Hannibal Lecter
Hannibal Lecter | |
---|---|
Anthony Hopkins interpretou a Lecter en O silencio dos cordeiros. | |
Creador(es) | Thomas Harris |
Información | |
Alcume | Hannibal the Cannibal The Chesapeake Ripper |
Sexo | Masculino |
Título | Dr. Hannibal Lecter Conde Hannibal Lecter VIII |
Cónxuxe | Clarice Starling (nos libros) |
Hannibal Lecter é unha personaxe ficticia da serie de novelas creadas por Thomas Harris. A personaxe de Lecter apareceu por primeira vez no ano 1981 na novela Red Dragon como un psiquiatra forense e un asasino en serie caníbal. A novela e a súa secuela, The Silence of the Lambs, presenta a Lecter como un dos principais antagonistas, ademais dos dous asasinos en serie que aparecen en cadansúa novela. Na terceira novela, Hannibal, Lecter convértese en protagonista. O seu papel como antiheroe xorde na cuarta novela, Hannibal Rising, que explora a infancia e a súa conversión nun asasino en serie.
A primeira adaptación ó cinema das novelas de Harris foi Manhunter (baseada en Red Dragon) que está protagonizada por Brian Cox como Lecter, escrito "Lecktor" no filme. En 1991, Anthony Hopkins gañou o Oscar ó mellor actor pola súa interpretación da personaxe en O silencio dos cordeiros. Retomou o papel en Hannibal en 2001 e en Red Drago en 2002.
A serie de televisión da NBC Hannibal estreouse en 2013, e céntrase no desenvolvemento da relación entre Lecter e o axente do FBI Will Graham. Na serie, Lecter é interpretado polo actor dinamarqués Mads Mikkelsen, que gañou un Premio Saturn pola súa interpretación.