Contos do Castromil
Contos do Castromil é o nome dunha colección de trinta relatos curtos, doutros tantos autores, iniciativa da empresa de autocares Castromil, que os puña, de balde, a disposición dos seus clientes.
Descrición
[editar | editar a fonte]En 1992, 1993 e 1994, co patrocinio da Xunta de Galicia, a iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, e editados por Ir Indo, distribuíronse 450 000 exemplares.[1] A dirección literaria estivo a cargo de Xosé González Martínez, Xoaquín Monteagudo, Paulino Novo e Xosé M. Rodriguez Abella.
“ | Contos do Castromil é unha colección que pretende achegar ó lector e viaxeiro unha selección de autores de relato galego que o leven tamén pola rota da imaxinación. | ” |
— Contraportada |
Autores
[editar | editar a fonte]Os vinte e nove[2] autores dos títulos que compoñen a colección non cobraron polos seus textos, porén todos eles recibiron un carné que lles permite viaxar sen pagar en calquera das liñas do Castromil, igual co que no seu día tivera Ramón Otero Pedrayo.[3]
Os nomes e títulos son os seguintes:
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La cuarta generación sin «castromiles»". La Voz de Galicia. 6/12/2001.
- ↑ Non son 30 autores porque un repetiu (Ferro Ruibal: n.os 7 e 28).
- ↑ "Presentación de «Contos do Castromil»" Arquivado 22 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Fundación Galicia Empresa.
- ↑ Querida avoa reeditado en PDF por Castromil (grupo Monbus) en 2018, co gallo do DLG.
- ↑ Inclúe tamén As toupas e O home dos ferranchos.
- ↑ Reeditado en 2019 por Galaxia.
- ↑ Despois reeditado por Galaxia [1]