Estereóbata
Unha estereóbata (do grego antigo στερεοβάτης: base sobre a que se apoia unha columna)[1] é, na arquitectura, unha base elevada sobre a que se sustentan os muros ou unha columnata.[2] Hai unha certa confusión terminolóxica sobre o concepto pois, ás veces, refírese ao conxunto da plataforma sobre a que se apoia a construción[3][4] e, noutras ocasións, denomínase así ao conxunto dos dous primeiros chanzos da plataforma.[5]
Grecia
[editar | editar a fonte]Na arquitectura grega, a plataforma sobre a que se ergue o templo denomínase crepidoma ou krepis. Consta, na orde dórica, de tres chanzos, dos cales, os dous primeiros denomínanse estereóbata, mentres o último chanzo é o que se coñece como estilóbata.
Roma
[editar | editar a fonte]Nos templos romanos, a base que fai a función de estereóbata chámase podio.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lajo Pérez, Rosina (1990). Léxico de arte (en castelán). Madrid: Akal. ISBN 978-84-460-0924-5.
- García Vintimilla, Teresa (2016). Breve historia de la arquitectura (en castelán). Madrid: Nowtilus. ISBN 978-84-9967-756-9.
- Santabárbara Moreno, José María (2016). VITAE. Vocabulario Ilustrado de Términos Artísticos (en castelán). Edición dixital. Madrid: Ediciones Internacionales Universitarias. ISBN 978-84-8469-3413.