de Normandía (m. 1006).
- casou en segundo matrimonio con Ermengarda de Auvernia.
- 1037 - 1047: Estevo II (m. 1047 ), conde de Meaux e Troyes, fillo (con Ermengarda de Auvernia).
- 1047 - 1066: Odón II (IV) (m. 1115 ), conde de Meaux e Troyes, fillo
- acompañou a Guillerme o Conquistador e instalouse en Inglaterra. O seu tío apoderouse dos seus dominios de Champaña.
- 1066 - 1089: Teobaldo I de Troyes e III de Blois (1019 - 1089 ), conde de Blois, etc., de Meaux e Troyes, fillo de Odón I (III) e Ermengarda de Auvernia
- casou en primeiro matrimonio con Garsenda de Maine.
- casou en segundo matrimonio con Adelaida de Valois.
Século XI
[editar | editar a fonte]- 1093 - 1125: Hugo I de Champaña (m. 1126 ), conde de Troyes, conde de Champaña en 1102, fillo de Teobaldo I (III) e Adelaida de Valois.
A partir de entón, o título de conde de Troyes quedou cuberto polo de conde de Champaña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Condado de Blois
- Condado de Champaña
- Condado de Meaux