Río de Xaneiro
- Para o estado homónimo véxase: Estado do Río de Xaneiro.
Rio de Janeiro (pt) | |||||
Himno | Cidade Maravilhosa (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Estado do Río de Xaneiro | ||||
Capital de | Reino de Portugal Imperio Portugués Imperio do Brasil Primeira República Brasileira Estado do Brasil (pt) Estado do Río de Xaneiro Reino Unido de Portugal República Nova Brasil (1763–1960) Município Neutro (pt) (1834–1889) Distrito Federal (pt) (1889–1960) Guanabara (1960–1975) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.211.423 (2022) (4.929,59 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.260,029215 km² | ||||
Altitude | 31 m | ||||
Comparte fronteira con | Duque de Caxias Mesquita Nova Iguaçu Itaguaí (pt) Nilópolis (pt) São João de Meriti (pt) Seropédica (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 11 de marzo de 1565 | ||||
Evento clave | |||||
Santo padrón | Sebastián | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Marcelo Crivella (pt) (2017–) | ||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal do Rio de Janeiro (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 51) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 20000-000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 21 | ||||
Código de concello do Brasil | 3304557 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Kíiv (2000–) | ||||
Páxina web | rio.rj.gov.br | ||||
O Río de Xaneiro,[1][2] (en portugués: Rio de Janeiro), ás veces coñecida simplemente como Río[3] e fundada como São Sebastião do Rio de Janeiro, é a capital do estado do Río de Xaneiro, a segunda cidade máis grande do Brasil e a terceira área metropolitana de América do Sur, con aproximadamente 6,5 millóns de habitantes (2017) na súa área municipal e 12,3 millóns na área metropolitana, converténdoa na sexta cidade de América e a vixésimo sexta do mundo. É o principal destino turístico internacional no Brasil,[4] de América Latina e de todo o hemisferio sur.[5] A capital fluminense é a cidade brasileira máis coñecida no exterior,[6] funcionando como un "espello", ou "retrato" nacional, ora positiva ora negativamente. Parte da cidade está considerada como lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende o 1 de xullo de 2012 na categoría de paisaxes culturais coa denominación Río de Xaneiro: paisaxes cariocas entre a montaña e o mar.[7][8] O himno da cidade leva por nome Cidade Maravilhosa e os seus habitantes chámanse cariocas (tamén son fluminenses, aínda que este xentilicio é máis amplo e refírese aos habitantes do Estado do Río de Xaneiro[9]).
Fundada en 1565 polos portugueses, a cidade foi inicialmente a sede da Capitanía do Río de Xaneiro, unhas das distintas capitanías do Imperio. Máis tarde, en 1793, converteuse na capital do Estado do Brasil, un dos múltiplos territorios coloniais portugueses. Uns anos máis tarde, en 1808, cando a casa real portuguesa se trasladou ao Brasil, Río converteuse na sede da corte de María I que, posteriormente en 1815, baixo o a dirección do seu fillo o Príncipe rexente e futuro Rei Xoán VI, elevou o Brasil á categoría de Reino dentro do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. Así, Río converteuse na capital da pluricontinental monarquía portuguesa até 1822, cando comezou a guerra da Independencia brasileira. Despois serviría como capital do independizado Imperio do Brasil até 1889, e posteriormente capital republicana até 1960, cando a sede do goberno foi trasladada para a entón recentemente construída Brasilia.
É un dos principais centros económicos, culturais e financeiros do país, sendo internacionalmente coñecida por diversas iconas culturais e paisaxísticas, coma o Pão de Açúcar, o cerro do Corcovado coa estatua do Cristo Redentor, as praias dos barrios de Copacabana, Ipanema e Barra da Tijuca (entre outras), o Estádio do Maracanã, o Estádio Nilton Santos, o barrio bohemio da Lapa e os seus arcos, o Teatro Municipal do Rio de Janeiro, os bosques da Tijuca e da Pedra Branca, a Quinta da Boa Vista, a Biblioteca Nacional, a ilha de Paquetá, o Aninovo de Copacabana, o carnaval carioca, a Bossa nova e a samba.
Representa o segundo maior PIB do país[10] (e o trixésimo maior do mundo[11]), e é sede das dúas maiores empresas brasileiras - a Petrobras e a Vale, e das principais compañías de petróleo e telefonía do Brasil, alén do maior conglomerado de empresas de medios de comunicación de América Latina, o Grupo Globo.[12] É a sede de gran número de universidades e institutos, é o segundo maior polo de investigación e desenvolvemento do Brasil, responsábel do 19% da produción científica nacional, segundo datos de 2005. Destaca para a Universidade Federal do Rio de Janeiro que publicou 5.952 artigos entre 1998 e 2002.[13] Río de Xaneiro está considerada unha cidade global beta polo inventario de 2008 Globalization and World Cities Research Network (GaWC) da Universidade de Loughborough.
A súa rexión metropolitana (Grande Río) concentra moitas industrias químicas e de metalurxia. Está a 430 km da cidade de São Paulo, a máis grande do país, a cal é ligada pola estrada Rodovia Presidente Dutra. Ten dous importantes aeroportos: o Aeroporto Internacional Tom Jobim, moi utilizado para voos internacionais e domésticos, e o segundo en movemento do país; e máis o Aeroporto Santos Dumont, próximo ó centro da cidade, que é usado só por voos cara a São Paulo, Belo Horizonte e Brasilia.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A baía de Guanabara, á marxe da cal se organizou a cidade, foi descuberta polo explorador portugués Gaspar de Lemos o 1 de xaneiro de 1502.[14] Malia que se afirma que o nome "Río de Xaneiro" foi escollido en virtude de que os portugueses coidaron que a baía da foz era un río, en realidade naquela época non había distinción de nomenclatura entre ríos e baías, motivo polo cal foi o corpo de auga correctamente chamado como río. Os franceses, que se aliaran cos tupinambas, estabelecéronse na rexión en 1555, mais foron expulsados polos portugueses en 1567.[15]
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia do Río de Xaneiro.
A cidade foi fundada o 1 de marzo de 1565, polo militar portugués Estácio de Sá, co nome de São Sebastião do Rio de Janeiro (San Sebastián do Río de Xaneiro), na honra de San Sebastián (que faleceu o 20 de xaneiro). Durante séculos, o asentamento chamouse São Sebastião, no lugar da popular segunda metade do seu nome. A cidade fundouse como unha base dende a cal invadir o asentamento francés, o que finalmente se acadou en 1567, expulsando aos franceses.
Ata comezos do século XVII, a cidade viuse ameazada ou invadida por piratas e bucaneiros franceses, como Jean-François Duclerc e René Duguay-Trouin. Despois de 1720, cando os portugueses atoparon ouro e diamantes na capitanía de Minas Gerais, Río de Xaneiro pasou a ser moito máis útil que Salvador de Baía como porto para exportar a riqueza, xa que esta estaba moito máis ao norte. En 1763, a administración colonial portuguesa en América trasladouse a Río. A cidade continuou sendo principalmente a capital colonial ata 1808, cando a familia real portuguesa e a maioría dos asociados nobres de Lisboa, que fuxían da invasión napoleónica de Portugal, trasladáronse a Río de Xaneiro. A capital do reino foi trasladada á cidade, que, polo tanto, converteuse na única capital europea fóra de Europa.
Cando o príncipe Pedro I proclamou a independencia do Brasil en 1822, decidiu manter o Río de Xaneiro como capital do seu novo imperio. Río seguiu como capital do Brasil despois de 1889, cando a monarquía foi cambiada por unha república, ata 1960, cando a sede do goberno federal foi transferida a Brasilia. Entre 1808 e 1815 foi a capital do Reino de Portugal e dos Algarves, como era oficialmente denominado Portugal na época. Entre 1815 e abril de 1821, foi a capital do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarve ante a incorporación do Brasil como parte integrante do Reino.
En agosto de 1834, foi separada do resto da provincia do Río de Xaneiro (agora estado), transformándose en Municipio Neutral. En 1992, a cidade foi sede da Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento (CNUCED), máis coñecida como Rio-92. Foi a primeira reunión internacional de peso dende a fin da guerra fría, e contou coa presenza de delegacións de 175 países.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade ocupa a marxe occidental da baía de Guanabara e as illas (como Governador e Paquetá), e desenvolveuse sobre estreitas planicies aluviais comprimidas entre montañas e cerros.[16] Está asentada sobre tres grandes macizos:[16] Pedra Branca,[17] Gericinó e o da Tijuca,[18] con picos de interese turístico como o Bico do Papagaio, Andaraí, Pedra da Gávea,[19] Corcovado, o Dois Irmãos e o Pão de Açúcar.[20]
Seu litoral ten 197 quilómetros de extensión e inclúe máis de cen illas que ocupam 37 km². Desdóbrase en tres partes: a baía de Sepetiba, o océano Atlântico e a baía de Guanabara. O litoral da baía de Sepetiba ten como único accidente xeográfico notábel a Restinga da Marambaia e é areoso, baixo e pouco recortado. O litoral da baía de Guanabara é recortado, baixo, abarca muitas illas (como a do Governador, de 29 km²) e nas súas marxes sitúase o centro comercial e os suburbios industriais.[16]
O litoral Atlántico ten alternancias considerábeis, presentándose ora alto, nas ramificacións costeiras dos macizos da Pedra Branca e da Tijuca, ora baixo, treito polo cal se estenden as praias integradas á paisaxe urbana. Diversas lagoas, como as da Tijuca, Marapendi, Jacarepaguá e Rodrigo de Freitas formáronse nas terras baixas, moitas de terreo pantanoso e aínda non completamente drenado.[16]
Clima
[editar | editar a fonte]O clima de Río de Xaneiro é o tropical atlántico, con variacións locais debido ás diferenzas de altitude, á vexetación e á proximidade do océano.[21] Por se tratar dunha cidade litoral, a influencia marítima é perceptíbel, traducíndose en amplitudes térmicas relativamente baixas. Os veráns son quentes e húmidos, ocasionalmente con temporais.[22] Segundo datos do Instituto Nacional de Meteoroloxía brasileiro (INMET), desde 1961 a temperatura mínima absoluta rexistrada no Río de Xaneiro foi de 6,7 °C o 28 de xuño de 1994 na estación meteorolóxica do barrio Alto da Boa Vista, onde tamén foi rexistrada a maior acumulación de precipitacións do municipio en 24 horas, de 327,2 mm o 12 de marzo de 1998.[23] A temperatura máxima absoluta alcanzou os 43,2 °C o 26 de decembro de 2012, na estación do barrio da Santa Cruz.
Economía
[editar | editar a fonte]Río de Xaneiro converteuse nun sitio atractivo para situar as empresas cando era a capital do Brasil, debido a que importantes sectores da sociedade e do goberno estaban presentes na cidade. A cidade foi elixida como sede central de varias compañías estatais como Petrobras, Caixa Económica Federal e Vale do Rio Doce. Tras o traslado da capital a Brasilia en 1960, seguiu atraendo máis compañías, especialmente tras o descubrimento do petróleo en Campos Basin, rexión que produce a maior parte da produción de petróleo do Brasil. Isto supuxo que moitas compañías petrolíferas e gasísticas se asentaran en Río de Xaneiro, como as filiais brasileiras de Shell, EBX e Esso, así como a estatal Petrobras. A sede do Banco Nacional de Desenvolvemento Económico e Social tamén se encontra na cidade. Tamén é a sede de compañías de telecomunicacións, como Intelig, Claro, Oi e Embratel.
A cidade encóntrase na segunda posición no indicador de produción industrial do país, i é un centro financeiro e de servizos importante. A industria da cidade produce comida procesada, produtos químicos, derivados do petróleo, farmacéuticos, metalúrxicos, téxtiles, barcos (nos estaleiros) e mobles. Porén, o sector servizos domina a economía. O segundo mercado de valores máis activo do Brasil tamén se encontra en Río, a Bolsa da Valores do Brasil. As maiores empresas farmacéuticas internacionais teñen súa sede brasileira en Río, como Merck, Roche, Arrow, Darrow, Baxter, Mayne ou Mappel.
O turismo e o entretemento son outros dos aspectos claves da vida económica da cidade; é a maior atracción turística do país, tanto para brasileiros como para estranxeiros. A maioría das compañías de entretemento teñen base en Río de Xaneiro, como TV Globo (Globosat, Globo News, SportTv, Telecine, Tv Brazil), NET, SKY ou WayBrazil, e tamén algúns dos periódicos brasileiros máis importantes, como Jornal do Brasil, O Globo, O Dia ou Business Rio.
O PIB da cidade en 2005 era de 118.979.752.000 reais, e a renda per cápita nese ano era de 19,524 reais.
Cultura
[editar | editar a fonte]A cidade é famosa polas praias de Copacabana e Ipanema, pola estatua xigante doçe Cristo, o "Cristo Redentor" sobre o Cerro do Corcovado, pola celebración anual do Carnaval na praia de Copacabana (no que hai aproximadamente 2 millóns de persoas), e pola montaña monolítica coñecida como Pan de Azucre, en portugués "Pão de Açúcar". O nome desta montaña foi traducido erroneamente en varios idiomas como "pan de azucre", cando realmente no se refire a ningún tipo de pan, senón, segundo unha versión do historiador Vieira Fazenda, aos bloques de azucre de forma cónica que se preparaban para a súa exportación no século XVI. O equivalente máis correcto de Pāo de Açúcar, sería entón "piloncillo" (en México), ou "panela" (en Colombia) e "papelón" (en Venezuela), aínda que é tradicionalmente coñecido en español e outros idiomas como Pan de Azucre.
Río de Xaneiro é famosa tamén polas súas características xeográficas e urbanas, ao estar construída nunha zona pouco propicia para o establecemento dunha metrópole, pois é unha zona moi reducida, limitada polo océano e pola serra, o que fai que ás veces o ancho da cidade se reduza a menos de dez cuadras. A cidade ten unha lagoa, Rodrigo de Freitas, ao norte da praia de Leme. Estas características xeográficas e xeolóxicas requiriron un esforzo adicional dos urbanistas, que trazaron numerosos túneles e pontes para facer posible o tráfico rodado entre as distintas áreas da cidade. Destaca o traballo do urbanista brasileiro Roberto Burle Marx, que o seu traballo máis famoso é, probablemente, o deseño ondeado en branco e negro que hai nas calzadas da avenida Atlántica, o cal se converteu en logotipo da cidade. Burle Marx ademais participou no deseño e construción do Aterro do Flamengo, onde foron ganados ao mar 1.200.000 metros cadrados, no que se convertería en parque público ás beiras do mar, xunto á praia de Flamengo, no barrio do mesmo nome.
Segundo o IBGE en 2005, a cidade tiña 6.094.183 habitantes, pero considerando a Rexión Metropolitana do Río de Xaneiro, o ascenso de poboación chegaba aos 11.351.937 millóns de habitantes cunha superficie total de 4.659 km², converténdoa na segunda metrópoles máis poboada do Brasil e a cuarta de América Latina. Máis alá dos seus atractivos turísticos, é tamén un gran centro de comercio, servizos e industrias, e ten dous importantes portos para exportacións e importacións: o porto do Río de Xaneiro, que se sitúa na baía de Guanabara, ao leste da cidade, e o porto de Sepetiba que se sitúa na baía de Sepetiba, ao oeste da mesma. É servida por dous aeroportos: o Aeroporto Santos Dumont (código IATA SDU), que concentra voos domésticos e ata o Mercosur; e o Aeroporto Internacional Antonio Carlos Jobim (coñecido como Aeroporto do Galeāo, código IATA GIG), situado na Illa do Gobernador.
A outra marxe da Baía de Guanabara sitúase na cidade de Niterói. Aínda que oficialmente é unha cidade propia, Niterói funciona como se fose un barrio do Río de Xaneiro, unha especie de "cidade dormitorio".
Carnaval do Río de Xaneiro
[editar | editar a fonte]O carnaval do Brasil celébrase anualmente 40 días antes de Pascua, e marca o comezo da Coresma. Río de Xaneiro é famoso polas escolas de samba que desfilan fronte aos espectadores no sambódromo. A cidade completa trastórnase a segunda semana de febreiro para celebrar o Carnaval. Requírese facer reservas con moita antelación, e é común que os hoteis suban seus prezos e ofrezan a semana completa.
Hai unha área propia das principais escolas de samba que participan no carnaval cerca do Sambódromo, así élles moito máis fácil conducilas ata alí. Pódese ir a visitar este área, e ver as carrozas dos anos anteriores, pero o que non se pode ver son as carrozas que se están a facer para o ano seguinte, xa que se gardan con moito segredo.
As dúas escolas que queden nas últimas posicións da clasificación son descendidas, mentres que outras dúas ascenden e substitúenas. As cinco escolas de samba gañadoras, desfilan a semana seguinte polo Sambódromo.
Deportes
[editar | editar a fonte]Os eventos deportivos máis coñecidos do Río de Xaneiro son a etapa brasileira de MotoGP e as finais mundiais de volei praia. Jacarepaguá era o local onde se realizaba a etapa brasileira do Gran Premio de Fórmula 1, entre os anos de 1978 e 1990, e Champ Car (1996-1999). Os circuítos WCT e WQS de Surf foron disputados en praias cariocas entre 1985 e 2001.
Recentemente, a cidade construíu un novo e moderno estadio no barrio de Engenho de Dentro, con capacidade para máis de 46 mil persoas. Foi bautizado de Estádio Olímpico João Havelange, en homenaxe ao brasileiro que presidiu durante moitos anos a FIFA, e aínda hoxe é considerado seu presidente de honra.
A práctica de deportes é un pasatempo moi común en Río de Xaneiro, sendo o fútbol o máis popular deles. O Río ten cinco clubs brasileiros bastante tradicionais: América, Botafogo, Flamengo, Fluminense e Vasco. A sede da Confederación Brasileira de Fútbol (CBF) localízase nun edificio de Barra da Tijuca, zona oeste. A cidade foi elixida como sede dos Xogos Olímpicos de 2016.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carioca. Consultado o 18 de maio de 2018.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ "Rio de Janeiro Travel Guide". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2014. Consultado o 10 de abril de 2014.
- ↑ Júlio César Carmo Bueno. Instituto Nacional de Altos Estudos (INAE), Estudos e Pesquisas N. 180, ed. "Pólos de Desenvolvimento do Estado do Rio de Janeiro". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ O Globo, ed. (28 de xaneiro de 2010). "Rio de Janeiro é o principal destino turístico do Hemisfério Sul, segundo pesquisa". Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ Portal IG - Brasil Escola (ed.). "Cidade do Rio de Janeiro". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2012. Consultado o 9 de outubro de 2012.
- ↑ UNESCO (ed.). "Rio de Janeiro: Carioca Landscapes between the Mountain and the Sea" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ O Globo (ed.). "Rio é Patrimônio Mundial como paisagem cultural urbana". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fluminense. Consultado o 11 de setembro de 2018.
- ↑ Instituto Brasileiro de Geografia e Estatística (IBGE), ed. (16 de decembro de 2008). "Posição ocupada pelos 100 maiores municípios em relação ao Produto Interno Bruto" (PDF) (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de abril de 2009. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ "The 150 richest cities in the world by GDP in 2005". City Mayors Statistics (en inglés). 11 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ "Nossa história, Editora Globo" (en portugués). Editora Globo. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ Roberto C. G. Castro (5 de xuño de 2005). "Os números da inovação no País (ciência e tecnologia)". Jornal da USP, Universidade de São Paulo (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ Marcillio.com (ed.). "Os franceses no Rio, Terra dos Tupinambás". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2010. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ Vivaldo Coaracy (1955). Memória da cidade do Rio de Janeiro (en portugués) 1. Río de Xaneiro: Livraria José Olympio Editora. p. 584.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 Grande Enciclopédia Larousse Cultural (en portugués) 21 (2 ed.). São Paulo: Nova Cultural Ltda. 1998. p. 6.112. ISBN 85-13-00755-2.
- ↑ Instituto Estadual do Ambiente (INEA) (ed.). "Parque Estadual da Pedra Branca (PEPB)". Governo do rio de Janeiro (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ "Informações sobre o pico da Tijuca". Terra Brasil (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ "Informações sobre a Pedra da Gávea". Terra Brasil (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ "Pão de Açúcar". Portal da Baía de Guanabara (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ "História do Rio, Clima". Portal da Prefeitura do Rio de Janeiro (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ "Mortes por deslizamentos no RJ já chegam a 336". UOL - Notícias (en portugués). 13 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ "BDMEP - Série Histórica - Dados Diários - Precipitação (mm) - Alto da Boa Vista". Instituto Nacional de Meteorologia. Banco de Dados Meteorológicos para Ensino e Pesquisa (en portugués). Consultado o 20 de xuño de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río de Xaneiro |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prefeitura da Cidade do Río de Xaneiro, o Concello. (en portugués).