Saltar ao contido

Delfinoideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Delfinoideos
Delphinoidea

Rango fósil: oligoceno - presente

Golfiños comúns
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Delphinoidea
Flower, 1865 [1]
Familias
Orcinus orca, o máis grande.
Cephalorhynchus commersonii, o máis pequeno.

A dos delfinoideos (Delphinoidea) é unha superfamilia de cetáceos que constitúe o grupo máis grande dos odontocetos, con 66 xéneros distribuídos en 6 familias.

A superfamilia foi instituída en 1865 por William Henry Flower, e foi considerada como monofilética por Geisler et al. en 2011.[1]

E aínda que non é recoñecida como tal superfamilia por todos os cetólogos, si foi admitida, entre outros, por de Muizon (1988), Dawson (1996), Fordyce e de Muizon (2001), Kazar et al. (2004), Uhen et al. (2008), Geisler et al. (2011),[1] e Bianucci et al. (2011).[2]

Comprende a todos os cetáceos denominados golfiños lato sensu, é dicir, ademais dos golfiños propiamente ditos, outras especies semellantes como os arroaces, as toniñas, os caldeiróns ou a candorca.

Esta última é o membro máis grande existente da superfamilia, que pode alcanzar até 9,5 m de lonxitude (os machos) e pesar até 6 t (as femias son menores), e que ten a maior aleta dorsal do Reino animal (pode medir até 1,8 m de altura), mentres que Cephalorhynchus commersonii, coñecido na bibliografía internacional como golfiño de Commerson, que vive no mar austral suramericano, cos seus 145 cm de lonxitude e entre os 40–50 kg de peso, é non só o golfiño, senón o cetáceo máis pequeno existente no mudo.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Orde Cetacea

Ademais existen algúns xéneros, a maioría fósiles pero outros con especies viventes, incertae sedis.

  1. 1,0 1,1 1,2 Paleobiology Database
  2. G. Bianucci, M. Gatt, R. Catanzariti, S. Sorbi, C. G. Bonavia, R. Curmi, e A. Varola (2011): "Systematics, biostratigraphy and evolutionary pattern of the Oligo-Miocene marine mammals from the Maltese Islands". Geobios 44:549-585.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]