Saltar ao contido

Bohemian Rhapsody (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bohemian Rhapsody
Ficha técnica
Título orixinalBohemian Rhapsody
Director
Produtor
GuiónAnthony McCarten
Intérpretes
MúsicaJohn Ottman
FotografíaNewton Thomas Sigel
MontaxeJohn Ottman
Estudio
Distribuidora20th Century Fox
EstreaSSE Arena: 23 de outubro de 2018
Duración134 minutos[3]
OrixeReino Unido Reino Unido[4]
Estados Unidos de América Estados Unidos[4]
XéneroBiográfico
Orzamento50–55 millóns de dólares[5][6]
Recadación751,9 millóns de dólares[7]
Na rede
https://www.foxmovies.com/movies/bohemian-rhapsody e http://www.foxmovies-jp.com/bohemianrhapsody/
IMDB: tt1727824 Filmaffinity: 486640 Allocine: 185719 Rottentomatoes: m/bohemian_rhapsody Mojo: bohemianrhapsody Allmovie: v670695 TCM: 2134632 Metacritic: movie/bohemian-rhapsody TV.com: movies/bohemian-rhapsody
Facebook: BohemianRhapsodyMovie Twitter: BoRhapMovie Instagram: bohemianrhapsodymovie BNE: XX5888130 Netlix: 80994899 Editar o valor en Wikidata

Bohemian Rhapsody é un filme biográfico británico-estadounidense de 2018 sobre o cantante británico Freddie Mercury e o grupo de rock Queen.[8] Foi dirixida por Bryan Singer, aínda que Dexter Fletcher asumiu o cargo de director as últimas semanas de rodaxe tralo despido de Singer.[9][10] O guión foi escrito por Anthony McCarten e foi producido por Graham King e Jim Beach, antigo representante de Queen. Está protagonizada por Rami Malek, Gwilym Le, Ben Hardy e Joseph Mazzello. O filme estreouse o 24 de outubro de 2018 no Reino Unido.[11]

En 1970, Farrokh Bulsara, un estudante británico de orixe parsi que traballa transportando equipaxes no aeroporto de Heathrow, diríxese a un club nocturno para ver a unha banda local chamada Smile. Despois da presentación, Farrokh coñece ao guitarrista Brian May e ao batería Roger Taylor, e ofrécese a si mesmo para ser o novo vocalista da banda despois da partida do seu cantante e baixista Tim Staffell. Coa chegada do baixista John Deacon, a banda —agora coñecida como Queen— toca en lugares pequenos ao redor de Inglaterra ata que deciden vender a súa camioneta para producir o seu álbum debut. O seu estilo musical permítelles un contrato con EMI Records. Ao mesmo tempo, Farrokh cambia o seu nome a Freddie Mercury e comeza unha relación con Mary Austin. Durante a primeira xira da banda polos Estados Unidos, Freddie comeza a ter dúbidas sobre a súa sexualidade.

En 1975, Queen grava o seu álbum A Night at the Opera, pero deciden deixar ao executivo de EMI Ray Foster cando este rexeita publicar a canción de seis minutos «Bohemian Rhapsody» como o primeiro sinxelo do disco. Freddie fai que o DJ de Capital Radio, Kenny Everett, faga debutar a canción póndoa ao aire. A pesar de ter críticas mixtas, «Bohemian Rhapsody» convértese nun éxito masivo. Pouco despois de regalarlle a Mary un anel de compromiso, terminan a súa relación cando Freddie lle revela que é bisexual. Comeza unha relación sentimental e laboral con Paul Prenter, o segundo representante da banda.

O éxito da banda continúa na década de 1980, pero as tensións entre os membros do grupo crecen por sobre o enfoque da súa música. Despois dunha festa na residencia de Freddie, leste coñece a Jim Hutton, un dos garzóns no evento. Cada un continúa o seu camiño, pero Jim pídelle a Freddie que, se quere buscalo, o faga unha vez que se atope a si mesmo. O grupo ofrece unha conferencia de prensa para promocionar o seu álbum de 1982 Hot Space, pero os xornalistas bombardean a Freddie con preguntas sobre a súa vida privada e a súa sexualidade. Freddie comeza a distanciarse cos seus compañeiros de banda cando este lles anuncia que asinou un contrato de $4 millóns con CBS Records para continuar unha carreira en solitario. Marcha a Múnic en 1984 para traballar no seu primeiro disco solista, Mr. Bad Guy, e tamén involucrarse en numerosas orxías homosexuais con Prenter. Unha noite, Mary visítao sen previo aviso e persuádeo de regresar á banda, xa que se lles ofreceu unha cota para participar no concerto benéfico Live Aid no estadio Wembley de Londres. Despois de descubrir que Prenter lle ocultou a información sobre Live Aid, Freddie despídeo; en represalia, Prenter fai públicas as aventuras sexuais de Freddie. Coa noticia da expansión da SIDA a nivel mundial, Freddie realízase secretamente exames médicos e descobre que padece a mortal enfermidade.

Freddie regresa a Londres para reconciliarse cos seus compañeiros e o actual representante do grupo, Jim Beach. Tras volver coa banda, a participación desta en Live Aid é engadida a último minuto. Freddie reúnese con Hutton e reconcíliase coa súa familia, co principio zoroástrico do seu pai, «Bos pensamentos, boas palabras, boas accións». Pouco antes do concerto, durante os ensaios, Freddie revela aos seus compañeiros que padece SIDA. A presentación de Queen en Live Aid, o 13 de xullo de 1985, é todo un éxito, axudando a incrementar a taxa de doazóns durante o evento.

Despois da morte de Freddie en 1991 por mor da SIDA, Beach e o resto dos membros de Queen crean a fundación Mercury Phoenix Trust para axudar á loita contra a SIDA.

(De esquerda a dereita) Joe Mazzello, Rami Malek e Gwilym Lee na promoción do filme en 2018.

Preprodución

[editar | editar a fonte]

Primeiro proxecto con Sacha Baron Cohen (2010 - 2013)

[editar | editar a fonte]
Sacha Baron Cohen ía encarnar a Mercury inicialmente.

En setembro de 2010 Brian May anunciou nunha entrevista á BBC que Sacha Baron Cohen fora elixido para dar vida a Mercury na biopic sobre o cantante. Tamén se anunciou que o guión sería escrito por Peter Morgan, nomeado ao Óscar por The Queen e Frost/Nixon, e coproducido pola produtora de Robert De Niro, TriBeCa Productions. En abril de 2011, May dixo que a banda aprobara que a rodaxe comezase a finais de 2011. Con todo, en xullo de 2013 Baron Cohen abandonou o proxecto debido a diferenzas creativas. May dixo que a presenza do actor fose unha distracción, mentres que Baron Cohen afirmou en marzo de 2016 en The Howard Stern Show que un dos membros da banda lle dixo que quería que Mercury morrese xusto a metade do filme e que na segunda metade se vise como a banda saía adiante a pesar de todo. Ademais, comentou que tampouco logrou que se aceptasen as súas propostas de que o filme o dirixisen David Fincher ou Tom Hooper.[12]

Ben Whishaw.

Segundo proxecto con Ben Whishaw e Dexter Fletcher (2013 - 2014)

[editar | editar a fonte]

Cara a setembro de 2013 rumoreouse que Daniel Radcliffe encarnaría a Mercury, aínda que este o desmentiu, e en outubro de 2013 falouse do actor Dominic Cooper como posible substituto, pero non houbo confirmación oficial.[13] En decembro de 2013 anunciouse oficialmente que Ben Whishaw sería o actor que interpretaría a Mercury e que Dexter Fletcher sería o director. Con todo, en marzo de 2014 Fletcher abandonou o proxecto novamente por diferenzas creativas.[14]

Terceiro proxecto: Bohemian Rhapsody (2015 - 2017)

[editar | editar a fonte]

A finais de 2015 GK Films contratou a Anthony McCarten para que escribise un novo guión para o filme.[15] O 4 de decembro de 2016 anunciouse que Bryan Singer fora elixido como novo director e que Rami Malek sería quen daría vida a Mercury. En agosto de 2017, Gwilym Le, Ben Hardy e Joseph Mazzello incorporáronse ó elenco como os membros de Queen Brian May, Roger Taylor e John Deacon, respectivamente. O 30 de agosto do mesmo ano Singer compartiu en Instagram a primeira imaxe do set de rodaxe coa recreación do escenario do concerto Live Aid e o 5 de setembro publicouse a primeira imaxe de Malek como Mercury.[16]

Produción

[editar | editar a fonte]

A rodaxe do filme empezou o 8 de setembro de 2017 na recreación do escenario do concerto Live Aid, situada no antigo aeródromo da Real Forza Aérea Británica en Bovingdon, preto de Hemel Hempstead.[17] Segundo declarou Brian May en Instagram, o Live Aid é un dos alicerces da estrutura do filme.[18]

O 4 de decembro deuse a coñecer por medio dun comunicado que Bryan Singer fora apartado da dirección do filme debido a «comportamentos non profesionais», como a súa repetida ausencia no set de rodaxe (o que facía que o director de fotografía Newton Thomas Sigel tivese que ocupar o seu posto) e recorrentes enfrontamentos con Malek. Horas máis tarde, Singer emitiu un comunicado no que declarou que Fox non lle permitiu tomarse un tempo para visitar un dos seus pais que se atopaba gravemente enfermo.[19] O 6 de decembro anunciouse que Dexter Fletcher regresaría para ser de novo director do proxecto, despois de telo abandonado en 2014.

Posprodución

[editar | editar a fonte]

O 15 de maio de 2018 saíu á luz o primeiro tráiler do filme, o 17 de xullo o segundo, o 25 de agosto o terceiro e o 25 de outubro o cuarto e último.[20]

Rami Malek recibiu a aclamación da crítica pola súa interpretación como Freddie Mercury.

Bohemian Rhapsody recibiu recensións mixtas de parte da crítica e positivas da audiencia. No portal de Internet Rotten Tomatoes, o filme posúe unha aprobación de 62 %, baseada en 330 recensións, cunha cualificación de 6.1/10, mentres que de parte da audiencia ten unha aprobación de 90%, baseada en 15 007 votos, cunha cualificación de 4.5/5.[21]

Metacritic deulle ó filme unha puntuación de 49 de 100, baseada en 45 recensións, indicando «valoracións mixtas».[22] As audiencias enquisada por CinemaScore déronlle unha «A» nunha escala de A+ a F, mentres que no sitio IMDb os usuarios déronlle unha cualificación de 8.3/10, sobre a base de 149 957 votos.[23] Na páxina FilmAffinity ten unha cualificación de 7.6/10, baseada en 15 128 votos.[24]

Algúns medios como The Spectator deron valoracións negativas mencionando que o filme tiña demasiados clichés, mentres que outros como a revista Paste ou o sitio web IndieWire foron críticos con algunhas licenzas creativas e polo retrato das relacións homosexuais de Mercury, indicando que foron representadas como unha influencia particularmente corruptora.[25][26][27]

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Premio Data da cerimonia Categoría Candidato(s) Resultado Ref(s)
Festival Internacional de Cine de Palm Springs 3 de xaneiro de 2019 Mellor interpretación Rami Malek Gañador [28]
Premios Satellite 17 de febreiro de 2019 Mellor actor - Musical ou comedia Rami Malek Pendente [29]
Premios Globo de Ouro[30] 6 de xaneiro de 2019 Mellor filme dramático Bohemian Rhapsody Gañador [31]
Mellor actor - Drama Rami Malek Gañador
Premios BAFTA 10 de febreiro de 2019 Mellor filme británico Bryan Singer, Graham King e Anthony McCarten Pendente [32]
Mellor actor Rami Malek Pendente
Mellor montaxe John Ottman Pendente
Mellor fotografía Newton Thomas Siegel Pendente
Mellor son John Casali, Tom Cavagin, Nina Hartstone, Paul Massey e John Warhust Pendente
Mellor maquillaxe e barbaría Mark Coullier e Jan Sewell Pendente
Mellor deseño de vestiario Julian Day Pendente

Diferenzas entre o filme e a historia real

[editar | editar a fonte]

Medios como Rolling Stone ou Espinof apuntaron varias licenzas creativas desenvolvidas con fins dramáticos e que difiren da historia real:[33][34]

  • No filme móstrase que en 1970, Freddie (con 24 anos de idade) vive cos seus pais e a súa irmá Kashmira. En realidade, Freddie por entón vivía só e independizouse cara a varios anos atrás.
  • Freddie asiste a un concerto de Smile (banda previa a Queen) e aí coñece a Brian May, Roger Taylor e Mary Austin (a súa noiva). En realidade Mercury coñeceu a Roger e Mary nun mercado de roupa de Kensington, e a May presentoullo Roger Taylor posteriormente.
Cartel do filme nunha das entradas á estación de Spring Street en SoHo (Nova York).
  • O personaxe de Ray Foster (executivo de EMI) non existiu na vida real, aínda que está vagamente baseado en Roy Featherstone, quen era xefe de EMI entón e grande admirador da banda. Con todo, si cría que a canción «Bohemian Rhapsody» era demasiado longa para ser un sinxelo.
  • Durante as escenas en vivo, vese a Freddie Mercury sendo transportado pola audiencia, sosténdoo polas súas costas. Na realidade, Freddie nunca se botou sobre audiencia algunha para ser sostido nin transportado.
  • No filme vese a Queen tocando a canción «Fat Bottomed Girls» nunha xira polos Estados Unidos antes de 1975. Esta canción realmente foi escrita, gravada e publicada no álbum Jazz, de 1978.
  • Paul Prenter chega a traballar con Queen xunto ao representante John Reid en 1975. En realidade, Prenter chegou en 1977 como asistente persoal de Freddie até finais de 1985.
  • Freddie despide a John Reid en 1985 como representante logo dunha discusión nunha viaxe en limusina xunto a Paul Prenter. En realidade, Reid foi o representante de Queen entre 1975 e 1978.
  • Nunha escena de 1977, Freddie e Mary ven por televisión unha presentación de Queen realizada en Río de Xaneiro. A primeira vez que Queen presentouse en Río de Janeiro foi no Rock in Rio de 1985, de onde é o son que se escoita na escena.
  • Freddie tivo un romance con Barbara Valentin, unha actriz de orixe austríaco entre 1983 e 1985, e que aparece no videoclip de «It's a Hard Life». No filme non lla menciona.
  • Na escena dunha festa na casa de Freddie, evento ocorrido en Londres en 1980, soa de fondo a canción «Super Freak» de Rick James. Esta canción foi publicada en 1981.
  • Nun momento da festa, o batería Roger Taylor decide marchar, manifestando que agora é esposo e pai de familia. Na realidade, Roger converteuse en pai en 1980 e contraeu o seu primeiro matrimonio en 1988.
  • Ao termo da festa, Freddie establece conversación con Jim Hutton, quen traballa de camareiro. Na realidade, Freddie e Jim coñecéronse nun bar londiniense en 1983. Ademais, Jim non era camareiro, senón perruqueiro.
  • Móstrase á banda ensaiando e gravando «We Will Rock You» nunha escena de 1980 onde Freddie xa aparece co seu coñecido bigote e o cabelo curto. Esta canción foi publicada no álbum News of the World de 1977, época na que Mercury aínda usaba o cabelo longo e non lucía bigote.
  • Cando Freddie apártase dos seus compañeiros para comezar unha carreira en solitario, menciona non saber a profesión do baixista John Deacon. Este respóndelle que estudou Enxeñaría Eléctrica. Na realidade, John estudou Electrónica, e os seus coñecementos na materia permitíronlle crear o amplificador para guitarra eléctrica Deacy Amp en 1972, o cal foi utilizado polo guitarrista Brian May até a actualidade.
  • No filme menciónase que, segundo o seu contrato solista con CBS Records, Freddie Mercury gravaría dous discos en solitario, pero só se mostra o proceso de gravación do primeiro, Mr. Bad Guy. O segundo foi Barcelona, gravado en 1987 coa soprano española Montserrat Caballé.
  • Cando Mary visita a Freddie en Múnic para persuadilo de regresar con Queen, ela revélalle que está embarazada. Na realidade, o primeiro fillo de Mary naceu en 1990.
  • Unha vez que Mary marcha, Freddie despide a Paul Prenter. Na realidade, Freddie rompe relacións con Prenter meses despois de Live Aid.
  • Tras ser despedido por Freddie, Prenter revela información deste á prensa mediante entrevistas televisadas. Na realidade, Prenter vendeu as historias aos tabloides británicos a finais de 1986.
  • Cando Freddie reconcíliase cos seus compañeiros antes de Live Aid, Brian menciona que, desde ese punto en diante, os créditos de todas as futuras cancións da banda serían compartidos colectivamente, en lugar de ser para un só membro. Este acordo realmente tomouse en 1989, para os álbums The Miracle e Innuendo, publicados en 1989 e 1991, respectivamente.
  • Freddie realízase exames médicos e é diagnosticado de SIDA semanas antes de Live Aid. Na realidade, Mercury foi diagnosticado coa enfermidade en abril de 1987.
  • Freddie revela a súa enfermidade aos seus compañeiros durante os ensaios para Live Aid. Na realidade, isto sucedeu —aparentemente— durante as sesións de gravación de The Miracle, en 1988.
  • O día de Live Aid, Freddie chega á casa de Jim e convídao a comer onde os seus pais, antes de dirixirse ao concerto. Na realidade, para esa data Freddie e Jim xa eran parella e vivían xuntos na mansión do cantante, Garden Lodge.

Posible secuela

[editar | editar a fonte]

En decembro de 2018 Brian May comentou a posibilidade dunha secuela que levaría a cabo desde o Live Aid até o falecemento de Freddie.[35]

  1. Galuppo, Mia (12 de xuño de 2018). "Bryan Singer to Get Directing Credit on Queen Biopic 'Bohemian Rhapsody'". The Hollywood Reporter. Consultado o 21 de xuño de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Variety Insight (ed.). "Film releases". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2018. Consultado o 10 de novembro de 2017. 
  3. "Bohemian Rhapsody (12A)". British Board of Film Classification. 19 de outubro de 2018. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 AllMovie (ed.). "Bohemian Rhapsody (2018)". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2017. 
  5. Rubin, Rebecca (31 de outubro de 2018). Variety, ed. "Will 'Bohemian Rhapsody' Rock the Box Office?". Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  6. D'Alessandro, Anthony (4 de novembro de 2018). "'Bohemian Rhapsody' Sends Thunderbolts And Lightning Through B.O. As Freddie Mercury Biopic Hits $50M Opening". Deadline Hollywood. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  7. "Bohemian Rhapsody (2018)". Box Office Mojo. Consultado o 13 de xaneiro de 2019. 
  8. cinemascomics.com (ed.). "Rami Malek será el nuevo Freddie Mercury en ‘Bohemian Rhapsody’". 
  9. "Bryan Singer Fired From Directing Queen Biopic After On-Set Chaos (Exclusive)". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  10. McNary, Dave (7 de decembro de 2017). "‘Bohemian Rhapsody’ Finds New Director After Bryan Singer’s Firing". Variety (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2017. 
  11. fotogramas.es (ed.). "Bryan Singer ya tiene a su banda de Queen". 
  12. cinepremiere.com (ed.). "Sacha Baron Cohen explica conflicto por biopic de Freddie Mercury". 
  13. theguardian.com (ed.). "Dominic Cooper to take mic for Freddie Mercury biopic?". 
  14. bbc.com (ed.). "Dexter Fletcher 'leaves Mercury biopic'". 
  15. deadline.com (ed.). "‘Theory Of Everything’s Anthony McCarten Scripting Freddie Mercury Pic For GK Films; Ben Whishaw In The Wings?". 
  16. ew.com (ed.). "Rami Malek is Freddie Mercury in Bohemian Rhapsody first look". 
  17. thesun.co.uk (ed.). "Rami Malek pictured filming iconic Live Aid Concert as Freddie Mercury on the set of Bohemian Rhapsody". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2017. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  18. instagram.com (ed.). "Fotografía del primer día de rodaje por Brian May en Instagram". 
  19. "Bryan Singer Claims Fox Refused to Allow Him to Care for "Gravely Ill Parent"". 
  20. lavanguardia.com (ed.). "Rami Malek, espectacular como Freddie Mercury en el primer teaser tráiler de ‘Bohemian Rhapsody’". 
  21. "Bohemian Rhapsody (2018)". 
  22. "Bohemian Rhapsody". 
  23. "Bohemian Rhapsody". IMDb. 
  24. "Bohemian Rhapsody". FilmAffinity. 
  25. spectator.co.uk (ed.). "A succession of predigested clichés: Bohemian Rhapsody reviewed". 
  26. indiewire.com (ed.). "‘Bohemian Rhapsody’ Called Out for Factual Inaccuracies, Including ‘Cruel’ Handling of Freddie Mercury’s HIV Diagnosis". 
  27. pastemagazine.com (ed.). "Bohemian Rhapsody Draws Harsh Critiques for Factual Inaccuracies". 
  28. "Rami Malek to be honored at Palm Springs International Film Festival". KESQ. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  29. "2018 Nominees". International Press Academy. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  30. "Winners & Nominees 2019". 
  31. "Rami Malek wants to take members of Queen for a drink to celebrate Golden Globes nomination". Entertainment Weekly. 
  32. "La Favorita, Roma y Bohemian Rhapsody entre las nominadas a los premios BAFTA 2019". Tomatazos. 
  33. rollingstone.com (ed.). "Fact-Checking the Queen Biopic, ‘Bohemian Rhapsody’". 
  34. espinof.com (ed.). "'Bohemian Rhapsody': 11 diferencias con la historia real de Queen". 
  35. "Bohemian Rhapsody 2: Brian May teases possible SEQUEL from Live Aid to Freddie's death". Express.co.uk. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]