Hannibal (serie de televisión)
Hannibal | |
---|---|
Formato | |
Creado por | Bryan Fuller |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes | |
Tema de apertura | Brian Reitzell |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 39 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | |
Duración | 42 minutos |
Distribuidor | Sony Pictures Television |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NBC |
Primeiro episodio | 4 de abril de 2013 |
Derradeiro episodio | 29 de agosto de 2015 |
Na rede | |
http://www.nbc.com/hannibal/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hannibal é unha serie de terror psicolóxico e suspense desenvolvida por Bryan Fuller para a canle NBC. A serie está baseada nas personaxes e elementos que aparecen nas novelas de Thomas Harris Red Dragon e Hannibal, que se centran na relación entre o investigador especial do FBI Will Graham (Hugh Dancy) e Hannibal Lecter (Mads Mikkelsen), un psiquiatra forense destinado a ser o meirande inimigo de Graham.
A serie tivo 13 episodios na súa primeira tempada, e ó contrario que moitas das series estadounidenses, as seguintes tempadas tamén terían 13 episodios. O produtor executivo David Slade dirixiu o primeiro episodio. A serie comezou a emitirse a través da NBC o 4 de abril de 2013.[4] O 9 de maio de 2014, NBC renovou Hannibal para a súa terceira tempada,[5] que se emitiu o 4 de xuño de 2015.
O 22 de xuño de 2015, a NBC cancelou Hannibal despois de tres tempadas por mor da baixa audiencia.[6] O final da serie emitiuse no Canadá a través da canle City o 27 de agosto de 2015, e dous días despois emitiuse nos Estados Unidos a través da NBC.
A serie recibiu a aclamación da crítica, que salientaron as interpretación dos actores principais e o estilo visial da serie.[7][8] As primeiras dúas tempadas gañaron os Premios Saturn como mellor serie de televisión e como mellores actores a Mikkelsen e Dancy respectively. Laurence Fishburne gañou o Premio Saturn como mellor actor secundario pola tempada dúas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Day, Carla (27 de febreiro de 2014). BuddyTV, ed. "'Hannibal' Exclusive Interview: Bryan Fuller on His 'Beautiful Horrible' Horror Show". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2016.
- ↑ MacFarlane, Jessica Maria (11 de xaneiro de 2016). "Here’s What HANNIBAL Season 4 Would’ve Looked Like". Nerdist. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2016.
- ↑ Baxton, Greg (2 de abril de 2013). Los Angeles Times, ed. "NBC hopes crime thriller fans will eat 'Hannibal' up". Consultado o 13 de agosto de 2016.
- ↑ Hibberd, James (14 de febreiro de 2013). Entertainment Weekly, ed. "'Hannibal' finally gets premiere date". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2013.
- ↑ Andreeva, Nellie (9 de maio de 2014). "NBC Renews 'Hannibal' For Third Season". Deadline.com. Consultado o 9 de maio de 2014.
- ↑ Ausiello, Michael (22 de xuño de 2015). "Hannibal Cancelled at NBC". TVLine. Consultado o 22 de xuño de 2015.
- ↑ VanDerWerff, Todd; Saraiya, Sonia (6 de decembro de 2013). The A.V. Club, ed. "Hannibal's powerful visuals make it one of the best shows of 2013". Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
- ↑ Nussbaum, Emily (29 de xuño de 2015). The New Yorker, ed. "To Serve Man". Consultado o 8 de xullo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hannibal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Hannibal na IMDb (en inglés).