Delfinoideos
Delfinoideos Delphinoidea Rango fósil: oligoceno - presente | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Golfiños comúns | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||||||||
A dos delfinoideos (Delphinoidea) é unha superfamilia de cetáceos que constitúe o grupo máis grande dos odontocetos, con 66 xéneros distribuídos en 6 familias.
A superfamilia foi instituída en 1865 por William Henry Flower, e foi considerada como monofilética por Geisler et al. en 2011.[1]
E aínda que non é recoñecida como tal superfamilia por todos os cetólogos, si foi admitida, entre outros, por de Muizon (1988), Dawson (1996), Fordyce e de Muizon (2001), Kazar et al. (2004), Uhen et al. (2008), Geisler et al. (2011),[1] e Bianucci et al. (2011).[2]
Comprende a todos os cetáceos denominados golfiños lato sensu, é dicir, ademais dos golfiños propiamente ditos, outras especies semellantes como os arroaces, as toniñas, os caldeiróns ou a candorca.
Esta última é o membro máis grande existente da superfamilia, que pode alcanzar até 9,5 m de lonxitude (os machos) e pesar até 6 t (as femias son menores), e que ten a maior aleta dorsal do Reino animal (pode medir até 1,8 m de altura), mentres que Cephalorhynchus commersonii, coñecido na bibliografía internacional como golfiño de Commerson, que vive no mar austral suramericano, cos seus 145 cm de lonxitude e entre os 40–50 kg de peso, é non só o golfiño, senón o cetáceo máis pequeno existente no mudo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]- Suborde Odontoceti
- Infraorde Delphinida
- Superfamilia Delphinoidea
- Familia Albireonidae
- Familia Delphinidae – golfiños propiamente ditos, candorcas, caldeiróns
- Subfamilia Delphininae
- Subfamilia Lissodelphininae
- Subfamilia Orcininae
- Subfamilia Stenoninae
- Subfamilia Lophocetinae
- Subfamilia Pithanodelphininae
- Familia Monodontidae – narval e beluga
- Subfamilia Delphinapterinae
- Subfamilia Monodontinae
- Familia Phocoenidae – toniñas
- Subfamilia Phocoeninae
- Subfamilia Phocoenoidinae
- Superfamilia Delphinoidea
- Infraorde Delphinida
Ademais existen algúns xéneros, a maioría fósiles pero outros con especies viventes, incertae sedis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Paleobiology Database
- ↑ G. Bianucci, M. Gatt, R. Catanzariti, S. Sorbi, C. G. Bonavia, R. Curmi, e A. Varola (2011): "Systematics, biostratigraphy and evolutionary pattern of the Oligo-Miocene marine mammals from the Maltese Islands". Geobios 44:549-585.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Delfinoideos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Delphinoidea en Tree of Life.