Saltar ao contido

Entaboamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entaboamento do Partenón

Chámase entaboamento ou cornixamento [1] ao conxunto de pezas que gravitan inmediatamente sobre as columnas na arquitectura arquitrabada.

Características

[editar | editar a fonte]

Divídense en tres seccións:

A orixe destes elementos parece proceder do feito de que os antigos construtores imitaran en pedra as formas coas que construían en madeira. Así o arquitrabe sería a transposición en pedra dunha viga de madeira. Os triglifos do friso serían as cabezas das vigas secundarias que apoian sobre a anterior, e a cornixa sería o bordo do taboado de madeira.

Sobre a cornixa apóianse formando un coroamento, outras dúas cornixas en ángulo ou unha soa arqueada chamándose a este conxunto triangular frontón. O espazo circunscrito polo triángulo resultante recibe o nome de tímpano. Os lados do frontón conforman os laterais da cuberta.

Entre as diferentes formas de frontón as máis comúns son:

  • o frontón triangular (que é o máis habitual)
  • o frontón circular
  • o frontón partido
  • o frontón aguzado
  • o frontón rebaixado (segundo a altura do triángulo)
  • o gablete ou piñón é un frontón aguzado e de puro adorno propio da arquitectura oxival. Tamén se chama muro piñón á parte alta dun muro nas construcións a dúas augas terminada en forma triangular.
  1. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: Dicionario visual da construción, 2004, px. 3-04.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]