Campionato de Europa de Atletismo
Aparencia
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | atletismo |
Organizador | Asociación Europea de Atletismo |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1934 – |
Período de ocorrencia | 2 |
O Campionato de Europa de Atletismo (en inglés European Athletics Championship) é un evento atlético periódico organizado pola Asociación Europea de Atletismo (European Athletic Association, EAA) que se celebra, inicialmente cada catro anos e desde 2010 cada dous, nunha cidade previamente designada.
A primeira edición celebrouse en 1934 en Turín, Italia, e ata o 2021 celebráronse 24 edicións. En 1942 non se disputou o campionato por mor da segunda guerra mundial. A edición de 2020, que se había celebrar en París, foi cancelada por culpa da pandemia de coronavirus.
Campionatos
[editar | editar a fonte]Edición | Ano | Cidade | Datas | Estadio |
---|---|---|---|---|
I | 1934 | Turín Italia | 7 - 9 de setembro | Estadio Comunale |
II | 1938 | París Francia | 3 - 5 de setembro | Estadio de Colombes |
III | 1946 | Oslo Noruega | 22 - 25 de agosto | Estadio Bislett |
IV | 1950 | Bruxelas Bélxica | 23 - 27 de agosto | Estadio Heysel |
V | 1954 | Berna Suíza | 25 - 29 de agosto | Estadio Neufeld |
VI | 1958 | Estocolmo Suecia | 19 - 24 de agosto | Estadio Olímpico |
VII | 1962 | Belgrado Iugoslavia | 12 - 16 de setembro | Estadio Partizan |
VIII | 1966 | Budapest Hungría | 30 de agosto - 4 de setembro | Nep Stadium |
IX | 1969 | Atenas Grecia | 16 - 21 de setembro | Estadio Olímpico |
X | 1971 | Helsinqui Finlandia | 10 - 15 de agosto | Estadio Olímpico |
XI | 1974 | Roma Italia | 2 - 8 de setembro | Stadio Olimpico |
XII | 1978 | Praga Checoslovaquia | 29 de agosto - 3 de setembro | Estadio Evžena Rošického |
XIII | 1982 | Atenas Grecia | 3 - 9 de setembro | Estadio Olímpico |
XIV | 1986 | Stuttgart Alemaña Occidental | 29 de agosto - 3 de setembro | Estadio Gottlieb Daimler |
XV | 1990 | Split Iugoslavia | 26 de agosto - 2 de setembro | Estadio Poljud |
XVI | 1994 | Helsinqui Finlandia | 7 - 14 de agosto | Estadio Olímpico |
XVII | 1998 | Budapest Hungría | 18 - 23 de agosto | Nep Stadium |
XVIII | 2002 | Múnic Alemaña | 6 - 11 de agosto | Estadio Olímpico |
XIX | 2006 | Gotemburgo Suecia | 7 - 13 de agosto | Estadio Ullevi |
XX | 2010 | Barcelona España | 27 de xullo - 1 de agosto | Estadio Olímpico Lluís Companys |
XXI | 2012 | Helsinqui Finlandia | 27 de xuño - 1 de xullo | Olympiastadion |
XXII | 2014 | Zürich Suíza | 12 - 17 de agosto | Letzigrund |
XXIII | 2016 | Ámsterdam Países Baixos | 6 - 10 de xullo | Olympisch Stadion |
XXIV | 2018 | Berlín Alemaña | 7 - 12 agosto | Estadio Olímpico |
XXV | 2020 | París Francia | non se chegou a celebrar |